Deportes

Deportes - concelloderianxo

Actualidade

A Sociedade deportiva Barbantia Roda, coa colaboración do Concello de Rianxo, organizan a Andaina Santa Compaña 2018, que se celebrará o 7 de xullo ás 22:30 horas. Convidámosvos a unha andaina nocturna "espiritual"... na que o ano pasado participaron mais de 400 persoas Punto de encontro: Campo Maneiro. Distancia: 8 km Material: lanterna ou farol. Hora de inicio: 22:30 h. Información,...

Rianxo vai ser unha das sedes, xunto co resto de Concellos de Arousa Norte, do Campionato de España de Voleibol na categoría infantil masculina. A competición, que xunta aos mellores equipos da canteira nacional, celébrase do mércores 16 ao domingo 27 entre A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira e contará con tres equipos galegos, Emevé, Santa María del Mar e Jealsa Boiro. O Pavillón...

O Servizo de Deportes informa que: O mércores 16 e o venres 18 de maio, co motivo da celebración do Campionato de España de Voleibol Infantil, non haberá Actividades Deportivas Municipais no Pavillón de Rianxo.   O martes 22 de maio, co motivo da festividade de Santa Rita, patroa dos traballadores da administración local, non haberá Actividades Deportivas e os pavillóns polideportivos...

O Concello de Rianxo presentou o ciclo de cursos de RCP e desfibrilación semiautomática dirixido ao persoal municipal e que se van a desenvolver os meses de maio e xuño. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Eduardo Ces, o Técnico en Emerxencias sanitarias que impartirá os cursos. Adolfo Muíños explicou que esta formación está vinculada á adquisición por parte do...

Xa temos nova data para o III Trail Subida ao Pico Muralla - Concello de Rianxo, organizada polo Servizo de Deportes e Barbantia Roda. A proba celebrarase o 25 de xullo de 2018, mércores, e a saída da categoría absoluta será ás 10:30 h. A distancia é de 15 km cun desnivel acumulado de 671 m. Inscricións Ata o domingo, 22 de xullo, nas seguintes ligazóns de Emesports: Andaina - 3 € Trail...

Presentouse na Casa do Concello de Rianxo o CURSO CAFD DE SOCORRISMO en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas, organizado pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, coa colaboración do Servizo de Deportes e da Piscina Municipal de Rianxo. A presentación correu a cargo de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Óscar Rial, director da Piscina Municipal de Rianxo, e Ramón...

Rianxo vai ser sede dun Curso CAFD Socorrismo en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas, organizado pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, coa colaboración do Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo. O curso ten unha duración de 535 horas formativas, cada un, repartidas como segue: 100 h. formativas, 160 h. prácticas a realizar nun centro de libre...

O 5 de maio disputarase en Rianxo unha xornada da Liga Galega de Grappling. Trátase dun Open,  aberto a todos os clubs e para todas as categorías, organizado polos clubs Club de Loita do Morrazo e  Artes Marciais Mixtas MMA Rianxo. Pola mañá serán as pesaxes e os preparativos no pavillón. O horario no que pode asistir o público é a partir das 14:30 h: Deporte Base: 16 h ...

O sábado 5 de maio desenvólvese a terceira etapa do Camiño de Santiago: as etapas do Camiño portugués en Galicia, entre Pontevedra e Caldas de Reis (23 km). Programa da etapa Plano de aparcadoiros e duchas Track      

A Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, organiza a “XIX Subida ao Castro Barbudo”  en bicicleta de montaña e, simultaneamente, unha andaina que se celebrarán o domingo 27 de maio de 2018,  con saída no lugar de Campo de Pasos e chegada na Área Recreativa de Campo Maneiro, Taragoña. A saída darase ás 09:00 horas. O prezo da...

O Servizo de Deportes informa que o vindeiro luns, 30 de abril, non haberá Actividades Deportivas Municipais para Nenos/as. O resto de actividades desenvolveranse no horario habitual.  

O 14 e 15 de abril celebrarase no Porto de Rianxo a Regata de Bateis Territorial Norte, organizada polo Club de Remo Rianxo. As xornadas clasificatorias disputaranse o sábado a partir das 17 h, e as finais serán o domingo a partir das 11:30 h.

