Deportes

- Andaina Nocturna - concelloderianxo

Actualidade

Andaina Nocturna

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para o vindeiro venres ,18 de xullo, unha andaina  que percorrerá as parroquias de Rianxo, Taragoña e Asados.

A actividade vai dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 12 e 18 anos (de 12 a 14 é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto). Partiremos da praza Castelao as 22:30 h.  para completar un percorrido circular de aproximadamente 15 km.  de nivel medio/baixo.

A inscrición será gratuíta e poderá formalizarse nos pavillóns polideportivos e no Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.es).

Mais información e inscricións no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo (981.86.63.81).