Deportes

- Competicións Deportivas Guadalupe - concelloderianxo

Actualidade

Competicións Deportivas Guadalupe

O Servizo de Deportes organiza as XXIII Competicións Deportivas Guadalupe, que se celebrarán do 5 ao 12 de setembro, na semana previa ao incio das festas.

Esta actividade pretende ser un prólogo deportivo e recreativo á festa, predominando o compoñente lúdico das competicións e nas que poden participar persoas de todas as idades.

Modalidades Deportivas

  • Fútbol Sala
  • Badminton
  • Tenis
  • Voleibol 3x3
  • Tenis de Mesa
  • Petanca
  • Chave
  • Fútbol 3x3
  • Baloncesto 3x3

Categorías

  • FÚTBOL SALA: xuvenís (94, 95 e 96), cadetes (97 e 98), infantís (99 e 00) e benxamíns (03 e 04)
  • OUTROS DEPORTES: Maiores (1998 e anteriores) e Menores (1999 e posteriores).

Información e inscricións

Ata o 2 de setembro no pavillón polideportivo ou no Servizo de Deportes.