Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Rugby: O ex All Black Norman Maxwell dirixe un adestramento do Barbanza Rugby Club

O sábado 20 de agosto, de 12 a 14 h., no Campo Municipal da Lomba,  levarán o adestramento do Barbanza Rugby Club e das súas Escolas Deportivas o actual adestrador do Vigo RC., o antigo ALL BLACK NORMAN MAXWELL, o seu 8 estrela o internacional Tongano, xogador de Vigo RC e da selección galega, MAKA TATAFUURUBURU, xogador de Vigo RC e xogador da selección galega, e SITO MOURE, ex de Barbanza R.C., CRAT Coruña, internacional junior con España e xogador de Vigo RC e da selección galega.


Norman Michael Clifford Maxwell (nado o 5 de marzo de 1976 en Rawene , Nueva Zelanda ) é un ex-xogador da selección de Nueva Zelanda de rugby. A súa posición habitual é de peche . Mide 1,98 metros de alto e  pesa 106 kg. Xogou para Canterbury no NPC e tamén representou aos cruzados na competición do  Súper 12  de rugby. Entrou na selección cando xogaba aínda na escola secundaria en 1994, despois representou a Nova Zelanda no Sub-19 en 1995 e xogou para os potros en 1996 y 1997. , Xuntouse á Nueva Zelanda Maorí no 1997-98. Gañou o premio ao xogador maorí mais destacado en 1999. Debutou cos All Blacks o  18 de xuño de 1999, xogando contra Samoa . Tamén xogou para os bárbarians do Reino Unido contra Sudáfrica, desde entón xogou 36 probas para los All Blacks, sendo o seu último partido oficial contra Francia el 27 de noviembre de 2004.