Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

No mes de agosto, todos os xoves ás 22.30 horas, terá lugar MONÓLOGOS NA RÚA, o primeiro ciclo de monólogos organizado polo Concello de Rianxo. xoves 10 de agosto - 22:30 HORAS TITO ROBER no Paseo da Ribeira no lugar da Praza de Padrón xoves 17 de agosto - 22:30 horas PEDRO BRANDARIZ nos Xardíns da Martela xoves 24 de agosto - 22:30 HORAS XAN VEIGA na Rúa de Abaixo xoves 31 de agosto -...

O sábado 5 de agosto, ás 22:30 horas, o patio do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados acollerá a proxeción do filme "Somos xente honrada". Trailer película "Somos xente honrada"  

O grupo de música tradicional Habelas Hainas ofrecerá un concerto o vindeiro sábado 5 de agosto, ás 22:00 horas, no Campo de Arriba, no marco da VIII Festa do Mexillón de Rianxo. Páxina facebook de Habelas Hainas

A exposición "Nicaragua. O Futuro" amósase dende o 28 de xullo ata o vindeiro 28 de agosto no Auditorio de Rianxo, en horario de 09:00 a 14:00 horas. A mostra, pertencente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, busca promover a interculturalidade e actitudes de respecto cara á poboación migrante. O Concello de Rianxo é socio do Fondo Galego para a Cooperación e a Solidariedade. As...

NO CASO DE CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS O CONCERTO TRASLADARASE AO AUDITORIO DE RIANXO. A Orquestra Os Modernos achégase a Rianxo o vindeiro sábado 29 de xullo para presentar o seu novo traballo discográfico "Disimulem!" Tras 5 anos de exitosos directos por toda Galicia (e parte de Asturias), a Orquestra Os Modernos gravou, nos Estudios A Ponte, o seu primeiro disco, Dissimulem! O...

No Paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), terán lugar os vindeiros 21 e 29 de xullo e 5 de agosto, as observacións astronómicas TODOCOSMOS.

Do martes 1 ao venres 4 de agosto terá lugar na Praza Rafael Dieste de Rianxo o Festival Noites de Jazz.

Baixo o título "A LEDICIA DE LER", están desenvolvéndose por toda Galicia as Feiras do Libro. Dende o xoves 20 ao domingo 23 de xullo celebrarase en Rianxo, na Praza Castelao.  

NOTA: a observación prevista para o venres 21 de xullo, por mor das condicións meteoróxicas adversas, TRASLÁDASE para o luns 24 de xullo. No Paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), terán lugar os vindeiros 21 e 29 de xullo e 5 de agosto, as observacións astronómicas TODOCOSMOS.

A Asociación Festival Antrospinos organiza en Campo Maneiro (Taragoña) o X Edición do Festival Antrospinos. Máis información na páxina facebook de Antrospinos

O escritor italiano Pier Franco Brandimarte é o segundo residente do Programa de Residencias de pensadoras/es e escritoras/es que o Concello de Rianxo e Axóuxere Editora comezaron novamente a desenvolver este ano 2017. O escritor estará no espazo da Residencia que Axóuxere Editora ten na aldea de Brión até inicios de agosto deste ano. O escritor...

Uxía Lambona e a súa banda achéganse á Praza Rafael Dieste o vindeiro sábado 22 de xullo, ás 21.30 horas, dentro da programación da Feira do Libro. "Uxía Lambona e a Banda Molona“ nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir os nenos, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska,...

agfdsa O sábado 22 de xullo, a Feira do Libro de Rianxo comeza coa actuación de Fram Rei que representa a súa nova produción A galiña azul de Carlos Casares. A Galiña Azul é un espectáculo creado a partir da popular obra infantil de Carlos Casares. Na súa liña habitual, Fran Rei mestura narración, humor, maxia e monicreques para achegarlle ao público infantil e familiar o universo que Carlos...

O vindeiro venres 21 de xullo, dentro da programación da Feira do Libro, terá lugar a cargo de Teatro Gazafellos a proposta O vendedor de fume. Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu deslumbrante carromato cheo de frascos misteriosos convocará ao publico a través da maxia e a música. Ofertará remedios ás e ós presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices que...

O vindeiro sábado 22 de xullo, ás 23:00 horas, terá lugar na Praza Castelao de Rianxo o concerto do grupo de música tradicional TREIXADURA que presenta o seu novo traballo Ao vivo. Sitio web Treixadura

Do venres 14 ao luns 17 de xullo terán lugar en Rianxo as Festas na honra á Virxe do Carme. Máis información na páxina facebook da asociación.

O Cuartel Vello de Rianxo acollerá do 21 ao 23 de xullo, a X Exposición de Selos e Moedas organizada pola Asociación de Filatélica e Numismática de Rianxo.

Comeza o ciclo NOITES DE CINE do verán cultural coa proxeción do filme "O Apóstolo", no Centro Cultural do Araño. Será o domingo 16 de xullo ás 22:30 horas.

O vindeiro sábado 15 de xullo, ás 19.30 horas,  no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro "Aero-Imágenes Barbanzanas. Aero-Imaxes Barbancesas", de Martín R. Gómez e Teresa Tubío Rodríguez, editado por Andaina S.L.

A Biblioteca Pública Municipal acollerá o vindeiro venres 14 de xullo, ás 20.15 horas, o concerto POETAS Orjais & Mar no que  interpretarán poemas cantados de Xosé María Brea Segade, Faustino Rei Romero, Idea Vilariño, Emilio Pita e Castelao, a partir de materiais do Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. #veráncultural2017 #culturarianxo #concerto #fondolocal...

