Cultura e Educación Cultura e Educación

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación Cultura e Educación

Atrás

XORNADA: A GAITA NO MAR, da Asociación de Gaiteiros Galegos

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a que será a segunda edición das  xornadas Culturais sobre “A Gaita no Mar”, que terán lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo, o vindeiro 3 de decembro a partir das 11.30 horas, e que están patocinadas pola Deputación da Coruña e contan coa colaboración do Concello de Rianxo.

Coma en todos os gremios, no dos mariñeiros tamén había gaiteiros, moi ben considerados polo resto dos seus compañeiros, pois entre a súa equipaxe sempre viaxaba unha gaita.

O que estes mariñeiros gaiteiros conseguían non só era que os seus compañeiros e eles mesmos desfrutasen da nosa música tradicional naquelas longas viaxes fóra do seu fogar. O que estes mariñeiros fixeron foi moito máis: eles foron quen de levar a música tradicional galega polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras latitudes,… convertendo o mar, en algo máis que nunha reserva de peixe ou nunha ruta comercial.

Foron estas xentes do mar as que o cabo dos séculos foron deixando, por todo o mundo, pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.

PROGRAMA

11.30 - Proxección do documental “Dos gaiteiros do mar”.
12.15 - Conversa con Xurxo Souto (codirector do documental) e Os Gaiteiros do Mar.
13.00 - Saída a tocar no mar con Vai de Roda (se o tempo acompaña, senón recorreremos ao plan B)