Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Concentración Selección Galega Rugby

A selección galega de Rugby concentrarase o sábado, 22 abril, en Rianxo co obxecto de preparar o Torneo Galeuscat de Rugby a disputar polas seleccións sénior de Galicia, Euskadi e Cataluña.
 
Trátase dunha concentración moi importante, pois dela sairá o combinado definitivo galego.
Coa participación dos mellores xogadores da comunidade.
 
Destaca a presenza de xogadores de varias nacionalidades e de nivel internacional, Nova Zelanda, Tonga, Arxentina, que defenderan as nosas cores, xunto cos xogadores galegos do mais alto nivel, e coa presenza nesta concentracion do secretario do barbanza rugby, Hadrian Otero.
 
A concentración dividirase en duas fases:
 
  1. Pola mañá adestramento conxunto dos seleccionados polo XV do Toxo no campo da Lomba,  Taragoña
  2. Pola tarde partido amigable de preparación no campo de Santa Lucía, Asados entre un Galicia Norte vs Galicia Sur, dirixido polo colexiado Santi Castro.

Programa:

11:00 h. Chegada de xogadores ao Campo da Lomba (Taragoña). 
11:15 a 12:45 h. Adestramento
13:30 h. Xantar
15:30 h. Chegada ao Campo de Santa Lucía.
16:30 h. Partido.
 
 
Seguinte