Deportes

- Aprazamento da Andaina en Negro - concelloderianxo

Actualidade

Aprazamento da Andaina en Negro

AVISO IMPORTANTE
O Servizo de Deportes informa do APRAZAMENTO da ANDAINA EN NEGRO contra as violencias de xénero prevista para mañá sábado 23 de novembro.
​​​​​​​A cantidade de choiva caída estes días fan intransitables moitos tramos da senda do Río Té.
​​​​​​​A andaina aprázase para o vindeiro sábado 30 DE NOVEMBRO, e para iso abrimos de novo o prazo de inscrición. As persoas que xa están inscritas non é necesario que o fagan  de novo. Si é preciso que aquelas persoas que non poidan asistir á andaina na nova data proposta nolo comuniquen.
​​​​​​​Desculpade as molestias.