Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Presentación do Santiago Futsal - Burela FS

Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Ramón García, Presidente do Santiago Futsal, presentaron o partido amigable de fútbol sala que disputarán o Santiago Futsal e o Burela FS Pescados Rubén en Rianxo o vindeiro 6 de outubro.

Adolfo Muíños agradeceu a confizanza que, unha vez mais, depositou o Santiago Futsal en Rianxo para organizar este partido, no que se presentará a plantilla do club para a tempada 2016/17. Destacou ademais o nivel do partido, que enfrontará ós dous equipos galegos de maior nivel neste deporte, que son un referene en Galicia, e que compiten na LNFS.

Ramón García mostrouse encantado de xogar en Rianxo, que sempre acolle ben ao Santiago Futsal, e agradeceu ao Alcalde a colaboración prestada para organizar este evento. Indicou que haberá unha campaña especial de captación de socios para ois rianxeiros e barbazáns que se acheguen a ver o partido.

Remataron invitando á xente a participar deste partido. A entrada é a 5 € e xa se pode adquirir nos pavillóns e no Servizo de Deportes.