Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

O Barbanza Rugby Club estrease no Campo de Santa Lucía

O sábado, 14 de xaneiro, ás 16 h., o Barbanza Rugby Club debutará como local nun encontro da 2ª División da Liga Galega de Rugby. Será un día moi especial para o deporte rianxeiro por moitos motivos, entre os que destacamos a celebración do primeiro partido oficial de rugby en Rianxo, a posta de largo do proxecto do Barbanza Rugby Club, que estableceu a súa sede en Rianxo e xa é un mais dos clubs que traballan arreo polo deporte rianxeiro, e a recuperación do Campo de Santa Lucía en Asados, que levaba seis anos sen acoller actividades e que, co esforzo do club, do Concello de Rianxo e da Comunidade de Montes en Man Común de Asados xa está preparado para funcionar de novo.