Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Cultura e Educación

O venres 21 de xuño, a asociación Rock in Rian organiza unha festa na praia de Tanxil. Máis información no facebook da entidade

I xornada medioambiental organizada pola Asociación Ondiñas Mainas coa colaboración doutras entidades. Máis información na páxina de Facebook da entidade.

A escola Rosalía de Castro de Taragoña está de aniversario e cumpre 90 anos. Programa de actividades

O sábado 29 de xuño, a Escola de Música de Rianxo celebra o seu Festival de Verán en dúas sesións, unha ás 12.00 horas e outra ás 20.00 horas. Máis información no Facebook da Escola de Música de Rianxo

O sábado 22 de xuño, a partir das 20.00 horas, terá lugar no Campo de Arriba o Serán de Rianxo, organizado pola Asociación Vai de Roda. Máis información na páxina de Facebook da Asociación Vai de Roda.

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...

Este sábado 15 de xuño, ás 12.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Ana Valín "El vals de las hormigas". Que pasaría se o noso corazón fose un músculo brando e feble, incapaz de resistir grandes emocións? E se a nosa grande incapacidade para non meternos en problemas nos impedise ver o amor da nosa vida a tan só uns escasos metros? Poderiamos...

Do 11 de xuño ao 17 de xullo, o Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo acollerá a exposición promovida polo Consello da Cultura Galega Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia. A inauguración da exposición realizarase o martes 11 de xuño, ás 20.30 horas. Os horarios de apertura serán os seguintes: Do 12 ao 14 de xuño: de 11:00 a 13:45 e de 18:00 a 21:45 horas. Do 15 de xuño ao 17 de...

A nova produción do Centro Dramático Galego, Neorretranca e posmorriña, representarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 14 de xuño ás 21.00 horas. Recomendada para un público maior de 14 anos. Duración 2 horas e 40 minutos. A entrada ten un custo de 5 € e pode adquirirse na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función. Neorretranca e...

O grupo de Lisboa, Coral Viva Voz achégase ao auditorio de Rianxo para ofrecernos un concerto de música coral no que estarán acompañados por Barahúnda e Xico de Cariño. O espectáculo terá lugar o domingo 9 de xuño, ás 19.00 horas. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo do concerto (máximo 2 por persoa)

O domingo 9 de xuño, ás 11.45, no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, o rianxeiro José Mª Rodríguez Tubío presenta o seu libro Liorta Viquinga. O acto está organizado polo propio autor e o Centro Cultural de Leiro.

O venres 7 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Miguel Anxo Seixas, Castelao. Construtor da nación. Tomo I 1886-1930. No acto, ademais do autor, estarán presentes Francisco Castro (director Editorial Galaxia), Carlos Mella (presidente da Fundación Castelao) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo)

A Escola de Música de Rianxo organiza unha Noite de Jazz co grupo Miro Lamas Quarter, o concerto terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o xoves, 6 de xuño, ás nove da noite.

Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle, o sábado 8 de xuño, a Andaravía Teatro o grupo da Asociación Cultural Papaventos coa nova produción Moito barullo e poucas carolas. A función comezará ás 21.00 horas e está destinada para tódolos públicos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa) A proposta está organizada...

  A compañía de teatro Xarope Tulú achégase a Rianxo coa proposta Nómades. A actuación realizarase o vindeiro venres 7 de xuño, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Público recomendado: familiar con nenos e nenas a partir de 5 anos. Duración: 60 minutos A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes na billeteira do Auditorio...

Continua o III Ciclo de Novos Intérpretes cun concerto do Trío de percusión da Escola de Música de Rianxo, terá lugar o venres 31 de maio ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo.

O grupo de teatro inclusivo da Asociación ASPAS achégase ao Auditorio de Rianxo coa peza Peter! Voamos! dentro do seu proxecto "Abrindo os ollos ó mundo". A función terá lugar o sábado 1 de xuño, ás 21.00 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).

O IES Félix Muriel de Rianxo organiza un acto en lembranza de Xesús Costa Rodil, DonXe, o vindeiro venres 7 de xuño no instituto. A estes actos están convidadas todas as persoas que desexen participar na homenaxe (alumnado, familias, profesorado, excompañeiro/as, exalumno/as, equipo non docente e ANPA) Agradecen que, para unha mellor organización dos actos, comuniquen previamente a súa...

