Deportes

- V Slálom Concello de Rianxo - concelloderianxo

Actualidade

V Slálom Concello de Rianxo

O sábado 7 de setembro celebrarase a 5ª edición do Slálom Concello de Rianxo.

A proba está organizada pola Escudería Rallyactividad Competición, conta coa colaboración do Concello de Rianxo e desenvolverase no Polígono Industrial de Té entre as 12:30 e as 18:30 h. A proba é de carácter nacional e será puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom.

Admitiranse vehículos da agrupación I á VI e poderán participar toda clase de vehículos de turismo, con carrocería cerrada ou teito duro, dun mínimo de dúas prazas e que estean homologados.

Horarios:

09.00 h: Verificacións técnicas, na Praza Castelao.

11.30 h:  Publicación da listaxe de persoas autorizadas para tomar a saída.

12.30 h: A continuación, saídas dos adestramentos libres e oficiais.

15.30 h: Saída da 1ª manga oficial.

A continuación: Saída da 2ª manga oficial.

18.30 h: Entrega de premios.

Premios:

  1.    320 €
  2.    220 €
  3.    120 €
  4.    100 €
  5.    90 €
  6.    80 €