Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Camiño de Santiago: O epílogo, de Santiago a Fisterra.

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza “Camiño de Santiago: o epílogo, de Santiago a Fisterra”, coas etapas correspondentes a continuación do  percorrido do Camiño de Santiago ata Fisterra.
A actividade desenvolverase en 4 etapas nos meses de abril a xuño, desde  Santiago de Compostela ata Fisterra.

As etapas

1ª Etapa: Santiago – Piaxe ( Albergue Alto de A Pena)

  • Lonxitude:  29,6 Km
  • Dificultade:  media-alta
  • Duración estimada: 7h 00 min
  • Data prevista:  22 de abril de 2017

2ª Etapa: Piaxe - Olveiroa

  • Lonxitude: 25 Km
  • Dificultade: media-alta
  • Duración estimada: 5h 30 min
  • Data prevista:  6 de maio de 2017

3ª Etapa: Olveiroa - Cee

  • Lonxitude: 20,1 Km
  • Dificultade: media
  • Duración estimada: 4h 40 min
  • Data prevista:  20 de maio de 2017

4ª Etapa: Cee – Faro de Fisterra - Fisterra

  • Lonxitude: 17,8 Km
  • Dificultade: media
  • Duración estimada: 4h 00 min
  • Data prevista:  3 de xuño de 2017

Inscricións

  • A partir do 3 de abril.
  • O custe da actividade é de 12 € por etapa, que inclúe transporte e monitorado.
  • A inscrición rexerase pola seguinte orde de prioridade:
  1. Os participantes na última etapa do Camiño de Santiago
  2. Os participantes en maior número de etapas sen contar a última, e así sucesivamente.
  3. Novas inscricións (censados en Rianxo)
  4. Novas inscricións (non censados en Rianxo)
  • A organización solicitará aos preinscritos un volante de empadroamento, agás aos que xa o presentaron nas etapas realizadas anteriormente.
  • As inscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes e nos pavillóns municipais ata as 14 h. do martes anterior a cada etapa.
  • O pagamento do prezo público  non se fará antes da confirmación da praza.
  • A inscrición non se considerará completa ata o abono do prezo público.
  • Actividade vai dirixida a maiores de 18 anos.
  • O mínimo de inscricións para iniciar a actividade é de 30, sendo 105 o máximo  de prazas dispoñibles.
  • A reserva de novas prazas farase por rigorosa orde de inscrición e respectando a prioridade establecida neste apartado.

Programa de viaxe

Cada etapa terá o seu propio programa, no que se detallarán as cuestións relativas a organización, normas e desenvolvemento da actividade.

O punto de encontro para a saída desde Rianxo establécese na parada de autobuses do Paseo da Ribeira.

Normativa xeral e de seguridade

As datas previstas poden sufrir modificacións en función das necesidades organizativas ou por incidencias meteorolóxicas.  No caso suspenderse unha etapa buscarase unha data axeitada.

Cada usuario/a será o encargado do seu avituallamento tanto no percorrido coma no remate.

Nas etapas nas que se considere preciso, o autobús sairá despois do xantar.

No caso de estar inscrito/a e non participar na actividade por causas alleas a organización, non se devolverá o importe da inscrición.

Non se permitirán animais de compañía.

A organización da proba reservárase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

Regulamento