Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Cultura e Educación

Noites de Jazz, accións formativas

Noites de Jazz, exposición

Noites de Jazz, concertos

A Asociación Filatélica e Numismática de Rianxo, organiza a XII Exposición de Selos e Moedas, será do 25 ao 27 de xullo nos baixos do Cuartel Vello da Praza de Castelao. A inauguración vai realizarse o xoves 25 de xullo ás 12.00 horas. A exposición pode visitarse no seguinte horario: 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

II Serán Popular Teixedal organizado pola Asociación de Pandereteiras Teixedal o venres 19 de xullo no marco das Festas do verán de Taragoña.

Do 25 ao 28 de xullo, en Rianxo vai celebrarse a Feira do Libro. En breve publicarase o programa de actividades.

Verán Cultural, do 30 de xullo ao 31 de agosto

Verán Cultural, mes de xullo

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...

O venres 19 de xullo, ás 12.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a compañía de teatro A Tropa do Trapo achégase co seu novo espectáculo de contos 4 monos. O espectáculo combina a narración oral, a música ao vivo e o teatro de obxectos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta...

O venres 19 de xullo terá lugar o segundo concerto do XV Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo. Nesta ocasión a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira achégase a Rianxo e ofrecerá un concerto na Praza de Rafael Dieste ás 21.00 horas. Máis información no Facebook da Escola de Música de Rianxo.  

O domingo 21 de xullo, ás 19.00 horas, en Campo de Pazos en Taragoña terá lugar unha actuación a cargo dos Monifates con música tradicional para maiores e crianzas. A proposta enmárcase dentro das Festas de verán que se desenvolven en Taragoña do 18 ao 21 de xullo.

O vindeiro sábado 20 de xullo, ás 20.30 horas, a Praza Castelao Roi Casal presenta un gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia Son galego, Son Cubano. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores dende a súa posta en escena en Cuba. Roi Casal traballou...

O vindeiro sábado 27 de xullo, ás 23:00 horas, a Praza de Castelao en Rianxo acollerá a Luar na Lubre que ofrecerá un concerto no que presentará o seu traballo Ribeira Sacra. O concerto está organizado polo Concello de Rianxo co patrocinio do grupo Cortizo .

A compañía a Cova as Letras presenta a comedia musical A gata con zocos acompañada da Banda da Escola de Música de Rianxo. O espectáculo terá lugar o xoves 24 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste en Rianxo. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Do venres 12 ao luns 15 de xullo, a Asociación Virxe do Carme de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, organiza Rianclown, un festival cómico de rúa en Rianxo. Máis información no Facebook da Virxe do Carme

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...

Sés achégase coa súa banda á Praza Castelao de Rianxo para ofrecernos un concerto enmarcado no programa Música na noite no Verán Cultural 2019 que está a organizar o Concello de Rianxo. A actuación realizarase no marco das Festas da Virxe do Carme 2019, o luns 15 de xullo ás 22.30 horas. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Máis información no sitio web...

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...

O 26 e 27 de xullo, no Campo Maneiro de Taragoña organizan o XII edición do Festival AntrosPinos Máis información no Facebook do Festival AntrosPinos

O sábado 7 de setembro, terá lugar unha ruta pola Ría de Arousa para presentar o XII edición do Festival Rock in Rian. Máis información no de Facebook do Festival Rock in Rian

O 14 de setembro ten lugar en Rianxo a XII edición do Festival Rock in Rian. Máis información e novidades na páxina de Facebook Festival Rock in Rian.

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...

O domingo 22 de xuño, ás 18.30 horas, no Centro Social do Liceo de Rianxo, o alumnado das materias da Uned Senior de Práctica instrumental e de Cultura musical ofrecerá un concerto de fin de curso, acompañado por Jose e Helena de Barahúnda.

O venres 21 de xuño, a asociación Rock in Rian organiza unha festa na praia de Tanxil. Máis información no facebook da entidade

I xornada medioambiental organizada pola Asociación Ondiñas Mainas coa colaboración doutras entidades. Máis información na páxina de Facebook da entidade.

A escola Rosalía de Castro de Taragoña está de aniversario e cumpre 90 anos. Programa de actividades

O sábado 29 de xuño, a Escola de Música de Rianxo celebra o seu Festival de Verán en dúas sesións, unha ás 12.00 horas e outra ás 20.00 horas. Máis información no Facebook da Escola de Música de Rianxo

O sábado 22 de xuño, a partir das 20.00 horas, terá lugar no Campo de Arriba o Serán de Rianxo, organizado pola Asociación Vai de Roda. Máis información na páxina de Facebook da Asociación Vai de Roda.

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...

