Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

CAMPAÑA DE INVERNO 2018 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

AVISO IMPORTANTE
Detectouse un erro no prazo de inscrición publicado anteriormente, polo que agora informamos que a nova data límite de presentación de inscricións é o LUNS 29 DE XANEIRO, ÁS 12 H, NO SERVIZO DE DEPORTES (tamén poderán enviarse nese prazo ao correo deportes@concelloderianxo.gal).
 
O sorteo das prazas farase o mesmo luns, 29 de xaneiro, ás 13 h na Casa do Concello.

 

O Concello de Rianxo participa un ano máis na "CAMPAÑA DE INVERNO", organizada pola Deputación da Coruña e que nesta edición se desenvolverá na estacion invernal de Cabeza de Manzaneda.

A Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas na 4ª quenda, do 02/03/2018 ao 5/03/2018.

Incorporación e regreso
Sairán o venres 2 de marzo pola mañá (horarios e paradas por determinar) e volverán o luns 5 despois do xantar.

Destinatarias
Nenos e nenas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.

Cota de inscrición
A cota é de 85 € que se aboará unha vez confirmada a praza e inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Información e inscricións
No Servizo de Deportes ata o 16 de febreiro ás 14 h.
Ademais da ficha de inscrición deberán entregar unha foto tipo carné, fotocopia da tarxeta sanitaria e fotocopia do DNI ou do Libro de familia (o pagamento non se ferá efectivo ata a confirmación da praza).

Ademais, no caso de tratamentos ou doenzas que teñan que ser tidos en conta, certificado médico (de igual xeito no caso de medicación específcia ou alerxia alimentaria ou doutro tipo).

TERÁN PREFERENCIA OS/AS RAPACES/ZAS QUE NON FORAN A NINGUNHA CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN. No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público ante a Secretaria do Concello para adxudicar as mesmas.

Tríptico informativo

Ficha de inscrición