Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Comunicado por alerta laranxa - 22 de novembro

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, o mércores 22 de novembro de 2017 a partir das 9 horas (aproximadamente), por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña.

Ante a devandita situación de risco, o Servizo de Deportes comunica que:

1. Alerta laranxa, de 16 a 21 h.

  • Suspéndense as actividades dirixidas a menores de idade que se desenvolvan nas instalacións deportivas municipais ao aire libre (campos de fútbol da Lomba e de Vilas).
     
  • Recoméndase aos clubs que, sen usar instalacións municipais desenvolven as súas actividades ao aire libre, extremen as precaucións ante esta situación de risco.


2. Alerta amarela, a partir das 21 h.

Tendo en conta que a partir das 21 h o nivel de alerta descende a amarelo, os clubs poderán, baixo a súa responsabilidade, adoptar as decisións que estimen oportunas no relativo ás actividades de deportistas maiores de idade que se desenvolvan a partir de dita hora.

Información actualizada en 112galicia.org/es

 

Seguinte