Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Páxinas etiquetadas con música times .

O próximo xoves 31 de agosto, ás 19.00 horas, a Banda Xuvenil da Artística de Merza ofreceranos un concerto na praza Rafael Dieste de Rianxo. Este concerto forma parte dunha xira que están a desenvolver por diferentes vilas galegas dentro do marco do Campamento Musical que están realizando.

O vindeiro xoves 24 de agosto, ás 21.00 horas, a praza Rafael Dieste acollerá un concerto a cargo do alumnado e profesorado participantes no campamento musical que se está realizando nos concellos de Barro e Rianxo.

A Biblioteca Pública Municipal acollerá o vindeiro venres 14 de xullo, ás 20.15 horas, o concerto POETAS Orjais & Mar no que  interpretarán poemas cantados de Xosé María Brea Segade, Faustino Rei Romero, Idea Vilariño, Emilio Pita e Castelao, a partir de materiais do Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. #veráncultural2017 #culturarianxo #concerto #fondolocal...

Achégate ao Campo de Arriba de Rianxo o 2 de novembro a partir das 5 da tarde para festexar o Magosto/Samaín organizado pola Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización. Ademáis de castañas asadas, haberá xogos e obradoiros para os nenos/as, postos de artesanía e música tradicional. Todo elo coa colaboración de: Comisión Juadalupeñas de Rianxo, Agrupación Teatral Criaturas, Ondiñas...

Dentro das actividades do X Aniversario, a Escola de Música de Rianxo vai organizar, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha Master Class con Jorge Retamoza. Master Class con Jorge Retamoza DÍA: sábado 9 de xuño HORA: de 16:00 a 19:00 LUGAR: Auditorio de Rianxo Toda a información