O sábado 18 de maio, ás 12.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto conmemorativo do XVI Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. Entrada de balde ata completar capacidade, retirada de convites dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa).

A primeira edición de LIX Rianxo: A Semana do Libro Infantil e Xuvenil de Rianxo que se celebrará entre o 13 e o 19 de maio no Auditorio e na Biblioteca da vila e contará con figuras tan destacadas da literatura infantil e xuvenil galega coma o Premio Nacional Antonio García Teijeiro, María Solar, Víctor Rivas, Eli Ríos, María lado e Lucía Aldao, entre outras e outros convidados. Máis...

Maio Cultural, as nosas letras.

Do 25 ao 28 de xuño desenvolverase en Rianxo o Curso de verán GALEGO, PORTA ABERTA PARA O MUNDO 2: LINGUA, PENSAMENTO E CULTURA NA GALIZA E PORTUGAL. Este curso está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e conta con co-financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Academia  Galega da Língua Portuguesa, da Associaçom Galega da Língua, da...

A Asociación Fogo fatuo, en colaboración coa veciñanza de Rianxiño, organiza O Patrocinioo 11 e 12 de maio a carón da Capela de San Xosé da Floresta.

O vindeiro 4 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral Despois das ondas a cargo de Butaca Zero. Un filme feito en directo. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada 1 antes da función (2 por persoa). A peza recibiu o XVIII Premio "Rafael Dieste" de Textos Teatrais 2017 da...

O sábado 11 de maio, ás 21.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o concerto-presentación do novo disco de Barahúnda "onde vai o mar". A formación actuará en cuarteto e estará como artista convidada Tero Rodríguez. A entrada ten un custe de 5.00 € e pode adquirirse de maneira anticipada na Libería Cándido de Rianxo. Unha hora antes do concerto tamén estarán...

O venres 3 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación do libro Do Sar ao monte Louro. Memorial da represión 1936-1950 Xesús Costa Rodil (autor) e Xesús Santos Suárez (colaborador). No acto intervirán: Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo María Xosé Alfonso Torres, alcaldesa de Muros Lourenzo Fernández Prieto, profesor da USC Xesús Santos Suárez...

O vindeiro venres 10 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro Conserveiras. De veleiro, Vicedo, Bares e Barqueiro (a xénese industrial) de Carlos Nuevo Cal e Vicente Míguez Salgueiro. No acto de presentación, ademáis da presenza dos autores, contarase con: Manuel Cartea, presidente da AC Barbantia José Manuel Vázquez Lijó, Museo do Mar de Porto do...

O vindeiro venres 26 de abril, ás 21:00 horas no Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación de "Liñas Compartidas", libro realizado polas persoas participantes no Obradoiro de Escrita Creativa de Rianxo. Tamén se presentará o suplemento A Voz de Barbantia, número 144. Na presentación intervirán  Adolfo  Muíños  (alcalde de  Rianxo), Patricia Torrado (editorial...

O vindeiro sábado 13 de abril, ás 19.00 horas, a nova produción teatral, CARTOÓNS, de Excéntricas e Teatro do Adro estréase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O espectáculo CARTOÓNS é unha creación en parceria de Víctor Mosqueira e Josito Porto, mais botaron man de algúns colaboradores, como Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes. Forma parte da celebración do 15º Aniversario de...

O vindeiro sábado 13 de abril, ás 20.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Versos noctámbulos de Ricardo Seixo Fernández. No acto, ademais da presenza do autor, estarán Xosé Luís Axeitos (escritor e académico) e Adolfo Muíños Sánchez. Haberá intervencións poéticas e musicais a cargo do colectivo Gosto de vivir a poesía da Asociación Veciña Agra...

Por mor das condicións meteorolóxicas adversas TRASLÁDASE para nova data que se anunciará o máis axiña posible. Faladoiro a bordo dun bateeiro "O chapapote na ría. Activismo mariñeiro, cultural, social" a cargo de Unha Gran Burla Negra, o sábado 6 de abril, ás 11.30 horas. Coa participación de Nito Dios (mariñeiro e membro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa), Felipe Louzán (capitán de...

