Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Do 25 ao 28 de setembro terá lugar no Auditorio de Rianxo Amal en ruta, o ciclo de cine euroárabe organizado pola A Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Concello de Rianxo O ciclo AMAL EN RUTA ven ser unha versión resumida da Semana de Cine Euroárabe Amal 2018, celebrada en outubro do pasado ano en Santiago de Compostela. Este ciclo supón un percorrido polo mellor cine árabe da...

A Escola de Escritores da AELG e o Concello de Rianxo convocan unha nova edición do Obradorio de creación literaria. Este ano baixo a denominación As liñas no espello, será tamén impartido polo novelista e poeta Antón Riveiro Coello, cunha sesión maxistral a cargo de Inma López Silva. O obradoiro desenvolverase nos sábados de outubro, novembro e decembro, en horario de 11:00 a 13:00 horas, no...

O vindeiro domingo 8 de setembro, ás 20:00 horas, realizarase a gravación do programa Malo será! no Auditorio de Rianxo. As entradas están a venta en A taquilla. A Taquilla

  Viladomar - máis alá dos muros, laboratorio de arte pública para a vila de Rianxo, organizado pola Asociación Ondiñas Mainas de Rianxo. Do 6 ao 13 de setembro, en diversos espazos de Rianxo, Isorna e Araño, cos artistas Mutante Creativo de Ordes, Batalla de Rianxo, Cestola na Cachola de Almería, Doa de Sober e Nana de Ordes.

​​​​​​​   Coa colaboración dos catro concellos da Arousa Norte e da Deputación da Coruña, a Asociación Alberto Romero volve ofrecer un ano máis os cursos de formación básica de como realizar unha curtametraxe.  Están programados para os meses de outubro e novembro nos catro concellos da Arousa Norte (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) e son gratuítos. Os cursos terán...

O sábado 29 de agosto, ás 22.00 horas, no Paseo da Ribeira (zona do busto de Castelao) terá lugar unha observación astronómica. No caso de condicións meteorolóxicas adversas trasladarase para outra data.

O sábado 31 de agosto, ás 21:00 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o peche do XV Ciclo de Bandas co concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo.

No Paseo da Ribeira, na zona do busto de Castelao, o domingo 25 de agosto a partir das 22.00 horas, realizarase unha observación astronómica.

AVISO: a conferencia e o obradoiro de María Ovelar realizarase no Cuartel Vello de Rianxo, que se atopa na Praza de Castelao en Rianxo. No mes de agosto comezan as residencias de escritoras/es e pensadoras/es organizadas por Axóuxere Editora, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo e que se desenvolverán entre o devandito mes e mediados de decembro. As persoas...

O vindeiro venres 16 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste, Manoele de Felisa achégase co seu novo espectáculo: A estrada da vida, 20 aniversario. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Trasládase ao auditorio de Rianxo. Entrada de balde ata completar capacidade, máximo 2 por persoa, dispoñibles desde unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio. O venres 9 de agosto, ás 21.00 horas, terá lugar na Praza de Rafael Dieste, un concerto da Banda de Música Isabel II de Touro, enmarcado do XV Ciclo de Bandas de Música organizado pola Escola de Música de Rianxo...

As condicións meteorolóxicas para o martes 6 de agosto non son favorables, polo tanto, a Observación astronómica prevista, APRÁZASE ata novo aviso. En breve anunciarase a nova data.  

Do 2 ao 30 de setembro é o prazo de inscrición para as clases de preparación para o título de Graduado en Educación Secundaria.

Noites de Jazz, concertos

Dentro da X Festa do Mexillón de Rianxo, o sábado 3 de agosto terá lugar no Campo de Arriba un concerto a cargo do grupo Os sobrados de Bergondo. A proposta forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Creactivity da Obra Social "laCaixa" fai parada en Rianxo, na Praza de Castelao, o luns 19 e o martes 20 de agosto. Os obradoiros e as visitas poden realizarse no horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. É un espazo-obradoiro para nenos e nenas a partir de 7 anos onde se practica a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espírito emprendedor, a...

O sábado 17 de agosto, ás 21.30 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o XVII Festival de música e baile tradicional Aleivosía organizado pola Asociación Sociocultural Aleivosía.

A película prevista para hoxe xoves 25 de xullo, por mor da adversidade meteorolóxica, trasládase para o Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade e pode retirarse dende ás 21.30 horas na billeteira do auditorio.

Do 25 ao 28 de xullo, en Rianxo vai celebrarse a Feira do Libro. Programa de actividades do xoves 25 de xullo. Programa de actividades do venres 26 ao domingo 28 de xullo.