O Pavillón Municipal de Rianxo vai acoller este sábado, 14 de abril, o Campionato Galego de Voleibol na categoría sénior masculina. O Club Voleibol Rianxo, despois de acadar o terceiro posto na liga regular, vai pelexar por un posto no máis alto do podio. Os horarios son os seguintes: 10 h. Semifinal 1 Casa y Baño Oleiros - Asesores Vila Castro Ourense.   12 h. Semifinal 2 ...

O domingo 8 de abril disputarase o III Trail Castro Barbudo, a proba que pecha o circuíto Revolutrion Trail Series Arousa Norte 2018. A presentación do evento tivo lugar na Casa do Concello e participaron Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, e Eduardo Iglesias, de Arousa Neo, organizador da proba. Adolfo Muíños falou da aposta decidida dos concellos e da mancomunidade Arousa Norte polas probas...

Presentáronse na Casa do Concello as I Xornadas de Actividade Física e Deporte, organizadas polo Seminario Galego de Deporte Base coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes e da Piscina Municipal de Rianxo. As xornadas desenvolveranse na Piscina Municipal de Rianxo nos meses de abril, maio e xuño, e abordaranse temas de nutrición, primeiros auxilios e adestramento da forza e da...

Publícase programa a listaxe de persoas inscritas para a Etapa 1. O prazo para aboar o prezo público remata o xoves, 5 de abril, ás 14 h.   Programa Etapa 1 (7 de abril) Listaxe de participantes

O 5 de maio desenvolverase a segunda das xornadas, co tema Primeiros Auxilios e impartida por Roberto Barcala-Furelos. Aínda estás a tempo de inscribirte!     O Seminario Galego de Deporte Base Concello de Rianxo organiza en Rianxo as Xornadas de Actividade Física e Deporte, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes e da Piscina Municipal de Rianxo. As xornadas...

AVISO DE SUSPENSIÓN DA ETAPA 1 - CAMIÑO DE SANTIAGO 2018 Informamos da suspensión da etapa 1, prevista para este sábado 10 de marzo, por mor das malas previsións meteorolóxicas. Segundo o artigo 7 das bases da organización, “No caso de suspenderse unha etapa, trasladarase esa etapa á data da seguinte e así sucesivamente. “ Polo tanto, a etapa 1 desenvolverase o 7 de abril.   Publicamos...

Unha vez que rematou o prazo de inscrición (as 14 h do 2 de marzo), rexistráronse un total de 138 solicitudes para as 105 prazas ofertadas nas bases de organización da actividade. Co obxecto de atender a demanda, o Servizo de Deportes decidiu ampliar o número de prazas, co cal todas as persoas solicitantes teñen praza confirmada para a participar no Camiño de Santiago. A inscrición non se...

BASES DA ORGANIZACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO: “As etapas do Camiño portugués en Galicia”   Bases de organización Ficha de inscrición   Artigo 1.- Organización O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza o “Camiño de Santiago: as etapas do Camiño portugués en Galicia”, correspondentes ao percorrido do Camiño portugués por terras galegas. A actividade...

O Club de Piragüismo Rianxo organiza V REGATA DE KAYAK DE MAR CONCELLO DE RIANXO - II Trofeo Toffe, pertencente á XIX Liga Galega de Kayak (V Copa Sipre) da Federación Galega de Piragüismo. A Rianxo correspóndelle celebrar a primeira proba da tempada desta liga, que terá lugar o sábado 17 de febreiro. Programa 16:00 h. Inicio da regata. 18:30 h. Remate estimado. 19:00 h. Entrega de trofeos...

O Servizo de Deportes informa que, co motivo da celebración do Entroido, non haberá Actividades Deportivas Municipais os seguintes días: Actividades para nenos/as: rematan o venres 9 de febreiro e comezan o xoves 15 de febreiro.   Actividades para persoas adultas: rematan o xoves 8 de febreiro e comezan o mércores 14 de febreiro. Lembramos tamén que o vindeiro luns 12 de febreiro,...

AVISO IMPORTANTE Detectouse un erro no prazo de inscrición publicado anteriormente, polo que agora informamos que a nova data límite de presentación de inscricións é o LUNS 29 DE XANEIRO, ÁS 12 H, NO SERVIZO DE DEPORTES (tamén poderán enviarse nese prazo ao correo deportes@concelloderianxo.gal).   O sorteo das prazas farase o mesmo luns, 29 de xaneiro, ás 13 h na Casa do Concello.  ...

