Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

III Trail subida ao Pico Muralla "Concello de Rianxo"

Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, e Jose Navarro, director deportivo da Asociación Barbantia Roda, presentaron o III Trail subida ao Pico Muralla "Concello de Rianxo", que se celebrará o vindeiro 10 de xuño.

Este ano, como novidade, ademais do trail organízase unha andaina que discorre polo mesmo percorrido que a carreira.

Adolfo Muíños explicou que os obxectivos desta proposta son promover esta modalidade deportiva e fomentar hábitos de vida saudables, ademais de promocionar Rianxo a nivel turístico e deportivo. Destacou a beleza do percorrido, que discorre en gran parte polo curso do río Té, e remata no Pico Muralla, cunhas excepcionais vistas de Rianxo e da ría de Arousa. Rematou agradecendo a iniciativa de Barbantia Roda e seu traballo en prol do desenvolvemento do deporte.

Jose Navarro explicou os aspectos técnicos da proba, que se detallan no seu regulamento.

A proba celebrarase o 10 de xuño de 2018, domingo, e a saída da categoría absoluta será ás 10:30 h. A distancia é de 15 km cun desnivel acumulado de 671 m.

Inscricións

Ata o xoves, 7 de xuño, nas seguintes ligazóns de Emesports:

Participación e categorías

Poderán participar todas aquelas persoas que así o desexen, e para poder optar a algún dos premios será condición indispensable ter rematado a carreira.

As categorías do Trail serán as seguintes (teranse en conta os anos cumpridos o día da proba):

  • Sénior masculino e feminina: 18-40 anos.
  • Veteranos/as 1: 41-55 anos
  • Veteranos/as 2: 56 e maiores.

Andaina: Categoría única (ver Anexo) non competitiva.

Regulamento