Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

O sábado 27 de maio terá lugar na Martela a primeira Romaría.    

O vinderio domingo 21 de maio, ás 19.30 h, o grupo de Teatro Airiños representa a obra Hoxe non se paga!! ... e mañá xa veremos! nas Escolas Vellas de Asados.

O vindeiro sábado 20 de maio, ás 21.30 h, na Praza Castelao terá lugar a presentación do disco "Unha noite de amor con Lela" da Banda da Escola de Música de Rianxo. No acto a Banda da Escola de Música realizará un concerto no que presentará as cancións do disco e tamén conmenorará o seu XIV aniversario. No caso de chuvia o concerto trasladarase a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Máis...

Dende a organización destas propostas anúnciannos que, por mor das condicións meterolóxicas adversas, se ven na obriga de APRAZALAS para novas datas que serán anunciadas en breve. As propostas son as seguintes: - Romaría dos Maios, no Campo da Santa Lucía en Asados, prevista para o sábado 13 de maio: organizada pola Comisión de Festas de Asados e a Asociación Festival Rock in Rian. - Maíño...

Un ano máis, e xa van alá doce, a Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda organiza o Serán Mar de Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña. O sábado 27 de maio, no Campo de Arriba, soarán pandeiretas, gaitas, tambores e outros instrumentos tradicionais galegos; e   tamén danzarán bailadores e bailadoras, e soarán grandes voces que cantarán...

A Asociación Festival Antrospinos organiza o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Festa de 1906 en Campo de Pasos (Taragoña). Durante todo o día organizan unha serie de actividades: 10.30 h: alboradas e música pola vila 11.00 h: mercado tradicional e artesanal 13.30 h: sesión Vermú 16.30 h: torneo de escoba por parellas 18.00 h: serán de música tradicional 21.00 h: concerto...

Despois do concerto de Adrián Pais e Paula Gagono no Ciclo de Novos Intérpretes, agora toca a quenda de Aida Saco, que o vindeiro venres 12 de maio, ás 21.00 horas, deleitaranos cun concerto de piano na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar aforamento, e estarán dispoñibles na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo do concerto.

Na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo pode visitarse, dende o 3 ao 20 de maio, a exposición do X Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez da Deputación da Coruña. Deputación da Coruña: Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez Jesús Núñez Fernández  

Novamente, por mor das condicións meteorolóxicas adversas, APRAZAN a Romaría dos Maios. Anúnciase unha nova data para a ROMARÍA DOS MAIOS: o sábado 13 de maio, no campo da Santa Lucía en Asados, terá lugar a Romaría dos Maios, organizada pola Comisión de Festas de Asados e a Asociación Festival Rock in Rian coa colaboración do Concello de Rianxo. Máis información no facebook Festas de Asados

Maio Cultural no Concello de Rianxo

Producións Excéntricas presenta a súa nova produción A Cabeza do Dragón de Ramón del Valle-Inclán na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A representación terá lugar o vindeiro sábado 13 de maio ás 21.00 horas. Entrada 6 € en venta anticipada (reserva a través do correo electrónico ruben.excentricas@gmail.com) e 8 € o propio día da función na billeteira do Auditorio unha hora antes do...

O vindeiro sábado 6 de maio, ás 12.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro-CD Os soños na gaiola en concerto. Proxecto desenvolvido pola Escola de Música de Rianxo e polo CEIP Ana Mª Diéguez de Asados. O libro-cd está editado e promovido pola Fundación Manuel María coa colaboración do Concello de Rianxo, da Escola de Música de Rianxo e o o CEIP...

O vindeiro sábado 6 de maio, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o músico Javier Ruibal ico Javier Ruibal. As entradas teñen un custe de 10 € anticipada e 13 € na billeteira o propio día do concerto. Podes obter as entradas en tickentradas.com ou en Boiro (Baldani), Pobra do Caramiñal (4 canos) e Ribeira (O niño do cuco) Javier Ruibal é un recoñecido compositor,...

Conmemoración do 25 de Abril cantando "Grandola", martes 25 de abril, ás 20:30 horas, no Cuartel Vello.

