Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

A compañía de danza Fran Sieira o 9 de novembro, ás 21.00 horas, estará na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Entre soños. Está recomendado para tódolos públicos.  Duración 65 minutos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Máximo 2 por persoa, e poden retirarse na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo. Proposta enmarcada no programa Rede...

A Irmandade da música galega xunto co Concello de Rianxo organizan a I Semana da Música Irmandiña coa colaboración da Escola de Música de Rianxo e a Uned Senior (aula de Rianxo). As propostas que se van desenvolver son as seguintes: Sábado 10 de novembro: 1ª xornada: Intérpretes de Rianxo 18.00 h: Conferencia: vida e obra de F. Paz Carbajal. Relatores: Sebastián Paz e Fernando...

O grupo de Teatro Airiños organiza no Centro Social de Asados (antiga escola da Atalaia) unha contada de Quico Cadaval, Os inocentes, Oxalá que nom me matem! A proposta será o vindeiro domingo 4 de novembro, ás 19.00 horas. A entrada ten un custe de 5 €

Por mor das condicións metereolóxicas adversas previstas para o vindeiro sábado, o magosto aprázase para o xoves 1 de novembro no mesmo horario.

O sábado 3 de novembro, Xoán Curiel e a Banda do Verán achéganse a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo musical A Casa do Terror. A proposta comezará ás 19.00 horas. Destinatarios: público infantil, nenos e nenas a partir de 4 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Poderán retirarse dende unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo 2 por persoa). ...

O vindeiro domingo 28 de outubro, ás 19.30 horas, na Sala Arcos Moldes de Rianxo terá lugar un concerto de outono a cargo da Banda de Santa Cruz de Ribadulla. Está organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.

A compañía Elefante Elegante representa o vindeiro sábado 27 de outubro, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a obra A danza da choiva. Recomendada para público infantil, nenos e nenas de 3 a 8 anos aproximadamente. Duración 50 minutos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada na billeteira dende unha hora antes do comezo da función e  cun máximo de...

Fillos do Sol, peza teatral escrita e dirixida por Cándido Pazó, achégase á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 26 de outubro ás 21.00 horas. Recomendada para todos os públicos. Duración 75 minutos. A entrada ten un custe de 6 €. Pode adquirirse o mesmo día da función dende as 20.00 horas na billeteira do auditorio ou facer a reserva no correo electrónico...

O vernes 19 de outubro, ás 20.30 horas, no antigo campo de concentración de Rianxo realizarase un acto de homenaxe ás mulleres solidarias cos prisioneiros do campo de concentración de Rianxo e a todas as mulleres represaliadas e solidarias. O acto contará coa presenza de: - Dolores Rodríguez Sende (solidaria cos prisioneiros) - Antón Vilariño (Coordinador Uned-Senior Rianxo) - Carlos...

APRAZADO ATA NOVA DATA Continuamos co II Ciclo de Novos Intérpretes, nesta ocasión o concerto correrá a cargo de Félix Rodríguez (bombardino) e Aitana Ares (fagot). Félix estará acompañado ao piano por Jorge Briones e Aitana por Luís Blanco. Desenvolverase o vindeiro venres 19 de outubro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O Ciclo de Novos Intérpretes está...

Programación do Outono Cultural 2018 do Concello de Rianxo #outonocultural2018 #culturarianxo #nonquedesnacasa #rianxo

 Dentro do IX SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: "omesomonte" organizado por Nova Escola Galega realizarase a presentación do libro de Mª Carme Caramés Gorgal A Madriña. Será o venres 19 de outubro ás 19.00 horas no IES Félix Muriel.

Do 15 ao 22 de outubro o IES Féliz Muriel contará coa exposición Reixas, mulleres baixo o terror franquista organizada polo propio centro de ensino coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Rianxo. Está aberta para a visita de todos os públicos no horario de apertura do instituto.  

