Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN 2018

A Deputación da Coruña adxudicou 5 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos 2018.

Van dirixidos a nenos e nenas entre 9 e 14 anos, ambas idades incluidas, cumpridos no presente ano 2018. O prazo de inscrición remata o 15 de xuño e celebraranse do 15 ao 20 de xullo nas instalación do Centro Calvo Sotelo ( A Coruña).

INFORMACIÓN XERAL

  • LUGAR: Centro Calvo Sotelo (rúa Archer Milton Huntington, 24 - A Coruña).

  • ALOXAMENTO: Centro Calvo Sotelo (rúa Archer Milton Huntington, 24 - A Coruña).

  • QUENDA DE RIANXO: do 15 de xullo ao 20 de xullo (3ª quenda).

INCORPORACIÓN:
O domingo entre as 18 h. e as 19 h. no Centro Calvo Sotelo.

REGRESO:
O venres seguinte, tralo almorzo.

DESTINATARIOS/AS:

  • Rapazada de 9 a 14 anos, ámbalas dúas idades comprendidas, cumpridas no presente ano 2018.
  • Terán preferencia os rapaces/as que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores.
  • Os/as participantes  teñen que estar empadroados no Concello de Rianxo.

DOCUMENTACIÓN:

  • Ficha de inscrición
  • Foto tipo carné.
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Fotocopia DNI ou libro de familia
  • Copia de aboamento da cota de inscrición (posterior á confirmación de praza por parte do Concello).
  • No suposto de ter tratamento específico ou doenza a ter en conta, xustificante médico. Tamén é importante facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

INSCRICIÓNS:
No teu concello, ata o 15 de xuño de 2018 (realizarase o sorteo no caso de ser preciso, nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición).

COTA DE INSCRICIÓN:
85,00 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez que a persoa interesada obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar “Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2018”, ademais do nome da participante inscrita e concello ó que pertence.

O número de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.

INCLÚE:
Transporte interno, estadía, manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

EQUIPO RECOMENDADO:

  •     Roupa de rúa (pantalóns, camisas).

  •     Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de   
        deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina).

  •     Toallas de aseo.

  •     Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante).

  •     Saco de durmir e lanterna.

  •     Gafas para o sol.

  •     Crema protectora para o sol, factor alto.

  •     Chuvasqueiro.

  •     Mochila pequena.

MATERIAL:
O material propio das actividades deportivas (raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas) entregaráselle a cada participante durante a celebración do campamento.

AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
Actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, así como a práctica doutras actividades
culturais e deportivas.

VELADAS NOCTURNAS:
Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio
de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais.

ACTIVIDADES CULTURAIS:
Visita a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.