Data de publicación 21/06/16 10:23
Unha das novidades do Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2016 é a Escola de Tríatlon, dirixida a nenos/as nados entre o 2000 e o 2009, ambos inclusive.
O tríatlon é un deporte que combina tres modalidades: natación, ciclismo e carreira a pé. Na escola, dun xeito ameno e divertido, practicaranse as tres disciplinas de xeito alternativo e conxunto, para que os participantes teñan un coñecemento do Tríatlon como un deporte e non como tres independentes.
Necesidades
- Saber nadar e montar en bicicleta.
- Material para a Natación: bañador, gorro, gafas.
- Material para a bicicleta: ter bici propia e casco, vale calquer bicicleta.
- Material para a carreira a pé: zapatillas e roupa axeitada para correr.
- Bidón de auga.
Instalacións
- Piscina Municipal: natación
- Pistas Polideportivas do Colexio Castelao: carreira
- Aparcadoiro do IES Félix Muriel: bicicleta
Sesións e horarios
- Martes e xoves:
- 11:30 a 12:30: carreira
- 12:30 a 13:30: natación
- Venres:
Organiza