Nova Escola Galega organiza o IX SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: "omesomonte", que se desenvolverá os 19, 20 e 21 de outubro de 2018 en Rianxo, Quilmas, O Pindo e Carnota. En Rianxo a actividades desenvolveranse no IES Félix Muriel o venres 19 de outubro. Está destinado principalmente a persoal docente do ensino público e concertado, e en paro. Pero tamén aquelas...

O sábado 20 de outubro, ás 20.30 h, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o grupo de teatro Talía achégase coa súa obra teatral Pelos na lingua. Está recomendada para un público adulto e xuvenil (maiores de 13 anos) A entrada é de balde ata completar capacidade e poderá recollerse na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) A proposta...

O Programa Universitario de Maiores do IV CICLO da USC promove o proxecto de democratización do coñecemento, CAMIÑOS DE COÑECEMENTO xunto coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa conta cun total de 6 clases que se impartirán nunha Aula do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Está destinado para maiores de 50 anos. Máis información e inscricións no correo electrónico...

A sala de exposicións do Auditorio de Rianxo acollerá a exposición da obra plástica do rianxeiro Luís Noya. Dende o 5 de outubro ata o 3 de novembro pode visitarse nos horarios habituais de apertura do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. A exposición abrirase ao público o venres 5 de outubro ás 21.00 horas e contará coa asistencia do pintor rianxeiro.

Do 28 de setembro ao 7 de outubro, desenvolverase a III Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Programa de man da III Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego Máis información no Facebook da Agrupación Teatral Criaturas.

O programa de Educación de Persoas Adultas abre o prazo de inscrición da preparación para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria.

O grupo de teatro Airiños de Asados celebra o seu 85 aniversario coa gala "Esta noite, velada" no Auditorio de Rianxo. A gala, que conta con 3 funcións, terá lugar nos seguintes días: Venres 21 de setembro, ás 21.00 horas. Sábado 22 de setembro, ás 21.00 horas. Domingo 23 de setembro, ás 19.00 horas. Contarán coas colaboracións de Barahúnda, José Luís Do Pico Orjais e Río de Anxo. A...

O grupo de teatro Airiños de Asados celebra os seus 85 aniversario cunha gala "Esta noite, velada" no Auditorio de Rianxo. A gala, que conta con 3 funcións, terá lugar nos seguintes días: Venres 21 de setembro, ás 21.00 horas. Sábado 22 de setembro, ás 21.00 horas. Domingo 23 de setembro, ás 19.00 horas. Contarán coas colaboracións de Barahúnda, José Luís Do Pico Orjais e Río de Anxo. ...

O grupo de teatro Airiños de Asados celebra os seus 85 aniversario cunha gala "Esta noite, velada" no Auditorio de Rianxo. A gala, que conta con 3 funcións, terá lugar nos seguintes días: Venres 21 de setembro, ás 21.00 horas. Sábado 22 de setembro, ás 21.00 horas. Domingo 23 de setembro, ás 19.00 horas. Contarán coas colaboracións de Barahúnda, José Luís Do Pico Orjais e Río de Anxo. ...

O vindeiro sábado 1 de setembro, ás 11.00 horas, terá lugar na Casa do Concello de Rianxo unha charla coloquio arredor do traslado do busto de Castelao a Rianxo, o papel do Patronato da Cultura Galega de Montevideo e a proxección do documental Yolanda sempre en Galiza. No acto contarase coa presenza de: - Yolanda Díaz Gallego (cofundadora do Patronato da Cultura Galega no Uruguai) - Raquel...

Para pechar o ciclo de Monólogos na rúa do Verán Cultural 2018 contamos con Oswaldo Digón. A proposta terá lugar o xoves 30 de agosto, ás 22.30 horas, na praza de Rafael Dieste.

Ás 21.00 horas, na Praza de Rafael Dieste, o grupo de percusión ODAIKO presentará o seu espectáculo Invención. Destinado para un público infantil e familiar. En “Invención”, a imaxinación e a creatividade son pezas fundamentais para a creación de novos obxectos e para buscar solucións ás que o ser humano se ten que enfrontar no día a día. Pasando por moitas invencións, dende as máis sinxelas...

