Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

No Cuartel Vello, o sábado 27 de xaneiro ás 19.00 horas, terá lugar a proxección do filme documental: SITIO DISTINTO. Tamén haberá un coloquio posterior co director Davide Cabaleiro. Este documental é unha viaxe desde finais do século XIX ata a actualidade para entender por que chegaron os galegos a Euskal Herria. E, sobre todo, por que quedaron. E como esa decisión xerou que ambos os pobos se...

O venres 26 de xaneiro, a partir das 20.30 horas, continúan na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo as actividades programadas dentro dos Actos Castelao 2018. As propostas son a presentación da novela O xardineiro dos ingleses (premio García Barros 2017) de Marcos Calveiro, en conversa con María Xesús Blanco (vicepresidenta de Barbantia) e Xerardo Agrafoxo (novelista e historiador),...

O vindeiro venres 19 de xaneiro, ás 20.30 horas, o historiador Miguel Anxo Seixas ofrecerá unha conferencia titulada: Castelao, memoria e xustiza. Está incluída na programación dos Actos Castelao 2018 e desenvolverase no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. Miguel Anxo Seixas

A programación dos Actos Castelao 18 abre coa apertura da exposición de gravados Castelao hoxe de José Fuentes. Realizarase o vindeiro venres 19 de xaneiro, ás 19.30 horas. Dende o 19 de xaneiro ao 3 de febreiro poderá visitarse na sala de exposicións do Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo.

O vindeiro sábado 20 de xaneiro, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Carmen Penin presenta en concerto o seu novo libro-cd Herdeiras. Música, poesía, danza e audiovisual sobre as mulleres e a memoria. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada na billeteira (máxima 2 por persoa), do auditorio unha hora antes do comezo do concerto. Carmen Penim presenta con...

A compañía de teatro Lucecús presenta a súa nova produción Logos, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 20.30 horas. Logos é un xogo cómico de revisión posmoderna do mito de Prometeo, ambientada nun futuro distópico. Nomi e Clin, dúas das pezas máis baixas da engrenaxe do sistema, viven comodamente nun mundo no que todo aquel que nel habita ten...

Un ano máis, o Concello de Rianxo conmemora o nacemento do seu ilustre rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, cunha ampla proposta de actividades. A programación definitiva é a seguinte: Venres 19, 19:30 h - Auditorio (sala de exposicións) GRAVADOS: apertura da exposición Castelao hoxe, de José Fuentes. Venres 19, 20:30 h - Auditorio (salón de actos) CONFERENCIA: Castelao, memoria e...

Por mor das previsións meteorolóxicas adversas, este ano o Belén Vivinte, a recepción dos Reis Magos e o reparto de caramelos  desenvolverase no Pavillón Polideportivo de Rianxo. En función do tempo as carrozas poderán ou non realizar o seu percorrido programado polas rúas de Rianxo. Para unha mellor organización e seguridade informamos das seguintes indicacións: - O acceso de público ao...

Un ano máis os Reis Magos achéganse a Rianxo por mar. A partir das 17.30 horas, no Pavillón Polideportivo, poderase visitar o Belén vivinte ambientado a cargo da Asociación Cultural Fogo Fatuo. Ás 18.30 horas os Reis Magos chegarán ao Porto de Rianxo e alí estarán agardándoos as carrozas reais co seu séquito para realizar un desfile pola vila, sempre que o tempo o permita. (Porto-Paseo da...

O Concello de Rianxo, en pleno extraordinario celebrado o 1 de xaneiro de 2018, ás 12:30 horas, decretou 3 días de loito oficial polo crime de Diana Quer e en solidariedade coa súa familia. Por este motivo, as actividades organizadas dende o concello durante este período quedan suspendidas, e como consecuencia as propostas do Pequeno Circo de Nadal non se desenvolverán.

A Banda Escola de Música de Rianxo realizará o seu tradicional Concerto de Fin de Ano o vindeiro sábado, 30 de decembro, ás 19:30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión o concerto correrá a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo e do Coro Infantil da Escola de Música de Rianxo. O programa será: La Marcelina (Bernardo Adam Ferrero) Concerto para dous...