A compañía a Cova as Letras presenta a comedia musical A gata con zocos acompañada da Banda da Escola de Música de Rianxo. O espectáculo terá lugar o mércores 24 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste en Rianxo. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Noites de Jazz, accións formativas

Noites de Jazz, exposición

A Asociación Filatélica e Numismática de Rianxo, organiza a XII Exposición de Selos e Moedas, será do 25 ao 27 de xullo nos baixos do Cuartel Vello da Praza de Castelao. A inauguración vai realizarse o xoves 25 de xullo ás 12.00 horas. A exposición pode visitarse no seguinte horario: 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

II Serán Popular Teixedal organizado pola Asociación de Pandereteiras Teixedal o venres 19 de xullo no marco das Festas do verán de Taragoña.

Verán Cultural, do 30 de xullo ao 31 de agosto

Verán Cultural, mes de xullo

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...

O venres 19 de xullo, ás 12.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a compañía de teatro A Tropa do Trapo achégase co seu novo espectáculo de contos 4 monos. O espectáculo combina a narración oral, a música ao vivo e o teatro de obxectos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta...

O venres 19 de xullo terá lugar o segundo concerto do XV Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo. Nesta ocasión a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira achégase a Rianxo e ofrecerá un concerto na Praza de Rafael Dieste ás 21.00 horas. Máis información no Facebook da Escola de Música de Rianxo.  

O domingo 21 de xullo, ás 19.00 horas, en Campo de Pazos en Taragoña terá lugar unha actuación a cargo dos Monifates con música tradicional para maiores e crianzas. A proposta enmárcase dentro das Festas de verán que se desenvolven en Taragoña do 18 ao 21 de xullo.

O vindeiro sábado 20 de xullo, ás 20.30 horas, a Praza Castelao Roi Casal presenta un gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia Son galego, Son Cubano. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores dende a súa posta en escena en Cuba. Roi Casal traballou...

O vindeiro sábado 27 de xullo, ás 23:00 horas, a Praza de Castelao en Rianxo acollerá a Luar na Lubre que ofrecerá un concerto no que presentará o seu traballo Ribeira Sacra. O concerto está organizado polo Concello de Rianxo co patrocinio do grupo Cortizo .

Do venres 12 ao luns 15 de xullo, a Asociación Virxe do Carme de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, organiza Rianclown, un festival cómico de rúa en Rianxo. Máis información no Facebook da Virxe do Carme

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...

Sés achégase coa súa banda á Praza Castelao de Rianxo para ofrecernos un concerto enmarcado no programa Música na noite no Verán Cultural 2019 que está a organizar o Concello de Rianxo. A actuación realizarase no marco das Festas da Virxe do Carme 2019, o luns 15 de xullo ás 22.30 horas. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Máis información no sitio web...

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...

O 26 e 27 de xullo, no Campo Maneiro de Taragoña organizan o XII edición do Festival AntrosPinos Máis información no Facebook do Festival AntrosPinos

O sábado 7 de setembro, terá lugar unha ruta pola Ría de Arousa para presentar o XII edición do Festival Rock in Rian. Máis información no de Facebook do Festival Rock in Rian

O 14 de setembro ten lugar en Rianxo a XII edición do Festival Rock in Rian. Máis información e novidades na páxina de Facebook Festival Rock in Rian.

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...

O domingo 22 de xuño, ás 18.30 horas, no Centro Social do Liceo de Rianxo, o alumnado das materias da Uned Senior de Práctica instrumental e de Cultura musical ofrecerá un concerto de fin de curso, acompañado por Jose e Helena de Barahúnda.

O venres 21 de xuño, a asociación Rock in Rian organiza unha festa na praia de Tanxil. Máis información no facebook da entidade

I xornada medioambiental organizada pola Asociación Ondiñas Mainas coa colaboración doutras entidades. Máis información na páxina de Facebook da entidade.

A escola Rosalía de Castro de Taragoña está de aniversario e cumpre 90 anos. Programa de actividades

O sábado 29 de xuño, a Escola de Música de Rianxo celebra o seu Festival de Verán en dúas sesións, unha ás 12.00 horas e outra ás 20.00 horas. Máis información no Facebook da Escola de Música de Rianxo

O sábado 22 de xuño, a partir das 20.00 horas, terá lugar no Campo de Arriba o Serán de Rianxo, organizado pola Asociación Vai de Roda. Máis información na páxina de Facebook da Asociación Vai de Roda.

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...

Este sábado 15 de xuño, ás 12.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Ana Valín "El vals de las hormigas". Que pasaría se o noso corazón fose un músculo brando e feble, incapaz de resistir grandes emocións? E se a nosa grande incapacidade para non meternos en problemas nos impedise ver o amor da nosa vida a tan só uns escasos metros? Poderiamos...