Ata o 20 de setembro pode visitarse, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo, a exposición: Galicia-Cabo Verde: unha irmandade, pertencente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, na súa viaxe...

O venres 17 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar no Paseo Marítimo Rianxeiro (na baixada dende a Carballeira), a inauguración do grupo escultórico Santa Compaña, de Nuco Losada Romero. No acto de inauguración, ademais do autor das esculturas, intervirán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo; e Xesús Santos, escritor e actor.

Continuando co ciclo Monólogos na rúa, o vindeiro xoves 23 de agosto, ás 22.30 horas, monologuistas de Rianxo e da contorna subiranse ao escenario da rúa de Abaixo. Tamén participará Victor Grande, cómico e zurdo.

A Asociación Festival Rock in Rian organiza o vindeiro sábado 18 de agosto, a partir das 12.00 horas, a Festa da Praia en Tanxil.

Se gustas de converter en materia estética a realidade cotiá... Se queres inventar coa palabra outros mundos máis interesantes…. Se aspiras a que na túa imaxinación as persoas volvan nacer, tal vez mellores e máis fermosas do que en realidade foron... Se desexas que a literatura faga vida en ti e, por que non, nas lectoras e lectores… Agardamos por ti. As historias no espello Impartido por...

A Asociación Fogo Fatuo organiza o seu Festival de baile e música tradicional o vindeiro sábado 18 de agosto ás 21.30 horas na Praza de Rafael Dieste.

A banda de música folk Pan de Capazo achégase a Rianxo o vindeiro martes 14 de agosto. O concerto terá lugar dentro do programa música na noite e será ás 22.30 hora na Praza de Rafael Dieste. Pan de capazo

Remate do XIV Ciclo de Bandas do Concello de Rianxo co concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo coa Agrupación Brincadeira, o venres 10 de agosto ás 21.30 horas na Praza de Castelao. Porposta enmarcada no programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O venres 3 de agosto, ás 21.30 h, nos xardíns da Martela a Agrupación Musical da Guarda continúa o XIV Ciclo de Bandas promovido pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e outras entidades.

Gravados de Rosana Calvo e Nacho C. Beiro inspirados no mundo do jazz forman parte da exposición "Trazos Sonoros" que pode visitarse dende o 30 de xullo ao 11 de agosto na sala de exposicións do auditorio de Rianxo. A exposición forma parte do programa Noites de Jazz Festival en colaboración co Museo do Arte e do Gravado e da Estampa de Ribeira.

O venres 27 de xullo, ás 21.30 h, nos xardíns da Martela a Banda de Música de Cee continúa o XIV Ciclo de Bandas promovido pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e outras entidades.

O vindeiro venres 27 de xullo é o día adicado á Música e Lingua co repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela. Desenolveranse dúas propostas: CHARLA COLOQUIO - 20.00 horas - Salón de actos do Auditorio de Rianxo Con Xosé Antonio Bocixa, Paco Cerdeira e Laura Romero CONCERTO - 00:15 horas - Curral do Marqués en Taragoña Zénzar en concerto dentro do Festival...

Un ano máis, a Feira do Libro achégase á Praza de Castelao de Rianxo, que nesta edición de 2018 terá lugar do xoves 19 ao domingo 22 de xullo. Programa de actividades:

O xoves 19 de xullo, o Mago Antón está na Praza de Castelao en Rianxo co espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos. Realizaranse varios pases nos seguintes horarios: 13.30 h, 19.00 h, 20.00 h, 21.00 h. e 22.00 horas. A proposta está enmarcada na Feira do Libro de Rianxo e conta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Os asistentes terán a oportunidade de...

O vindeiro venres 20 de xullo, ás 22.30 horas, no Paseo da Ribeira (zona do busto de Castelao) terá lugar unha observación astronómica dentro do programa Todocosmos.