A aula de Rianxo da Uned Senior organiza a proxección do documental San Finx 1960 de Irene Pin, no acto contarase coa presenza da autora e tamén dun representante da Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins. Acompañarase dunha intervención musical a cargo de Barahunda e Orjais (BSO). A proxección realizarase o xoves 11 de abril ás 20.00 horas no salón de actos do Auditorio de Rianxo.

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo desenvolverase, dentro do programa de  concertos itinerantes da Sinfónica de Galicia, as actuacións do Coro Xove e do Coro Infantil. O concerto será o vindeiro domingo 7 de abril ás 12.00 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade e poden recollerse dende unha hora antes, máximo 2 por persoa, na billeteira do auditorio.

Continúa o III Ciclo de Novos Intérpretes co concerto de Pedro Torres Diz ao trombón acompañado ao piano de Ricardo Blanco Rodríguez. O concerto terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o venres 12 de abril ás 20.30 horas.

O vindeiro sábado 6 de abril, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo realizarase a proxección do documental Idénticas de Luís Avilés Baquero, premio “Mestre Mateo” ao mellor documental do ano 2018. Idénticas ten unha duración de 65 minutos e recolle a realidade da familia de Cayetana e Celia, dúas irmás xemelgas que sofren unha enfermidade rara como é a heteroplasia ósea...

O rianxeiro Anxo Muíños presenta o venres 5 de abril, ás 19.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo a súa obra O alén dos barqueiros publicada na Editorial Fanes. Ficha editorial O alén dos barqueiros O sueco Ingemar sostén que a mitoloxía é a forma de psicoloxía máis antiga. Desvelar os misterios da vida a través das lendas é a paixón do estudante, algo que desexa plasmar nunha...

O cuarteto de trompas Catrocores abre o III Ciclo de Novos Intérpretes cun concerto na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 29 de marzo ás 20.30 horas. Neste terceiro ano de realización do Ciclo de  Novos Intérpretes está promovido pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e subvencionado pola Deputación da Coruña.

O domingo 31 de marzo, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o concerto de primavera da Escola de Música de Rianxo a cargo da Banda Unión Musical de Meaño.

O vindeiro domingo 24 de marzo, ás 19.00 horas, a Escola de Música de Rianxo organiza un Serán de Jazz coa participación do combo da Escola de Música de Rianxo e do combo Estudio de Santiago de Compostela. Máis información no facebook da Escola de Música de Rianxo

Entroido en Taragoña, o sábado 9 de marzo, organizado pola veciñanza queda aprazado para o sábado 16 de marzo.  

Bituin The Tris, organizado pola asociación Antrospinos, o sábado 9 de marzo queda aprazado para o sábado 16 de marzo.

O grupo tradicional Ximiela achégase ao Auditorio de Rianxo co seu novo espectáculo Raigame, que terá lugar ás 20.30 h do sábado 23 de marzo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Poden retirarse na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa) Está destinado a todos os públicos.

O vindeiro sábado 16 de marzo, ás 20.30 horas, o grupo de Teatro do Imprevisto presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a peza teatral A memoria das rosas. A entrada ten un custo de 2 € e pode retirarse dende unha hora antes na billeteira do Auditorio. A proposta está organizada pola Agrupación Teatral Criaturas.

Do 9 de marzo ao 6 de abril, terá lugar no Centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo a exposición Guerrilla Gráfica, producida pola Asociación Unha Gran Burla Negra. O sábado 9 de marzo, ás 12.30 horas,  inaugurarase a exposición xunto coa proxección da curtametraxe documental Unha Gran Burla Negra (Caneca Filmes).   Unha Gran Burla Negra

Cantos de loita e maldicer na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. VENRES 15 DE MARZO - 21.00 horas OS NOVOS Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza Concello de Rianxo. VENRES 22 DE MARZO - 21.00 HORAS ROBERTO SOBRADO Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza...

Cantos de loita e maldicer na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. VENRES 15 DE MARZO - 21.00 horas OS NOVOS Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza Concello de Rianxo. VENRES 22 DE MARZO - 21.00 HORAS ROBERTO SOBRADO GRUPO Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza...