Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Masterclass de Iván Raña en Rianxo

A Piscina Municipal de Rianxo organiza este venres unha clase maxistral a cargo do triatleta Iván Raña, que se desenvolverá na pPraia de Tanxil a partir das 19 h.

É todo un luxo ter en Rianxo a un dos grandes deportistas galegos, que nos falará de distintos detalles sobre a súa preparación: a técnica, o adestramento, a superación dos retos ou a perseveranza como medio para acadar metas. Esta masteclass incluirá:

  • Charlas técnicas de nado, carreira e bicicleta.
  • Práctica técnica de nado e carreira.
  • Carreira Junior e sénior.

As persoas abonadas á piscina poderán participar de balde, e as non abonadas deberán pagar 5 €. Información e inscricións na Piscina Municipal.