Deportes

- Campionato de Fútbol Praia - concelloderianxo

Actualidade

Campionato de Fútbol Praia

A Asociación Terra e Mar, organizadora das Festas do Verán de Taragoña, en colaboración co Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, organiza unha nova edición do CAMPIONATO DE FÚTBOL PRAIA.

A competición celebrarase os días 18 e 19 de xullo na Praia da Torre (Taragoña) e vai dirixida a maiores de 14 anos, nunha única categoría.

A inscrición ten un custe de 10 € e pode formalizarse nos pavillóns polideportivos de Rianxo e Taragoña, así coma no correo deportes@concelloderianxo.es