Deportes

- Andaina O Rianxo descoñecido, lendas do mar e da terra - concelloderianxo

Actualidade

Andaina O Rianxo descoñecido, lendas do mar e da terra

O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organiza unha andaina para o día 31 de agosto. Denominada "O Rianxo descoñecido, lendas do mar e da terra", partirá de Rianxo ata a Aldea Maldita de Abuín, con paradas no dique de Tanxil, Punta Fincheira e a Praia do Porrón.  Ao longo da andaina iranse explicando historias vinculadas cos lugares que se van percorrendo e que forman parte do noso patrimonio.

Información xeral:

  • HORARIO: Saída ás 10 da mañá no Auditorio de Rianxo. A partir das 9:30 h. recepción de participantes.
  • RUTA: 3 horas aprox., dificultade media-baixa.
  • INSCRICIÓN DE BALDE: Susa (609 818 998), Dolores (638 005 335) ou no Centro Cultural de Leiro.

Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, ademais de auga e algo de froita.