Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Campaña de Esquí - Deputación Coruña da

O Concello de Rianxo participa un ano mais na "CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017", organizada pola Deputación da Coruña. Nesta edición a estancia e manutención desenvolverase en aloxamentos ubicados na  Estación Invernal de Leitariegos.

A Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas e a quenda que lle corresponde é a 3ª, dende o 12/03/2017 ao 17/03/2017. As inscricións poderán facerse no Servizo de Deportes, con data límite o 23/01/2017. Ademais da ficha de inscrición deberán entregar unha foto tipo carné, fotocopia da tarxeta sanitaria e fotocopia do DNI ou do Libro de familia (o pagamento non se ferá efectivo ata a confirmación da praza).

As viaxes terán un custe de 95 euros e inclúen transporte, estadía de cinco días en Leitariegos, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. O transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta está incluido na oferta; os puntos da comarca onde terá lugar a recollida notificarase con abonda anticipación.

A actividade vai dirixida a rapaces/zas nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006.

TERÁN PREFERENCIA OS/AS RAPACES/ZAS QUE NON FORAN A NINGUNHA CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN. No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público ante a Secretaria do Concello para adxudicar as mesmas.

Tríptico Informativo

A estación invernal de Leitariegos sitúase no noroeste da provincia de León, na comarca de Laciana, nun excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias, e conta con 10 pistas balizadas de distintos niveis (5 vermellas, 4 azuis e unha verde) e un snowpark, así como unha escola na que se ofrecen clases de esquí e snwoboard.