Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

II DEPOR CAMPUS RIANXO

O xoves 21 de abril presentouse o II Depor Campus de Fútbol, organizado polo R.C. Deportivo da Coruña en colaboración co C.D. Unión e o Concello de Rianxo, e que se celebrará en Rianxo do 18 ao 22 de xullo.

A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deportes, Samir Sami Mátar, Presidente do CD Unión, e os representantes do R.C Deportivo da Coruña José Barcala, Director Área de Metodoloxía e Planificación e Pablo Barros, coordinador do Campus.

Adolfo Muíños comentou que “Rianxo está encantado de acoller esta nova edición do Depor Campus e mostrouse seguro de que os futbolistas rianxeiros disfrutarán e aprenderán todos os segredos do fútbol co grande equipos de adestradores que o Deportivo poñerá á súa disposición”.

Pola banda do R.C.D. Deportivo interveu José Barcala, que quixo “agradecer moi especialmente ao C.D. Unión e ao Concello de Rianxo a súa estreita colaboración na organización” xa que “estes eventos sociais e deportivos non serían posible se non se basean nunha estreita colaboración entre todas as partes. A nosa misión é facer dos Depor Campus un espazo de inclusión, recreación, aprendizaxe e convivencia entre nenos e nenas que comparten paixón polo fútbol. No R.C.D. Deportivo tomámonos moi en serio a organización destes eventos; en primeiro lugar porque queremos que todos os participantes disfruten dunha experiencia agradable e enriquecedora e, en segundo lugar, porque sabemos que son unha excelente vía para facer deportivismo”.

Xusto Ordóñez quixo recoñecer ao C.D. Unión o “seu compromiso co Deporte Base e a canteira, valores que fan medrar e engrandecer un club deportivamente e socialmente”. Tamén agradeceu ao R.C.D. da Coruña “a confianza posta en Rianxo para organizar esta segunda edición do Depor Campus, que, estou seguro, será un éxito de participación ao igual que na primeira edición”.

Samir Sami Matar, Presidente do C.D. Unión agradeceu “enormemente a confianza que o R.C.D. Deportivo depositou no C.D. Unión para co-organizar e elixir Rianxo coma unha das seis sedes que o campus te por toda Galicia”. Tamén eloxiou o compromiso e colaboración do Concello e o seu Servizo de Deportes para que todo saia ben”.

II DEPOR CAMPUS RIANXO

O campus, ó único que o Deportivo impartirá na nosa comarca e un dos seis que fará fora da súa sede en Abegondo, vai dirixido a nenos/as con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, e celebrarase no Campo Municipal de Vilas (Asados) do 18 ao 22 de xullo en horario de 10 a 14 h.

O Campus contará con persoal técnico de R.C. Deportivo da Coruña.

Tarifas e prazas

O número de prazas e de 80.

O prezo do campus é de 120 €, e aplicarase un desconto de 20 € nos seguintes casos (os descontos non son acumulables):

  • Participantes pertencentes ao CD Unión.

  • Participantes pertencentes ao CCD Taragoña.

  • Familias con dous membros en paro.

  • Familias que inscriban mais dun fillo (aplicarase o desconto para cada un deles).

  • Socios e accionistas do Real Club Deportivo.

Inclúe:

  • Seguro de accidentes deportivos.

  • Equipamento deportivo composto de camiseta, pantalón e medias.

  • Almorzo (Fruta e zume).

  • Diplomas.

  • Sorteo de agasallos.

  • A visita dun dos xogadores do R.C.Deportivo durante o Campus. (* Sempre dependendo dos compromisos dos xogadores do primeiro plantel”

Información e Inscricións

C.D. Unión, no Campo de Fútbol de Vilas.

Coordinador: Julio (630 315 88)

Presidente: Samir (630 146 448)

campusrianxo@canaldeportivo.com

Tamén se poderá dar información e inscribir aos participantes no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.