Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

CAMIÑO DE SANTIAGO - ETAPA 2

Informamos dos prazos de confirmación e inscrición na listaxe de reserva para a segunda etapa do Camiño de Santiago, que discorrerá entre Triacastela e Sarria o vindeiro 19 de novembro.

PROCEDEMENTO DE CONFIRMACIÓN ETAPA 2

Os participantes na etapa 1 teñen reserva de praza para a etapa 2. Para confirmar a asistencia deberán facer o pagamento do prezo público entre o luns 7 de novembro e o luns 14 de novembro ás 13 h. e facernos chegar o xustificante de calquera dos seguintes xeitos (no concepto poñer nome e etapa 2):

  1. Entrega no Servizo de Deportes.
  2. Entrega no pavillón polideportivo.
  3. Por correo electrónico a deportes@concelloderianxo.gal.

No caso de non entregar o xustificante antes das 13 h. do luns 14 de novembro, entenderase que renuncian á praza, e procederase a adxudicala aos inscritos na listaxe de espera, se os houbera.

A partir desa data, si quixeran participar na etapa 2 deberían volver a inscribirse, non tendo preferencia e ocupando na lista a orde correspondente por date e hora de inscrición, sendo a data límite o mércores 16 de novembro.

LISTAXE DE RESERVA ETAPA 2

Ábrese un prazo de inscrición na listaxe de reserva por si houbera renuncias (na etapa 1 cubríronse todas as prazas: 113). A adxudicación de prazas, de habelas, faríase a partir do 14 de xaneiro ás 13 h. aplicando os criterios do regulamento e tendo preferencia os empadronados en Rianxo.

O límite para a inscrición e formalizacion do pago é o 16 de novembro, se ben poderían adxudicarse prazas no caso de haber vacantes e sempre seguindo a listaxe de reserva.