Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

“Camiño de Santiago: as etapas do Camiño portugués en Galicia”


BASES DA ORGANIZACIÓN DO
CAMIÑO DE SANTIAGO:
As etapas do Camiño portugués en Galicia”

 

Bases de organización

Ficha de inscrición

 

Artigo 1.- Organización

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza o Camiño de Santiago: as etapas do Camiño portugués en Galicia”, correspondentes ao percorrido do Camiño portugués por terras galegas.

A actividade desenvolverase en 5 etapas, nos meses de marzo a xuño, desde A Fortaleza (Valença do Miño) a Santiago de Compostela.

Artigo 2.- Persoas destinatarias

Maiores de 18 anos; teñen preferencia as persoas residentes en Rianxo.

Artigo 3.- As etapas

  1. Valença do Miño - Mos. 10 de marzo.
  2. Mos - Pontevedra. 7 de abril.
  3. Pontevedra - Caldas de Reis. 21 de abril
  4. Caldas de Reis - Padrón. 5 de maio.
  5. Padrón - Santiago. 2 de xuño.

Artigo 4.- Programa de viaxe

  • Cada etapa terá o seu propio programa, no que se detallarán as cuestións relativas á organización, horarios, normas e desenvolvemento da actividade.

  • O punto de encontro para a saída desde Rianxo establécese na parada de autobuses do paseo da Ribeira.

  • Nas etapas nas que se considere preciso, o autobús sairá despois do xantar.

Artigo 5.- Prezo público

  • O custo da actividade é de 12 € por etapa, que inclúe transporte, monitorado e seguro de accidentes.

  • No caso de que a actividade se suspenda por causas alleas á organización, non se devolverá o importe da inscrición.

Artigo 6.- Prazas

  • Ofértanse 105 prazas.

  • O número mínimo de participantes para que se desenvolva a actividade é de 35.

Artigo 6.1.- Preinscrición e documentación

  • As preinscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes e nos pavillóns municipais ata as 14 h do 2 de marzo.

  • A ficha de inscrición recollerá, ademais dos datos persoais, a data e hora de formalización da mesma, así como a autorización expresa para comprobar no Padrón Municipal o seu lugar de residencia. No caso de non autorizalo, solicitaráselle un volante de empadroamento.

Artigo 6.2.- Adxudicación das prazas

  • A adxudicación da praza farase por orde de inscrición.

  • No caso dun maior número de solicitudes que prazas, terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Rianxo.

  • O 5 de marzo publicarase na web do Concello de Rianxo, e nos taboleiros de anuncios do Servizo de Deportes e dos pavillóns polideportivos, a listaxe de participantes e a listaxe de espera.

  • Despois desa data seguirán admitíndose inscricións que se ordenarán segundo os criterios establecidos nestas bases.

Artigo 6.3.- Pagamento

  • A inscrición non se considerará completa ata o pagamento do cota de inscrición.

  • Unha vez confirmada a praza, deberá facerse o pago da cota antes do xoves 8 de marzo, ás 14 h.

  • No caso de non facerse o pagamento no prazo indicado, chamarase á primeira persoa da lista de espera e así sucesivamente.

  • No caso de non participar na actividade por causas alleas á organización, non se devolverá o importe da inscrición.

Artigo 6.4.- 2ª Etapa e posteriores.

As participantes na etapa anterior terán reservada a praza, debendo facer o pagamento antes das 14 h do martes anterior á etapa correspondente. No caso de non facelo chamaríase ao correspondente na listaxe de espera.

Artigo 6.5.- Listaxe de espera

  • A listaxe de espera configúrase con aquelas persoas que non acadan praza, seguindo a orde de preferencia establecida nestas bases: data e hora de inscrición e residencia en Rianxo.

  • A listaxe é válida para todas as etapas, e non é necesario inscribirse para cada unha delas por separado.

  • A partir da segunda etapa, a listaxe de espera actualizarase tendo en conta a seguinte orde de preferencia:

  1. As participantes en maior número de etapas sen contar a última, e así sucesivamente.

  2. Data e hora de inscrición.
  • Se algunha persoa desexa ser borrada da listaxe de espera deberá comunicalo á organización.

Artigo 7.- Normativa xeral e de seguridade

  • A organización resérvase o dereito de modificar datas ou percorridos, así como aprazar etapas por razóns de necesidades organizativas, de seguridade ou por incidencias meteorolóxicas.

  • No caso de suspenderse unha etapa, trasladarase esa etapa á data da seguinte e así sucesivamente.

  • A organización informará en cada etapa de instalacións onde cambiarse de roupa e ducharse, así como unha relación de locais de hostalería (de ser necesario).

  • Cada participante será a encargada do seu avituallamento, tanto durante o percorrido coma no remate.

  • A organización pon a disposición dos/as participantes que o soliciten unha Compostela que deberán abonar.

  • Non se permitirán animais de compañía.

  • A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

  • Cada proba está cuberta por un seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes, subscritos ambos polo Concello de Rianxo.

  • As persoas participantes deberán circular polo marcado como Camiño de Santiago, considerándose para todos os efectos usuarias normais da vía e deberán respectar as normas de circulación.

Artigo 8.- Dereitos de imaxe, uso de datos e autorizacións

  • As deportistas inscritas comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento.

  • As persoas inscritas declaran estar en bo estado físico e ter pasado os pertinentes recoñecementos de saúde, e deberán facer constar calquera incidencia médica (alerxias, atencións especiais...).

  • Os/as participantes autorizan e aceptan a publicación do seu nome e apelidos, así como a súa imaxe, nos documentos xerados para a xestión da actividade, listaxes de participantes, medios de comunicación e internet para a promoción do deporte.

Artigo 9.- Comunicación

  • A información sobre as prazas publicarase nos taboleiros de anuncios do Servizo de Deportes e Pavillóns Polideportivos, así como na web do Concello de Rianxo.

  • Os programas de etapa difundiranse a través do FB do Servizo de Deportes, do correo electrónico e dunha listaxe de distribución de whatsapp.

  • É responsabilidade das persoas inscritas e/ou participantes a comprobación da admisión na actividade e a realización das reservas, pagamentos e demais accións en debido prazo.

  • A organización, salvo casos excepcionais, non chamará por teléfono ás persoas participantes.