Do 7 ao 9 de xullo desenvolverase en Rianxo os 13º encontro internacional ZONA DA ZANFONA.

O venres 30 de xuño, ás 21:30 h, na Sala Arcos Moldes - Auditorio de Rianxo, gran retransmisión en directo da Ópera de G. Puccini Madama Butterfly dende o Teatro Real.

Por mor das vacacións do persoal da biblioteca, dende o 22 de xuño ao 8 de xullo, o horario da biblioteca será de martes a venres de 10:00 a 13:00 horas.  

          O seminario que Marcelo Barbosa Alcaraz impartirá os días 23, 24 e 25 de xuño trasládase para os locais do antigo Liceo sito na rúa de Rinlo, non no Cuartel Vello como estaba inicialmente previsto.

O vindeiro sábado 24 de xuño, ás 21.00 horas, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a actuación das agrupacións do Coro Xove e Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia, no marco dos Concertos Itinerantes promovidos pola OSG e a Deputación da Coruña.

O próximo domingo 25 de xuño, ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o grupo Os Fantásticos da Escola de Teatro Airiños representará a súa nova proposta: Iris, aventura espacial. O elenco contará coa colaboración dos/as rapaces/zas da Asociación de Altas Capacidades de Galicia.

Na sala de exposicións do Auditorio poderá visitarse, dende o 20 de xuño ao 22 de xullo, a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» de Afundación, ABANCA e o Concello de Rianxo. O acto de inauguración e unha visita guiada terán lugar o martes 20 de xuño ás 12.00 horas.   Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución...

A Asociación Rock in Rian xunto coa Comisión de Festas de Asados e a colaboración do Concello de Rianxo, organizan o venres 23 de xuño a NOITE MEIGA no Parque Galicia. Máis información na páxina de facebook das Juadalupeñas

Luís Bará achegarase a Rianxo para presentar o seu novo traballo Non des a esquecemento, un libro que contén relatos do xenocidio fascista en Galicia, da resistencia e da solidariedade. A presentación será no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, ás 20.30 horas, do venres 16 de xuño, e ademais da presenza do escritor acompañarao Adolfo Muíños e Raquel García.

O sábado 17 de xuño, ás 19.30 horas, o escritor rianxeiro X. Ricardo Losada presentará no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a súa nova publicación: Bótame deste mar fóra. No acto, ademais do autor do libro, estarán presentes Antón Riveiro Coello, Xosé Manuel Lobato, Pedro García Vidal, Patricia Torrado e Adolfo Muíños. Colabora a Asociación Cultural Barbantia.

O sábado 17 de xuño, ás 21.00 horas, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá o concerto do artista Berlai, no que presentará o seu traballo Desconhecido, que mestura música, narrativa e ilustración. Berlai é o proxecto musical creado por Xiao Berlai, baseado nunha música sen complexos que bebe directamente da tradición galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica. As...

Comeza o mes de xuño e con el a programación cultural do Concello de Rianxo. Poderase ir obtendo máis información nos carteis específicos de cada proposta. Erros no cartel publicado o venres 2 de xuño: - Sábado 10. Auditorio, Sala Arcos Moldes, 20.30 horas. Teatro-circo. Outono por Pistacatro. No cartel anterior poñía ás 21.00 horas. - Domingo 25. Auditorio, Sala Arcos Moldes, 20.00 horas....

Na Biblioteca Municipal Castelao de Rianxo terá lugar, o vindeiro xoves 8 de xuño, ás 18.00 horas, a presentación do libro Os bolechas, unha historia rianxeira de Pepe Carreiro. No acto, ademáis do autor, estarán presentes Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo, e Raquel García, concelleira de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización. Os Bolechas están en Rianxo coa súa amiga Baia,...

O próximo sábado 10 de xuño, a partir das 16.30 horas, terá lugar o II Recital de Poesía Mariñeira Mar de Galiza organizado por Agrelo de Isorna.

Na Sala "Arcos Moldes" do Auditorio de Rianxo, o próximo venres 9 de xuño terá lugar a representación teatral da nova produción do Centro Dramático Galego, Martes de Carnaval, de Ramón María del Valle-Inclán, dirixida por Marta Pazos. A función será ás 21.00 horas, e a idade recomendada é para maiores de 16 anos. Duración: 1 hora 10 minutos (As galas do defunto) + 15 minutos (intervalo) + 1...

A compañía de Novo Circo Galego, PistaCatro Produtora, vén a Rianxo co seu novo espectáculo OUTONO. Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións. Outono é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe...

O colectivo Ondiñas Mainas organiza o MAÍÑO MAIO, un obradoiro de colares e pulseiras con pampillos, que se celebrará o sábado 27 de maio, dende as 17.00 ás 19.00 horas, nos xardíns do parque da Martela.

O 3 de xuño, ás 12.30 h, o Salón de Actos do Auditorio de Rianxo acollerá a charla-coloquio e presentación do libro de Henrique Monteagudo titulado: Carlos Casares, un contador de historias.

O vindeiro venres 26 de maio, ás 20.30 h, terá lugar, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a representación teatral: O último dragón, a cargo de Sarabela Teatro. O dragón da nosa peza non é un dragón común. Trátase do derradeiro da súa especie. Porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso...