Deportes

- Bolsas para deportistas da Deputación da Coruña - concelloderianxo

Actualidade

Bolsas para deportistas da Deputación da Coruña

A Deputación provincial, no seu labor de promoción e difusión do deporte e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas con talento, especialmente nas etapas de iniciación e de maior cambio corporal, para progresar naqueles deportes que teñan un carácter individual, pertencentes a algunha das disciplinas olímpicas, realiza a presente convocatoria de bolsas co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

Ten a consideración de deporte de “carácter individual” todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados por un ou por dous deportistas como máximo.

O resto da información podese atopar na web da Deputación da Coruña.