Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

O Camiño de Santiago: a Vía da Prata

NOTA INFORMATIVA 7 MARZO

Asunto: programa etapa 2, Ourense - Cea (Sábado, 9 de febreiro)

Programa Etapa 2

NOTA INFORMATIVA 6 FEBREIRO

Asunto: programa etapa 1, Allariz - Ourense

 

Publícase o programa da etapa 1. En breve publicarase o track do percorrido e o perfil da etapa.

 

Programa Etapa 1

 

NOTA INFORMATIVA 25 XANEIRO

Asunto: actualización bases e procedemento de pagamento

 

Informamos que se modificaron os apartados 6.3 e 6.4 das Bases de organización co obxecto de aclarar o sistema de pago e os prazos para cada etapa.

Publicamos procedemento de pagamento as prazas actualizadas a 25 de xaneiro.

Bases actualizadas Camiño de Santiago 2019.

Nota informativa pagamento etapas.

Prazas actualizadas a 25 de xaneiro.

 

NOTA INFORMATIVA 24 XANEIRO

Asunto: emenda de erros en informe de inscricións no Camiño de Santiago 2019.

 

Con data 22 de xaneiro publicouse informe relativo ás inscricións presentadas. Detectadas fichas duplicadas, publícase corrixida a relación de participantes con praza (132).

Asemade, tendo en conta que se ampliaron as prazas, engádense as solicitudes de inscrición recibidas ata as 10 h. do 24 de xaneiro (5).

O prazo de inscrición continúa aberto, segundo o establecido no artigo 6.2 das bases.

Listaxe de prazas adxudicadas (24/01/2019).

 

NOTA INFORMATIVA 22 DE XANEIRO

Asunto: Inscricións Camiño de Santiago 2019.

Ás 14 h. do 21 de xaneiro de 2019 pechouse o prazo de solicitude de participación na actividade Camiño de Santiago 2019: a vía da Prata, regulada polas Bases de Organización aprobadas na X.G.L. de 15 de xaneiro.

No Servizo de Deportes recolléronse un total de 134 solicitudes, o que excede as 105 prazas que se ofertaron.

Conforme ao artigo 6, a organización decidiu incrementar o número de prazas, co cal todas as persoas solicitantes en prazo teñen praza adxudicada para participar na actividade.

Durante o prazo de inscrición produciuse unha incidencia informática coa base de datos. Se algunha persoa que fixo a solicitude non aparece na listaxe deberá poñerse en contacto co Servizo de Deportes á maior brevidade posible.

De momento non é necesario facer ningún trámite. En canto estean preparadas as cartas pagamento poñeremos en contacto coas persoas participantes.

Listaxe de prazas adxudicadas (22/01/2019).

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza “Camiño de Santiago: a Vía da Prata”, que se corresponde ao percorrido do Camiño de Santiago por terras galegas.

A actividade desenvolverase en 6 etapas, nos meses de febreiro a xuño, desde Allariz ata Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición xa está aberto, e remata o 21 de xaneiro ás 14 h.

As inscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes, nos Pavillóns Polideportivos ou ben a través do correo electrónico deportes@concelloderianxo.gal facilitando os seguintes datos: nome e apelidos, data nacemento, dirección postal, teléfono de contacto e DNI.

Máis información no seguinte link:

Bases da organización Camiño de Santiago: a Vía da Prata