Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

CLUB TRÍATLON CONCELLO DE RIANXO

O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal veñen de chegar a un acordo para ofrecer, na tempada de inverno 2017-18, a Escola Municipal de Tríatlon. Despois do éxito das propostas feitas nos veráns de 2016 e 2017, o obxectivo é dar continuidade durante todo o ano a esta modalidade deportiva.

A actividade denominarase Club Tríatlon Rianxo e as condicións de participación son as seguintes:

Calendario
De outubro a maio, ambos inclusive.

Instalacións
Cardio express-carreira e natación: Piscina Municipal
Ciclismo: pendente de determinar

Club Tríatlon Júnior
Grupo mínimo: 5 e o máximo de 12. Se non se acada ese número non se desenvolverá a actividade.

  • Idades

Nados entre 2010 e 2003 (ambos inclusive)

  • Horarios
    • Carreira-forza: mércores e venres de 18 a 18:45 h.
    • Natación: mércores e venres de18:45 a 19:30 h.
    • Ciclismo: * pendente de determinar.  Garántese un mínimo de 12 sesións na tempada en función das condicións climatolóxicas. Avisarase coa suficiente antelación.

Club Tríatlon Sénior

  • Idades

Nados en 2003 e anteriores.

  • Servizos
    • Reserva de canle de nado (luns a venres) nos seguintes horarios:
      • 7:45 a 9 h.
      • 11:30 a 12:45 h.
      • 15:45 h. - 17 h.
      • 21 a 22:15 h.
    • Programa de adestramento individual (bimensual) en auga.
    • Traballo muscular e preventivo.
    • Adestramento grupal con  monitor (horario para acordar).

Taxa
Club Júnior:         32,20 €  (inscrición no Servizo de Deportes).
Club Sénior:         Exclusivo para abonadosda piscina. Tramitación na instalación.

Información e inscricións
Servizo de Deportes (Club júnior)
Piscina Municipal (Club sénior)