Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Acto de presentación da II Carreira - Andaina nocturna benéfica Castelo da Lúa

Presentouse a II Carreira-Andaina nocturna benéfica “Castelo da Lúa” que se celebrará o 12 de agosto, a partir das 21:30 h, na Praza de Castelao, coa organización do Concello de Rianxo, Barbantia Roda e Club Atletismo Rianxo.

A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Milagros Rey Pérez, Presidenta da Asociación ÁMBAR das persoas con diversidade funcional, Manuel Gómez, Presidente da S.D. Barbantia Roda e José Navarro, Director Deportivo de dita entidade.

Adolfo Muíños centrou a súa intervención no carácter solidario da proba, xa que o total do recadado coas inscricións e doazóns no DORSAL 0 será a beneficio de AMBAR, co obxecto de axudar ao cumprimento dos seus obxectivos.

Tanto a carreira coma a andaina nocturna teñen un carácter popular e nelas pode participar calquera persoa, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a calquera estado de forma.

Rematou solicitando a participación da veciñanza, visitantes e persoas afeccionadas ao deporte para que sexa unha grande festa deportiva, ao tempo que se axuda a unha boa causa. Pódese colaborar participando na andaina, na carreira ou a través do "dorsal 0", facendo unha doazón polo importe desexado.

Manuel Gómez debullou os detalles da proba: categorías, distancias,... e explicou que se trata dun percorrido moi fácil e bonito que transcorre en grande parte pola beira do mar, desde a Praia da Torre, os restos do Castelo da Lúa, o Paseo Marítimo e o casco vello rianxeiro.

As inscricións poden formalizarse en EMEPORTS.ES ata o xoves 10 de agosto ás 24 h. A carreira ten un custo de inscrición de 5 € e a andaina 3 €, excepto para as nenas e nenos, que é gratuíta. A inscrición é obrigatoria en calquera modalidade, e ademais na andaina poden participar as menores que o desexen, sen límite de idade, coas persoas adultas.

Milagros Rey Pérez, en representación de AMBAR, agradeceu ao Concello de Rianxo e aos coorganizadores a iniciativa e explicou que para a asociación era unha dobre oportunidade xa que, ademais da axuda económica que se obterá, facilítalles a integración na sociedade a persoas con diversidades funcionais, a través da actividade deportiva. Por último, animou a todas as persoas a participar e a correr.