Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

O sábado 2 de maio, ás 19.00 horas, terá lugar no Auditorio un Concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu XII Aniversario. Os convites poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto no mesmo Auditorio.

Na vindeira fin de semana, 25 e 26 de abril o Cadro Artístico Airiños volve cun novo Teatro Express, Cantar de cego, Salvemos o xeito co cal percorrerá todas as parroquias do Concello. O sábado 25 as funcións serán: 18.00 horas - Centro Cultural e Deportivo de Taragoña 19.00 horas - Centro Sociocultural do Araño 20.00 horas - Auditorio de Rianxo Domingo 26: 18.00 horas - Casa da...

A Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, baixo a dirección de Rafael Collazo, achégase a parroquia de Asados para ofrecer un concerto. Será o vindeiro domingo 19 de abril ás 12.00 horas no Cruceiro xunto ó Centro Cultural.

O vindeiro venres 17 de abril, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo proxectarase o documental de Antonio Caeiro A Volta dos Nove Outubro de 1936. Na noite do día 15, nove homes sos sacados da prisión habilitada do Frontón de Vigo e levados as aforas de Baiona. Alí serían salvaxemente asesiñados. Era o final dunha vinganza que se iniciara dous días. Pero tamén era o comenzo...

  SEGUNDA FASE – 11 de abril – 22.00 h – BAR ATALAIA     RELACIÓN DE PERSOAS INSCRITAS:   Mauricia Ces Quintáns   Carlos Da Aira   Ramona Fernández Figueira   José Avelino Fernández Lorenzo   Francisco Gómez Regenjo   Marina Losada Vicente   José Angel Pampín González

Visita guiada á exposición A Música de Rianxo na Belle Epoque, xoves 9 e 16 de abril ás 18.00 horas.

O vindeiro sábado 11 de abril, a partir das 18.00 horas, terán lugar en Rianxo unha serie de actos para conmemorar o Día da República organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza.

O sábado 11 de abril, ás 22:00 horas, no Bar Atalaia en Asados terá lugar a 2ª Fase do Torneo de Poesía Erótica Recitada Ferve a Lingua. Nesta ocasión acompañará a fase, a poetisa Celia Parra con Cocíñame, un recetario erótico-culinario Pode consultar as bases no seguinte enlace Se aínda non te inscribiches, tes ata o vindeiro venres ás 12.00 horas.

O vindeiro venres 10 de abril, a partir das 17.00 horas, no Campo de Arriba en Rianxo organizada polos Foros Ecolóxicos da Barbanza terá lugar Sachos a Rúa: feira labrega e artesana de Rianxo

O sábado 11 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo concerto a cargo da Aula de Clarinete da Escola de Música de Rianxo.

Do 9 ao 25 de abril pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición de fotografía Introvisións realizada polo alumnado do Ciclo Medio de Imaxe do IES Virxe do Mar de Noia. A inauguración terá lugar o vindeiro xoves 9 de abril, ás 12.30 horas, e estarán presentes Xavier Castro, director do IES Virxe do Mar; Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo así como tamén o alumnado do Ciclo.

Do 28 de marzo ao 19 de abril pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición A Música de Rianxo na Belle Epoque, organizada pola Aula de Cultura Musical da Uned Senior co asesoramento histórico de Xosé Comoxo e Xesús Santos e coa asesoría musical de Alejo Amoedo. A apertura da exposición terá lugar o sábado 28 de marzo ás 19.30 horas. Os xoves 9 e 16 de abril, ás 18.00 horas, realizaranse...

Do 3 ao 5 de abril desenvolverase en Rianxo o XI Encontro Internacional Zona da Zanfona organizado pola aCentral Folque, centro galego de música popular coa colaboración do Concello de Rianxo. Pode obter máis información no seguinte enlace web

O vindeiro sábado 28 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto histórico A Música de Rianxo na Belle Epoque. O concerto está organizado pola Aula de Cultura Musical da Galiza da Uned Senior de Rianxo e contará cun programa no que se interpretarán pezas do Rianxo daquela época. Participarán a Asociación Vai de Roda, Helena de Alfonso, Aida Saco, Isabel Rei...

O vindeiro sábado 21 de marzo, dentro da programación dos actos de homenaxe a Manuel Antonio desenvolveranse as seguintes propostas: 17.30 h - Porto de Rianxo - Illa Malveira SAÍDA EN BARCO E LECTURA DE POEMAS NA ILLA MALVEIRA. Saída en barco rumbo á illa Malveira. Lectura de poemas a cargo de Xesús Santos Suárez, Fernando Quintela Gallego e outros e outras participantes. No...

