Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

XII Serán Mar de Rianxo, organizado pola Asociación Vai de Roda

Un ano máis, e xa van alá doce, a Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda organiza o Serán Mar de Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.

O sábado 27 de maio, no Campo de Arriba, soarán pandeiretas, gaitas, tambores e outros instrumentos tradicionais galegos; e   tamén danzarán bailadores e bailadoras, e soarán grandes voces que cantarán diversas pezas.

A partir das 12.00 h haberá ambientación musical polos bares, e ás 19.00 h dará comezo o seranciño para as/os máis cativas/os, para despois continuar, ás 22.00 h, co serán.