Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

IV Torneo Fútbol Base - Memorial Abel

Esta fin de semana celébrase no Campo de Fútbol Municipal de Vilas o IV Torneo de Fútbol Base - Memorial Abel, organizado polo Club Deportivo Unión coa colaboración do Concello de Rianxo e no que participarán, ademais de equipos de toda a comarca, o R.C. Celta de Vigo, o R.C. Deportivo da Coruña, o Villareal C.F., o Rayo Vallecano, o Porto C.F., C.D. Lugo...

A competición está apadriñada por Adrián Armental, xogador do Coruxo C.F. e desenvolverase nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Será o sábado e o domingo de 9 a 21 h. As entradas teñen un custe de 3 € para un día e de 5 € o abono para os dos días.

#deportesrianxo #torneoebo #rianxo #cdunion