O rianxeiro Iago Hermo pechará o Ciclo de Novos Intérpretes, organizado polo Concello de Rianxo, que leva desenvolvéndose dende o mes de abril. Iago Hermo realizará un concerto de piano o vindeiro venres 29 de decembro, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

O vindeiro xoves 28 de decembro, ás 19.00 h, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a representación de Feo!, a cargo da compañía teatral Caramuxo Teatro. Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato, inspirado en “O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, para nenos a partir de 3 anos e familias. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce...

No BOP de hoxe saen publicadas as BASES REGULADORAS DA PROGRAMACIÓN DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E CONVOCATORIA PARA 2018 ( BOP núm. 236, do 14 de decembro de 2017).   A Rede Cultural da Deputación da Coruña pretende contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do...

Programación do Outono Cultural no Concello de Rianxo Descarga o folleto informativo do Outono Cultural

O vindeiro venres 22 de decembro, ás  21.00 horas, a Asociación Fogo Fatuo de Rianxo realizará o seu Festival de Nadal, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

O domingo 17 de decembro, a partir das 18.00 horas, a Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda organiza un Festival de Nadal na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Máis información na páxina de facebook da entidade

Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo desenvolverase o vindeiro sábado 23 de decembro, en dúas funcións diferentes: unha ás 11.00 horas e outra ás 19.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Máis información na súa páxina de facebook

Continuando co Ciclo sobre Memoria Histórica que comezou no mes de novembro, nesta ocasión a conferencia titúlase A represión na Barbanza e corre a cargo dos investigadores Xesús Santos, Miguel Somoza e Antón Vilariño. A conferencia terá lugar o vindeiro sábado 16 de decembro ás 18.30 horas no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.

A compañía de Chévere achégase á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa obra Eroski Paraíso. A representación teatral terá lugar o próximo sábado 16 de decembro, ás 20.30 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada de entradas, máximo 2 por persoa, dende unha hora antes do comezo da función. Idade recomendada: a partir de 12 anos. A proposta está enmarcada dentro da...

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a que será a segunda edición das  xornadas Culturais sobre “A Gaita no Mar”, que terán lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo, o vindeiro 3 de decembro a partir das 11.30 horas, e que están patocinadas pola Deputación da Coruña e contan coa colaboración do Concello de Rianxo. Coma en todos os gremios, no dos mariñeiros tamén había...

O domingo 10 de decembro, ás 18.00 h, no patio do CEIP Ana Mª Diéguez en Asados, desenvolverase o XII Festival de Corais de Arousa e Ulla. Nesta edición formarán parte do festival a Coral Eixil de Cedeira, a Coral Fonte do Souto de Culleredo e a Coral Abraira de Asados.

O vindeiro sábado 9 de decembro, ás 20.00 h, terá lugar na Biblioteca Municipal de Rianxo a presentación do libro-CD O legado sonoro de Jacinta Landa Vaz. Galiza, Portugal e Estremadura escrito por José Luís do Pico, Domingos Morais e Pilar Barrios. No acto de presentación estarán presentes: Miguel Somoza (profesor da UNED), Aurora Marco (profesora da USC), José Luís do Pico Orjais (autor) e...

O próximo venres, 1 de decembro, ás 21.00 horas, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá un concerto pertencente ao Ciclo de Novos Intérpretes que se leva desenvolvendo dende o pasado mes de abril. Nesta ocasión o concerto corre a cargo do Cuarteto Scordatura integrado pola rianxeira Patricia Túnez (violín I), e Iria Pérez (violín II), Miriam Buceta (viola) e Sandra Carballo...

O vindeiro sábado 2 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral A nena que quería navegar, a cargo de Redrum Teatro. A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos,...

O vindeiro venres 24 de novembro, ás 17.30 horas, terá lugar na Biblioteca Municipal "Poesía en feminino. Palabras Vivas" unha proposta de lectura dramatizada de textos de Ana Romaní, Esther Carrodeguas, Fátima Núnez, Maria do Cebreiro e Marilar Aleixandre a cargo de Marina Nieto, Elisa Barreiro e Carmen Ares. O acto está enmarcado na campaña Rianxo en Negro.