A compañía de teatro Os Quinquilláns, representará na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, Cousas de Castelao. A función terá lugar o vindeiro venres 28 de abril ás 20.30 horas. Está recomendada para maiores de 12 anos. Entrada de balde ata completar aforo. Reparto de convites unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) Páxina facebook Cousas. Castelao Quinquilláns teatro

O Concello de Rianxo organiza por primeira vez o CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES, no que dá cabida á promoción de músicos profesionais nacidos ou estreitamente vinculados con Rianxo e coa Escola de Música de Rianxo. 21 de abril ADRIÁN PAIS (saxo) e PAULA GAGO (piano) 12 de maio AIDA SACO (piano) 2 de xuño ROBERTO BOLAÑO (saxo) e ALEJO AMOEDO (piano) 13 de outubro ANTÓN ALCALDE (música...

O alumnado e o profesorado das escolas de música vascas de Bergara, Aramiao e Erandio achegaranse nesta fin de semana ao Concello de Rianxo. O venres 21 de abril, a partir das 20.30 horas, percorrerán as rúas de Rianxo acompañados do grupo tradicional Río de Anxo e da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda. O sábado 22 de abril , pola mañá na Praza Rafael Dieste, terá lugar unha...

Adrián Pais (saxo) e Paula Gago (piano) realizarán o primeiro concerto do Ciclo de Novos Intérpretes que se desenvolvera de abril a decembro no Auditorio de Rianxo, e no que tamén participarán: Aida Saco (piano) 12 maio, Roberto Bolaño (trompeta) e Alejo Amoedo (piano) 2 xuño, Antón Alcalde (música electrónica) 13 outubro, Sabela Galbán (frauta) Quinteto Fuoco 17 novembro, Patricia Túñez...

Sonia Lebendisky presenta o seu novo proxecto Deserto de Centos no Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 22 de abril ás 21.00 horas. Deserto de Centos é o seu primeiro disco en solitario, despois de ser a "front-woman" de Fía na Roca e de colaborar en múltiples iniciativas musicais. Este disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- é resultado de todas as músicas das que foi...

Programación do Abril Cultural

Pedro Brandariz e Víctor Grande, dous grandes artístas co espectáculo POLO HUMOR DE DOUS no Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 7 de abril ás 21.30 horas. Está destinada a todos os públicos. As entradas teñen un custe de 6 € (dos cales 1 será destinado para a Asociación Festival Rock in Rian) Xa están a venda na Cafetería Guadalupe, Tenda de roupa Nino Pieri, e na billeteira do auditorio o...

Un ano máis e xa van alá nove, a Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza O Patrocinio en Rianxiño. Máis información na súa páxina de facebook

Máis información no Facebook da Festa da Chuvia

O vindeiro sábado 1 de abril, ás 19.00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo terá lugar unha charla-coloquio a cargo de Héctor Lázare Iglesias, médico anatomopatólogo no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Talabarte presenta o seu novo proxecto Fake no Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 1 de abril ás 21.00 horas. Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escena musical galega, o violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin Garcí. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio...

Percorrido Cultural pola Isorna Histórica o vindeiro sábado 8 de abril. -15.15 h: Xuntanza na Casa da República -15.30 h: Saída, con parada naqueles lugares nas que a man do home, xeración tras xeración, deixou un legado cultural e histórico para regalía de todos nós.

O vindeiro domingo 26 de marzo, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza en Rianxo o XXII Xantar Gaiteiro. O programa será o seguinte: 12:00h. Homenaxe a Maruxa Miguéns e Xosé Romero (Os Rosales). O acto terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Rianxo (Paseo Ribeira, 120). 13:00h.Roteiro polos bares. 14:30h. XXII Xantar Gaiteiro no restaurante Casa Pachín (Ourolo, 107 -...

Stefano Ronchi & Marcos Coll achéganse coa súa música ao Auditorio de Rianxo. O concerto será o vindeiro venres 31 de marzo ás 21.30 horas. A entrada ten un custe de 8 € + gastos de xestión en anticipada e 10 € en Taquilla. A venda de entradas anticipadas no Bar Castelao, Bar Gallaecia, vilablues@gmail.com www.entradasatualcance.com e oficina de correos.

O vindeiro sábado 25 de marzo, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo o pianista Alejo Amoedo Portela ofrecerá un CONCERTO baixo o título Música para piano de compositores galegos do século XIX: do salón aristocrático e burgués ao café concerto. ALEJO AMOEDO PORTELA

O sábado 18 de marzo, ás 19.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar Os Rockenstein, un musical para toda a familia a cargo da compañía Malasombra. Recomendada para un público familiar. Entrada de balde ata completar aforo. Retirada de convites unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo 2 por persoa) O doutor Rockenstain é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero...