O vindeiro xoves 19 de marzo, ás 21.00 horas, baixo a dirección de Ricardo Solveira o alumnado a Escola Superior de Arte Dramática representa a obra M.A.A4 a partir de textos de Manuel Antonio  A obra está recomendada para maiores de 16 anos. As entradas, máximo dúas por persoa, poden retirarse unha hora antes do comezo da representación. Proposta enmarcada nos actos de homenaxe a...

A exposición itinerante de 150 anos dunha vila mariñeira (Pontedeume 1865-2015) achégase a Rianxo, consta dun cento de fotografías, audiovisuais, documentación, hemeroteca e maquetas na que se amosa a vida desta vila marcada polo mar. O día da apertura, o xoves 19 de marzo ás 20.00 horas, contarase coa presenza do comisario da exposición Xavier Brisset Martín que realizará unha visita guiada...

Seguindo o programa de concertos nas parroquias da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, desta vez achéganse a Brión - Leiro, será o domingo 22 de marzo ás 12.00 horas no Campo da Festa.

FASE PRIMEIRA – 14 de marzo – 22.00 h – BAR LAREIRA     RELACIÓN DE PERSOAS INSCRITAS:     Mauricia Ces Quintáns   Noelia Gómez Calvo   Marina Losada Vicente   José Angel Pampín González   Mercedes Rodríguez Pimentel   Rosa María Suárez Redondo  

Continuando cos concertos nas parroquias que está realizando a Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, desta vez achéganse á parroquia do Araño, o domingo 15 de marzo ás 12.00 horas no Centro Sociocultural da Capela.

O vindeiro sábado 14 de marzo, dentro da programación dos Actos de homenaxe a Manuel Antonio, a Escola de Música de Rianxo ofrecerá un Concerto de Música de Cámara será as 20.30 horas no Auditorio de Rianxo.

Modificación do texto das bases do II Torneo de Poesía Erótica Recitada Ferve a Lingua Coa intención de alientar a cidadanía a participar no II Torneo de Poesía Erótica Recitada, obsérvase a procedencia de permitir a inscrición de todos aqueles aos que lles interese, polo tanto mediante resolución de alcaldía modifícase o texto da base 3ª de xeito que a nova redacción será: <<3.- As...

Baixo o titulo de De catro a catro: catro singladuras enhonra de Manuel Antonio, a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organiza unha serie de actos para homenaxear ao ilustre rianxeiro Manuel Antonio.  

Concertos nas parroquias a cargo da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, o domingo 8 de marzo ás 12.00 horas no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña

Debido ás condicións meteorolóxicas adversas, o acto de homenaxe a Rosalía de Castro previsto para hoxe ás 18.30 horas nos Xardín de Manuel Antonio trasládase para o SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO

TRASLÁDASE PARA O SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO O sábado 28 de febreiro, ás 18.30 horas, nos xardíns de Manuel Antonio realizarase unha homenaxe a Rosalía de Castro no 178 aniversario do seu nacemento.

III Festival Solidario a favor de Cáritas Parroquial de Rianxo, o vindeiro venres 27 de febreiro, ás 21.00 horas no Auditorio de Rianxo.

Ata o vindeiro de 14 de marzo poden visitar no Auditorio de Rianxo a exposición Retrospectiva do pintor noiés Nacho C. Beirós.

A Escola de Música de Rianxo organiza o I concurso de carteis para anunciar o XII aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo, que se celebrará o día 2 de Maio. Bases Folla de inscrición

O vindeiro sábado 21 de febreiro, ás 19.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto de jazz a cargo de José Nine Cuarteto, agrupación formada por José Nine, Marcos Pin, Juan V. Cañada e Javi Barral. No concerto contarán con Thanos Athanasopoulos, Manuel Gutiérrez e Manuel Payno como artistas convidados. As entradas son de balde ata completar aforo. Poderán retirarse unha hora antes...

A ANPA os Gudiños do CEIP ADR Castelao organiza unha Festa de Entroido o vindeiro sábado 14 de febreiro na antiga Regatta.

O sábado de piñata, o 21 de febreiro, pola tarde Concurso de Carrozas en Taragoña organizado pola veciñanza coa colaboración do Centro Cultural de Taragoña e o Concello de Rianxo.