Hoxe hai regueifa, o casamento de Balbina e Farruco; recreación dunha voda rianxeira a cargo da Asociación Fogo Fatuo. O vindeiro domingo 3 de decembro ás 19.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Entrada: 2 € en venda anticipada (en Acuarela) e 3 € na billeteira do Auditorio. Máis información na páxina facebook da Asociación Fogo Fatuo

Continuando o Ciclo de Novos Intérpretes o vindeiro venres 17 de novembro, ás 21.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto a cargo do Quinteto Pentravesía.   Pentravesía: cinco viaxes, cinco intérpretes con espírito innovador, cinco ventos que sopran desde o mar e nos fan viaxar cos seus sons inspiradores. Dentro do mundo da música de cámara hai...

A Comunidade de Montes de Leiro organiza unha charla informativa sobre a vespa asiática o vindeiro venres 17 de novembro, ás 21.00 h no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, a cargo de  Roberto Carlos Iglesias Collazo (Protección Civil de Rianxo) e Fernando Cores (socio da Asociación Galega de Apicultores). Abordaranse os seguintes temas: Identificación e diferencias coa vespa galega...

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a concellos e deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade, co enfoque dos Dereitos Humanos, cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos. O Concello de Rianxo é socio do Fondo. Esta asociación cumpre en 2017...

O próximo venres 24 de novembro, a partir das 19.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a xornada "Ti tamén formas parte do TDAH (trastorno por déficit de atención-hiperactividade)" O obxectivo da xornada, é profundar e tamén dar a coñecer o TDAH con e sen hiperactividade, como un dos Trastornos do Neurodesenvolvemento máis frecuente pero pouco recoñecido, que require dun tratamento...

A apertura da exposición terá lugar o vindeiro venres día 10 de novembro, ás 20:30, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. O acto contará coa presenza de Manuel Ruíz Rivas (alcalde de Ribeira e presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado e Estampa Dixital), Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (director do Museo de Artes do Gravado e Estampa Dixital), Manuel Ayaso (coautor) e Adolfo...

O profesor e investigador Bernardo Máiz abre o CICLO SOBRE MEMORIA HISTÓRICA que organiza a Uned Senior de Rianxo. A conferencia titúlase Por que se sublevaron os militares no 36? A resistencia popular en Galicia, e estarán presentes, ademais do conferenciante, Carlos Cimadevila Álvarez, profesor do IES Félix Muriel, e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo. O acto terá lugar no salón de actos do...

A Asociación Fogo Fatuo organiza o IV Concurso de Gaita, nas categorías de Gaita Solista e Cuarteto Tradicional. A data límite de inscrición é o 3 de decembro de 2017 e a fase de concurso terá lugar o domingo 10 de decembro no Auditorio de Rianxo ás 17.00 h. Máis información no sitio web de Fogo Fatuo

O martes 31 de outubro, a partir das 17.00 horas, a Asociación Festival Antrospinos organiza un SAMAÍN. Comezarán con xogos populares, foliada, maquillaxe infantil e un concurso de cabazas. Ás 18.30 horas haberá un MAGOSTO con castañas de balde. Para rematar, no Centro Cultural, a partir das 21.30 horas, amenizará Delacruz Show e DJ Enxebre.

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller a estrea da primeira adaptación oficial ó galego de Shrek, o musical organizado pola Escola de Música e Danza CODA. As representacións terán lugar ás 18.00 horas os vindeiros 11, 12, 18 e 19 de novembro. A entrada ten un custo de 17 euros. A venda anticipada realízase no Furancho de Rianxo (detrás da Igrexa).    

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller a estrea da primeira adaptación oficial ó galego de Shrek, o musical organizado pola Escola de Música e Danza CODA. As representacións terán lugar ás 18.00 horas os vindeiros 11, 12, 18 e 19 de novembro. A entrada ten un custo de 17 euros. A venda anticipada realízase no Furancho de Rianxo (detrás da Igrexa).    

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller a estrea da primeira adaptación oficial ó galego de Shrek, o musical organizado pola Escola de Música e Danza CODA. As representacións terán lugar ás 18.00 horas os vindeiros 11, 12, 18 e 19 de novembro. A entrada ten un custe de 17 euros. A venda anticipada realizase no Furancho de Rianxo (detrás da Igrexa).    

