Educación e Cultura

- Unha primavera para Aldara por Teatro Airiños - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Unha primavera para Aldara por Teatro Airiños

O vindeiro venres, o Grupo de Teatro Airiños estrea a súa nova produción Unha primavera para Aldara, baixo a dirección de Amantia Coello, a partir do texto de Teresa Moure.

As funcións serán o venres 4 e o sábado 5 de outubro ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo e están organizadas polo Grupo de Teatro Airiños de Asados.

A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse en venda anticipada na Perruquería Pelos (Asados), Bar Berberecho (Rianxo) e Estanco Xacobiño (Asados). Tamén estarán á venda na billeteira do Auditorio desde unha hora antes do comezo das funcións.

Unha primavera para Aldara transpórtanos á Galicia do S. XV, durante a Revolta Irmandiña. Mentres fóra a guerra enfronta pardais contra falcóns, a vida no convento rexido pola abadesa Aldara Eáns transcorre con certa normalidade, ata que un día de primavera chega un guerreiro irmandiño malferido, Don Nuno, pedindo asilo. Esta visita inesperada porá patas arriba as normas do convento, as crenzas e mesmo os sentimentos das personaxes, sedentas de liberdade.

Tal feito non quedará impune, pois desencadeará unha serie de situacións que porán en perigo a convivencia das monxas e mesmo o seu futuro no convento, vixiado de preto polos homes do bispo.

A través das diferentes historias que viven as personaxes no percurso da peza, emerxerán emocións e conflitos universais, como son a liberdade, o amor ou a traizón, o poder e a responsabilidade, o feminismo, a xustiza, a homosexualidade, a violencia de xénero ou a identidade.

Unha primavera para Aldara é un texto de Teresa Moure. Obtivo o Premio de teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega (Teatro) 2008 e 7 premios María Casares pola montaxe de Teatro do Atlántico, entre eles ao Mellor Texto Orixinal 2009