O domingo 15 de febreiro, a partir das 16.00 horas, en Leiro farán unha festa de Entroido LEIRO BARULLEIRO

A Asociación de Veciños do Araño organiza o sábado 14 de febreiro unha Festa de Entroido a partir das 5 da tarde no Centro Sociocultural da Capela.

O venres 13 de Febreiro no Centro Cultural de Taragoña ás 22.30 horas Bituin de Tris 2015 organizado pola Asociación Festival Antrospinos.

O domingo de entroido, 15 de febreiro, terá lugar a Primeria Festa do Cocido en Rianxo. A sesión vermú será amenizada pola Charanga de Vai de Roda e despois pola tarde terán lugar os concertos de: Os Perucos - 18.30 horas Cangrexeiros - 20.00 horas Quempallou - 21.00 horas

Xa se achegan as datas do Entroido podes consultar a programación no cartaz:

CONVOCATORIA ABERTA PARA BAILAR O VALSE “RIANXO”. Viaxa con nós á ”Belle Epoque” Rianxeira Trátase dunha partitura de principios do século XX atopada entre os documentos do depósito de José Ramón Nine Piñeiro no Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. A Aula de Cultura Musical da Uned-Senior adaptou e gravou esta peza e, para dala a coñecer ao mundo, vaise gravar un vídeo en Rianxo no...

Celtas sen Filtro, unha obra de Méndez Ferrín e Artello Teatro e representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas a representación será no Auditorio de Rianxo, o sábado 7 de febreiro, ás 20.30 horas. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. Sinopse As entradas teñen un custe de 2 € e poden adquirirse en venta anticipada en: Perruquería Pelos (Asados) ...

A representación de Cousas de Castelao a cargo de Títeres Cachirulo terá lugar no Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 31 de xaneiro ás 19.00 horas. A obra está recomendada para nenos e nenas a partir de 5 anos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da representación. Títeres Cachirulo - Cousas de Castelao

O venres 30 de xaneiro ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo terá lugar, dentro da programación dos Actos Castelao organizados pola Área de Educación Cultura e Normalización Lingüística o seguinte acto no que se inclúen estas propostas: Presentación do Suplemento cultural A Voz de Barbantia - xaneiro 2015 Mesa Redonda " A prensa do humor: o pouso de Castelao nos humoristas gráficos de hoxe...

A partir de mañá xa podedes inscribirmos nas materias que se van impartir en Rianxo na Uned Senior neste segundo cuadrimestre. As materias que sen van impartir son: Iniciación á Informática Informática II Cultura Musical da Galiza Prácticas labregas na horta Fotografía dixital. Iniciación

Programación dos Actos Castelao 2015 organizados pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo coa colaboración de diferentes entidades. Os actos comezarán o vindeiro sábado 17 e durarán ata o 31 de decembro, con propostas teatrais, mesas redondas, presentacións de libros,...  

A Agrupación Teatral Criaturas volve a representar no Auditorio de Rianxo a obra Colón debe morrer, será o vindeiro sábado 17 de xaneiro ás 20.00 horas. As entradas (máximo 2 por persoa) poden adquirirse unha hora antes da función.

O luns 5 de xaneiro as Súas Maxestades os Reis Magos viaxan ata Rianxo. Dende as 17.30 horas na Praza Castelao haberá un Belén Vivinte e ás 18.00 horas está previsto que os Reis desembarquen no Porto de Rianxo. Desfilarán polo Paseo da Ribeira acompañados dunha comitiva con cabalos, animación musical,.... ata chegar á Praza Castelao onde os recibirá a Corporación Municipal. Despois repartirán...

O vindeiro sábado 10 de xaneiro, ás 20.30 horas, o grupo A Roda estará no Auditorio de Rianxo presentando o seu novo traballo Outra volta de Roda. As entradas teñen un custe de 5 € e poden adquirirse de maneira anticipada na Cafetería Castelao de Rianxo ou no mesmo Auditorio 2 horas antes do comezo do concerto. Sitio web A Roda

O vindeiro venres 26 de decembro, ás 19.00 horas, o  mago andaluz Charly Braun ofrecerá un espectáculo no Auditorio de Rianxo. As entradas teñen un custe de 5 € o mesmo día no Auditorio. En venta anticipada custan 4 € e poden adquirirse na Cafetería Castelao de Rianxo e na Cervecería Regional en Boiro.