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller a estrea da primeira adaptación oficial ó galego de Shrek, o musical organizado pola Escola de Música e Danza CODA. As representacións terán lugar ás 18.00 horas os vindeiros 11, 12, 18 e 19 de novembro. A entrada ten un custo de 17 euros. A venda anticipada realízase no Furancho de Rianxo (detrás da igrexa).

O vindeiro sábado 28 de outubro, no Campo de Arriba de Rianxo, terá lugar un MAGOSTO/SAMAÍN POPULAR. A partir das cinco da tarde desenvolveranse variadas actividades: - Obradoiros para nenos/as: decoración de cabazos (cada un que traia o seu cabazo para decorar). - Xogos tradicionais. - Ambientación musical: Pakolas (música para nenos/as) Charanga O Recobío Haberá castañas e chourizos...

O Auditorio de Rianxo acolle a presentación dun disco único, Chané na Habana, no centenario do pasamento do xenial compositor José Castro Chané. Un concerto con 16 músicos en palco de diversas orixes xeográficas, que mesturan estilos e arranxos sobre as melodías de "Chané". Será o vindeiro 28 de outubro ás 21 h. Concerto do Alejandro Vargas Consort e a Camerata Egeria, coa cantante Rosa...

O vindeiro venres 27 de outubro, ás 21.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Xesús Santos Suárez: O viquingo converso. Nese mesmo acto tamén se presentará o suplemento cultural A voz de Barbantia (número 128). Ademais do autor do libro, Xesús Santos, participarán na presentación: Xosé Luís Axeitos, académico da RAG, profesor e investigador;...

O Grupo de Teatro Airiños de Asados estrea, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova produción a partir do clásico de Shakespeare Romero e Xulieta, de Esther F. Carrodeguas. A función representarase, ás 21.00 horas, tres días: o xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de outubro. A entrada ten un custo de 2 € e pode mercase anticipadamente no Bar Berberecho, Perruquería Pelos e...

O Grupo de Teatro Airiños de Asados estrea, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova produción, a partir do clásico de Shakespeare Romero e Xulieta, de Esther F. Carrodeguas. A función representarase, ás 21.00 horas, tres días: o xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de outubro. A entrada ten un custo de 2 € e pode mercase anticipadamente no Bar Berberecho, Perruquería Pelos e...

O Grupo de Teatro Airiños de Asados estrea, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova produción, a partir do clásico de Shakespeare Romero e Xulieta, de Esther F. Carrodeguas. A función representarase ás 21.00 horas, tres días: o xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de outubro. A entrada ten un custo de 2 € e pode mercase anticipadamente no Bar Berberecho, Perruquería Pelos e...

O rianxeiro Antón Alcalde estará o vindeiro venres 13 de outubro, ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, co Concerto con música electrónica. O concerto enmárcase dentro da programación do Ciclo de Novos Intérpretes, que leva desenvolvéndose xa dende o mes de abril e rematará en decembro. A entrada é de balde ata completar capacidade. Pódense retirar as entradas, máximo 2...

O vindeiro venres 20 de outubro, ás 20:00 horas, charla informativa sobre "A vespa asiática en Rianxo. Unha praga para quedar. O seu control". No Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.

Carlos Ocaña Novoa presenta na Sala de Exposicións do Auditorio de Rianxo as fotografías que forman parte da súa coleción denominada Nocturnidade. A apertura da exposición terá lugar o vindeiro venres 6 de outubro ás 20.30 horas. Poderá visitarse dende o 6 ao 28 de outubro.

O domingo 8 de outubro a II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego chega ao seu fin. Ás 20.30 horas comezará o peche que continuará coa representación teatral de Xogo de Xoias, a cargo da Agrupación Teatral Criaturas. Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de setenta e cinco minutos. A entrada ten un custo de 2 €. A venda na billeteira do auditorio unha hora antes do...

O sábado 7 de outubro, ás 21.00 horas, dende Boiro, achégase Teatro do Imprevisto ao Auditorio de Rianxo para representar Gretel, dentro da II Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Está recomendada para todos os públicos e ten unha duración de sesenta e cinco minutos. A entrada ten un custo de 2 €, á venda...