Deportes

- Andaina Nocturna - concelloderianxo

Actualidade

Andaina Nocturna

O Servizo de Deportes organiza unha ANDAINA NOCTURNA o vindeiro 19 de xullo. A actividade, dirixida a maiores de 12 anos (de 12 a 14 acompañados por un adulto) dará comezo ás 22:30 h. e o punto de encontro será o Campo de Fútbol Municipal de Vilas, para facer unha ruta circular que percorrerá camiños de Asados, Isorna e Leiro.

As inscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.es) ou nos pavillóns municipais.

Información e recomendacións para a andaina.