Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Camiño de Santiago 2018: adxudicación de prazas e información xeral

Unha vez que rematou o prazo de inscrición (as 14 h do 2 de marzo), rexistráronse un total de 138 solicitudes para as 105 prazas ofertadas nas bases de organización da actividade.

Co obxecto de atender a demanda, o Servizo de Deportes decidiu ampliar o número de prazas, co cal todas as persoas solicitantes teñen praza confirmada para a participar no Camiño de Santiago.

A inscrición non se considerará completa ata o pagamento do prezo público.

No caso detectar algún erro ou omisión na listaxe deberán poñerse en contacto co Servizo de Deportes.

Listaxe de adxudicación de prazas

Instrucións para o pagamento

O prazo para o pagamento remata o vindeiro xoves, 8 de marzo, ás 14 h.

Canles de comunicación

Para darse de alta na lista de distribución de whatsapp é imprescindible gardar no móbil o número do Servizo de Deportes (661 247 136).

Recomendacións para o Camiño

Contacto:

Servizo de Deportes. Praza de Castelao, s/n. Rianxo
981866381 - 661247136
deportes@concelloderianxo.gal