Este sábado 15 de xuño, ás 12.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Ana Valín "El vals de las hormigas". Que pasaría se o noso corazón fose un músculo brando e feble, incapaz de resistir grandes emocións? E se a nosa grande incapacidade para non meternos en problemas nos impedise ver o amor da nosa vida a tan só uns escasos metros? Poderiamos...

Do 11 de xuño ao 17 de xullo, o Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo acollerá a exposición promovida polo Consello da Cultura Galega Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia. A inauguración da exposición realizarase o martes 11 de xuño, ás 20.30 horas. Os horarios de apertura serán os seguintes: Do 12 ao 14 de xuño: de 11:00 a 13:45 e de 18:00 a 21:45 horas. Do 15 de xuño ao 17 de...

A nova produción do Centro Dramático Galego, Neorretranca e posmorriña, representarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 14 de xuño ás 21.00 horas. Recomendada para un público maior de 14 anos. Duración 2 horas e 40 minutos. A entrada ten un custo de 5 € e pode adquirirse na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función. Neorretranca e...

O grupo de Lisboa, Coral Viva Voz achégase ao auditorio de Rianxo para ofrecernos un concerto de música coral no que estarán acompañados por Barahúnda e Xico de Cariño. O espectáculo terá lugar o domingo 9 de xuño, ás 19.00 horas. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo do concerto (máximo 2 por persoa)

O domingo 9 de xuño, ás 11.45, no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, o rianxeiro José Mª Rodríguez Tubío presenta o seu libro Liorta Viquinga. O acto está organizado polo propio autor e o Centro Cultural de Leiro.

O venres 7 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Miguel Anxo Seixas, Castelao. Construtor da nación. Tomo I 1886-1930. No acto, ademais do autor, estarán presentes Francisco Castro (director Editorial Galaxia), Carlos Mella (presidente da Fundación Castelao) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo)

A Escola de Música de Rianxo organiza unha Noite de Jazz co grupo Miro Lamas Quarter, o concerto terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o xoves, 6 de xuño, ás nove da noite.

Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle, o sábado 8 de xuño, a Andaravía Teatro o grupo da Asociación Cultural Papaventos coa nova produción Moito barullo e poucas carolas. A función comezará ás 21.00 horas e está destinada para tódolos públicos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa) A proposta está organizada...

  A compañía de teatro Xarope Tulú achégase a Rianxo coa proposta Nómades. A actuación realizarase o vindeiro venres 7 de xuño, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Público recomendado: familiar con nenos e nenas a partir de 5 anos. Duración: 60 minutos A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes na billeteira do Auditorio...

Continua o III Ciclo de Novos Intérpretes cun concerto do Trío de percusión da Escola de Música de Rianxo, terá lugar o venres 31 de maio ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo.

O grupo de teatro inclusivo da Asociación ASPAS achégase ao Auditorio de Rianxo coa peza Peter! Voamos! dentro do seu proxecto "Abrindo os ollos ó mundo". A función terá lugar o sábado 1 de xuño, ás 21.00 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).

O IES Félix Muriel de Rianxo organiza un acto en lembranza de Xesús Costa Rodil, DonXe, o vindeiro venres 7 de xuño no instituto. A estes actos están convidadas todas as persoas que desexen participar na homenaxe (alumnado, familias, profesorado, excompañeiro/as, exalumno/as, equipo non docente e ANPA) Agradecen que, para unha mellor organización dos actos, comuniquen previamente a súa...

O sábado 18 de maio, ás 12.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto conmemorativo do XVI Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. Entrada de balde ata completar capacidade, retirada de convites dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa).

A primeira edición de LIX Rianxo: A Semana do Libro Infantil e Xuvenil de Rianxo que se celebrará entre o 13 e o 19 de maio no Auditorio e na Biblioteca da vila e contará con figuras tan destacadas da literatura infantil e xuvenil galega coma o Premio Nacional Antonio García Teijeiro, María Solar, Víctor Rivas, Eli Ríos, María lado e Lucía Aldao, entre outras e outros convidados. Máis...

Maio Cultural, as nosas letras.

Do 25 ao 28 de xuño desenvolverase en Rianxo o Curso de verán GALEGO, PORTA ABERTA PARA O MUNDO 2: LINGUA, PENSAMENTO E CULTURA NA GALIZA E PORTUGAL. Este curso está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e conta con co-financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Academia  Galega da Língua Portuguesa, da Associaçom Galega da Língua, da...

A Asociación Fogo fatuo, en colaboración coa veciñanza de Rianxiño, organiza O Patrocinioo 11 e 12 de maio a carón da Capela de San Xosé da Floresta.

O vindeiro 4 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral Despois das ondas a cargo de Butaca Zero. Un filme feito en directo. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada 1 antes da función (2 por persoa). A peza recibiu o XVIII Premio "Rafael Dieste" de Textos Teatrais 2017 da...