A Peña Cicloturista Castro Barbudo organiza, coa colaboración do Servizo de Deportes, a “VI Marcha BTT Concello de Rianxo” o domingo 4 de febreiro, a partir das 9 h. Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña dividida, en función da dificultade, en tres rutas (Curta – 29 km), (Media - 46 km) e (Longa - 66 km) que parten da zona portuaria de Rianxo. De xeito simultáneo...

A Fundación Atlético de  Madrid Galicia, coa colaboración do Concello de Porto do Son, organiza un Clinic de Nadal nas instalacións deportivas Emilio García (Porto do Son). A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 16 anos e desenvolverase do 26 ao 29 de decembro de 10 a 14 h. Para os participantes de Rianxo existe a posibilidade, en función da inscrición, de dispoñer de autobús...

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, o mércores 22 de novembro de 2017 a partir das 9 horas (aproximadamente), por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña. Ante a devandita situación de risco, o Servizo de Deportes comunica que: 1. Alerta laranxa, de 16 a...

O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal organizan unha Andaina en Negro o 25 de novembro, ás 9 h, no marco da campaña RIANXO EN NEGRO da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo. Saída Praza de Padrón (xunto á Rianxeira), no Paseo da Ribeira. 08:45 h. Control de participantes e preparación de material. 09:00 h. Saída da andaina desde o punto sinalado. Percorrido A...

O Servizo de Deportes informa que por razóns de forza maior suspéndense as actividades deportivas que se indican a...

Debido a necesidades organizativas, o Servizo de Deportes vén de facer unha reestruturación nos horarios nas actividades que se detallan a continuación. Desta maneira, a partir do próximo MARTES 24 DE OUTUBRO, os horarios serán os seguintes: EFB: luns e mércores de 17:00 a 17:50 h (unificado con predeporte). FÚTBOL SALA I (2010 e 2009): martes de 17:30 a 18:30 h e xoves de 16:15 a 17:15 h. ...

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a V Carreira Popular Concello de Rianxo, o mércores 1 de novembro de 2017. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos: V Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña. Circuíto de Carreiras...

O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal veñen de chegar a un acordo para ofrecer, na tempada de inverno 2017-18, a Escola Municipal de Tríatlon. Despois do éxito das propostas feitas nos veráns de 2016 e 2017, o obxectivo é dar continuidade durante todo o ano a esta modalidade deportiva. A actividade denominarase Club Tríatlon Rianxo e as condicións de participación son as seguintes: ...

O vindeiro 1 de outubro, o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, en colaboración co Concello de Rianxo e Jealsa, organizan a I Andaina de 25 Km do Barbanza. A proba, que está incluída no IV Open de Andainas de Media Distancia organizado pola Federación Galega de Montañismo, terá a súa saída ás 9 da mañá desde a Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña). O percorrido será de 25 km,...

O sábado, 2 de setembro, celebrarase en Rianxo o I TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE RIANXO. INFORMACIÓN E INSCRICIÓN    

A Casa do Concello de Rianxo acolleu a presentación do IX Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo, que se celebrará o sábado 26 de agosto no Pavillón de Rianxo. Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e Xusto Ordóñez, Concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico, representaron ao Concello mentres que polo Club Xadrez Rianxo, organizador do torneo, participaron o seu presidente, Daniel...

O domingo 27 de agosto celebrarase o III SLÁLOM CONCELLO DE RIANXO. A proba está organizada pola Escudería Rallyactividad Competición coa colaboración do Concello de Rianxo e desenvolverase no Polígono Industrial de Té entre as 12:30 e as 18:30 h, e será puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom. Admitiranse vehículos da agrupación I á VI e poderán participar toda clase de vehículos de...

A Casa do Concello de Rianxo foi o escenario da presentación do encontro amigable que disputarán o Monbús Obradoiro - FC Porto Basketball o vindeiro mércores, 30 de agosto, ás 20:30 h. O acto correou a cargo de Óscar Rodríguez, conselleiro do Obradoiro CAB, José Luis Mateo, director xeral do Obradoiro CAB e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo. Abriu a quenda de intervencións Óscar Rodríguez, que...

