Data de publicación 23/07/18 9:30
O venres, 27 de xullo, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais, artes marciais, rugby, actividades de fitness...
Na actividade colaborará a Piscina Municipal de Rianxo, o Club Baloncesto Rianxo, o Club de artes Marciais e Deportes de Combate de Rianxo, así como o Barbanza Rugby Club.
As inscricións son de balde e faranse na Praza de Castelao no momento da actividade.
