Deportes

- Torneo de Fútbol Base - II Memorial Ebo - concelloderianxo

Actualidade

Torneo de Fútbol Base - II Memorial Ebo

O C.D. Unión organiza a segunda edición do Torneo de Fútbol Base - II Memorial Ebo, dirixido ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín. O torneo desenvolverase os días 24 e 25 de maio no Campo de Fútbol Municipal en Vilas (Asados) e está confirmada a participación de 40 equipos que traerán a preto de 500 deportistas. Ademais dos partidos, haberá actividades complementarias como inchables, tren turístico... para que deportistas e acompañantes pasen dúas divertidas xornadas.

Calendario e horarios partidos

Nota: Detectouse un erro no calendario de horario e partidos. O documento correcto está dispoñible para descarga desde o martes, 20 de maio, ás 10:30 h. Calquera descarga anterior non serve. Desculpen as molestias.