Deportes

- Curso de Autodefensa para mulleres - concelloderianxo

Actualidade

Curso de Autodefensa para mulleres

O club Kenpo Rianxo, en colaboración co Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e co club Compostela kenpo, organiza un curso de autodefensa para mulleres.

O curso é gratuíto e vaise a desenvolver o vindeiro sábado 23 de novembro no Pavillón Municipal de Rianxo desde as 11:30 h ata as 13:30 h. Será impartido por Eloi Rodríguez Castaño, Cinturón Negro SHODAN FU SHI KENPO.

O curso vai destinado a mulleres de 16 anos en diante e a data límite para inscribirse é o 20 de novembro. É necesario que se inscriban un mínimo de 8 mulleres para que o curso se leve a cabo.

Información e inscricións no Servizo de Deportes ou nos pavillóns polideportivos.