Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

III Carreira - Andaina Nocturna Benéfica Castelo da Lúa

O Concello de Rianxo, Barbantia Roda e o Club Atletismo Rianxo organizan a III Carreira-Andaina nocturna benéfica “Castelo da Lúa”, que terá lugar o 11 de Agosto de 2018, a partir das 21:30 h, na Praza de Castelao.

Tanto a carreira coma a andaina nocturna teñen carácter popular, e nelas poderá participar calquera persoa, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a calquera estado de forma física. Así, pretendemos que sexa unha grande festa deportiva para a veciñanza, turistas e persoas afeccionadas ao deporte.

Nesta terceira edición, a proba organízase a beneficio da Asociación Benéfico Social Callejeros Barbanza, onde o 100% do recadado será destinado para tal fin. Necesitamos do voso apoio e participación para que poidan seguir co seu labor.

Pódese colaborar participando na andaina, na carreira ou a través do "dorsal 0", facendo unha doazón polo importe desexado.

Información xeral

Aquí pódese atopar a información principal da proba. Para ampliala pode consultar o regulamento completo da proba ou acudir ao Servizo Municipal de Deportes.

Bases reguladoras da III Carreira - Andaina Nocturna Benéfica Castelo da Lúa

Percorrido da carreira

Percorrido da carreira menores

Percorrido da andaina

Inscricións e prezo

Carreira
Inscrición en liña, ata o xoves 9 de agosto de 2018, ás 24:00 h. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo ou con datos incompletos.

5 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos.
Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.

Andaina
Inscrición en  liña, ata o xoves 9 de agosto de 2018 ás 24:00 h.
Presencial:  na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.

É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para a andaina, agás as nenas e nenos que xa participaran na carreira, que utilizarán o mesmo dorsal.

5 € para as nadas en 2000 e anteriores (inclúe o dorsal da adulta e os dorsais precisos para as menores acompañantes que non participaran na carreira).
Gratuíto para as nadas en 2001 e posteriores (acompañados dunha persoa adulta con dorsal).

Dorsal 0 (Solidario): doazón da cantidade desexada a través da pasarela de pago ata o 9 de agosto de 2018 ás 24:00 h, ou na Praza de Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba. Non dá dereito a dorsal.

Límite de prazas:

  • 500 inscricións na  categoría absoluta da carreira (xuvenís e posteriores).
  • A andaina non ten límite de prazas.

Categorías

            Carreira

  • Xoubas 2013-2014-2015. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.

  • Sardiñas 2011-2012.

  • Benxamín (sub 10) 2009-2010.

  • Alevín (sub 12) 2007-2008.

  • Infantil (sub 14) 2005-2006.

  • Cadete (sub 16) 2003-2004.

  • Xuvenil (sub 18) 2001-2002.

  • Júnior (sub 20) 1999-2000.

  • Promesa (sub 23) 1996-1997-1998.

  • Sénior 1984-1995.

  • Veterano/a 1 1978-1983.

  • Veterano/a 2 1969-1977.

  • Veterano/a 3 1959- 1968.

  • Veterano/a 4 1958 e anteriores.

Andaina: todas as idades nunha única saída.

 

Distancias e horarios

Categoría

Distancia

Horario

Percorrido

Nº voltas

Xoubas

100 m

21:30 h

Amarelo – 100 m

1

Sardiñas

750 m

21:45 h

Verde – 750 m

1

Benxamín

750 m

21:55 h

Verde – 750 m

1

Alevín

1.500 m

22:05 h

Verde – 750 m

2

Infantil

1.500 m

22:15 h

Verde – 750 m

2

Cadete

6.500 m

22:30 h

Vermello

1

Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior e Veteranos

6.500 m

22:30 h

Vermello

1

Andaina

Categoría

Distancia

Horario

Percorrido

Nº voltas

Todas

4.500 m

22:30 h

Branco

1