O vindeiro venres 17 de marzo ás 19.00 horas, Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica na Biblioteca Municipal Castelao de Rianxo Recomendada para un público familiar con nenos e nenas de entre 4 e 10 anos. Entrada de balde ata completar aforo. Carmiña é unha pinga de auga moi miudiña. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. E é por iso polo que, no día do seu...

No Cuartel Vello, o vindeiro domingo 12 de marzo, ás 18.30 horas terá lugar a audición da aula de frauta da Escola de Música de Rianxo.

Dende a organización do entroido en Taragoña, informan de que as propostas do entroido (desfile de carrozas e bituin the tris) por mor das condicións meteorolóxicas adversas trasládano para o SÁBADO 11 DE MARZO.

Cándido Pazó en Memorias das memorias dun neno labrego, o vindeiro venres 10 de marzo ás 21.00 horas no Auditorio de Rianxo. Recomendada para maiores de 12 anos. Entrada de balde ata completar aforo. Máximo 2 entradas por persoa. Retirada unha hora antes do comezo da función. Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas “Memorias dun neno Labrego”: En 1961 publicouse en...

O Grupo de Expressao Dramática de Escapaes, compañía teatral portuguesa, achégase ao Auditorio de Rianxo coa función Homens Mulheres, venha o diabo e escolha uma guerra de sexos. A representación será o sábado 11 de marzo ás 21.00 h. Está organizada polo Grupo de Teatro Airiños coa colaboración do Concello de Rianxo. Recomendada para maiores de 10 anos. A entrada é de balde. Retirada unha...

A MOSTRA ESTARÁ ABERTA ATA O VINDEIRO 18 DE MARZO NOVA DATA: acto de apertura que tivera que ser suspendido por mor das condicións meterolóxicas adversas realizarase o vindeiro sábado 11 de febreiro ás 12.30 h. Do 3 ao 24 de febreiro terá lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a Mostra de Arte Moderna by F.Farrapos.

Marzo 17, programación cultural

O vindeiro sábado 4 de marzo, ás 20.00 horas, terá lugar no Teatro do Auditorio de Rianxo a Presentación do libro Arcos Moldes, mestre sen escola de Xesús Santos e Xosé Comoxo, coa participación da Aula de Cultura Musical da Galiza da UNED Senior en Rianxo

No Bop núm. 37, do mércores 22 de febreiro de 2017, a Deputación de Coruña publica unha serie de axudas para entidades sen ánimo de lucro: Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas e a fundacións da provincia da Coruña para actividades culturais 2017 Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para...

A Deputación da Coruña, co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da...

O xoves 23 de febreiro desenvolveranse en Rianxo actos en honra de Rosalía de Castro. Ás 19.30 horas, diante do monumento de Rosalía no Paseo da Ribeira terá lugar unha  lectura pública, intervención de autoridades e ofrenda floral. Intervención musical a cargo de Sabela Galbán, Oli Xiraldez, Gustavo Couto e Alberto Pires interpretando a "Alborada de Rosalía" Ás 20.30 horas, no Salón de...

O sábado 4 de marzo, en Taragoña, Bituin The Tris Live! organizado pola Asociación Festival Antrospinos. Enfúndate na pel do teu artista favorito e participa. Inscrición ata o 3 de marzo ás 19.00 horas.

O sábado, 4 de marzo, en Taragoña 

O colectivo Ondiñas Mainas organiza o venres 17 de febreiro, de 18.00 a 19.30 horas, un obradoiro de difraces e caretas con bolsas e cartón.

Domingo 19 de febreiro, ás 19.00 horas, no Auditorio de Rianxo, a compañía teatral Voadora voltan a Shakespeare para abordar unha das comedias capitais da literatura dramática: “Soño dunha noite de verán”. A obra está recomendada para maiores de 16 anos. A entrada de balde ata completar aforo. Retirada de convites unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) Sitio web Voadora ...

Programación do Entroido 2017 no Concello de Rianxo, organizado pola Concellaría de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización e entidades asociaciativas. Participade no entroido rianxeiro, animádevos e difrazádevos !!!!

A Escola de Música de Rianxo, ofrece un concerto o vindeiro sábado 18 de febreiro, ás 19.30 horas no Auditorio de Rianxo. Páxina facebook da Escola de Música de Rianxo