VENDA DE ENTRADAS: Servizo de Deportes: luns a venres de 8:30 a 14:30 h. Pavillón de Rianxo: Xoves 24: de 10 a 14 e de 19:30 a 22 h. Venres 25: de 10 a 14 e de 19:30 a 22 h. Sábado 26: de 10 a 14:30 e de 16 a 20 h. Luns 28: de 10 a 14 h. e de 19:30 a 22 h. Martes 29: de 10:15 a 12:15 e de 19:30 a 22 h. Mércores 30: de 10 a 13 h. e de 17:30 ao inicio do partido.   O...

O 19 de agosto disputarase o XV Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo, no que participan os tres clubs de fútbol do concello: C.C.D Taragoña, C.D. Unión e S.D. Araño. Esta edición vai ser organizada pola S.D. Araño, que defende o título acadado o ano pasado,  e os partidos xogaranse no Campo Municipal de Vilas no seguinte horario: 18:30 h.: C.D. Unión - C.C.D. Taragoña 19:30 h.: S.D....

NOTA INFORMATIVA Despois da fermosa xornada deportiva vivida o sábado, desde o Servizo de Deportes queremos agradecer a tod@s @s deportistas, máis de 400, a súa participación e contribución ao fin benéfico da carreira, así como o seu bo ánimo e ganas, que converteron a proba nunha auténtica festa. Temos tamén que agradecer e recoñecer o traballo de toda a xente que está detrás dun evento...

Volvemos un ano máis co torneo de voleipraia de Rianxo, organizado polo Club Voleibol Rianxo. Celebrarase o vindeiro venres 19, na praia de Tanxil, ás 16:00 h e contará coas seguintes categorías: Menores (ata 11 anos) Sub 15 Maiores (16 anos en diante) Mixto As categorías menores xogarán todas xuntas. Tanto sub15 coma maiores dividiranse en masculino e feminino. A categoría mixta será...

O Pavillón de Rianxo acollerá o 26 de agosto o IX Trofeo Internacional Concello de Rianxo, valedeiro para o XII Circuíto Galego de Promoción e para o Circuíto. O torneo está organizado polo Club Xadrez Rianxo, conta co patrocinio do Concello de Rianxo, ademais da colaboración da Federación Galega de Xadrez, Congalsa ,  Conservera de Rianxo, S.A., Construcciones J. Rey e  Hotel...

O vindeiro 2 de Setembro 2017 vaise a celebrar a primeira edición do Tríatlon Concello de Rianxo. Limitado a 250 plazas, por rigurosa orde de inscrición A inscrición realizarase en liña, a través da web da Federación Galega de Tríatlon. www.fegatri.org, Inscricións: Ata o martes 29 de agosto. Información e regulamento: http://fegatri.org/…/uplo…/2016/11/Regulamento-Rianxo-v2.pdf

O Salón de Plenos do Concello de Rianxo acolleu a presentación da XVIII SUBIDA AO CASTRO BARBUDO – OPEN GALEGO DE CROSS COUNTRY MARATÓN, coa presenza de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, J. Ramón Castelo Vázquez, presidente da Peña Cicloturista Castro Barbudo. A proba, organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo, o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e a Federación Galega de...

Este sábado, 5 de agosto, o Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo organizan a 4ª actividade, dentro do programa ACTIVA-T. Nesta ocasión a actividade realizarase na praia das Cunchas. Actividade: ZUMBA. Lugar: praia das Cunchas. Horario: ás 18 h. Gratuíto. Sorteo de agasallos para os participantes. En caso de choiva ou malas condicións meteorolóxicas, suspenderase a...

  APRAZADO O venres 4 de agosto, a partir das 20:30 h na Praza de Castelao, celebrarase unha nova edición de DEPORTE NA RÚA, con actividades como: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais, zumba,... Na actividade colaborará AQUAFIT, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo, que organizará actividades de fitness, así como entidades deportivas tales como Club...

SUSPENDIDO POR PREVISIÓN DE CHOIVA O sábado, 29 de xullo, na praia de Tanxil, o Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo organizan a 3ªactividade dentro do programa ACTIVA-T. Actividade: GYNKANA ( Zumba Strong). Lugar: praia de Tanxil. Horario: as 18 h. Gratuíto. Sorteo de agasallos para os participantes. En caso de choiva ou malas condicións meteorolóxicas, suspenderase a...

Onte presentouse no Salón de Plenos do Concello de Rianxo a XIV BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS CONCELLO DE RIANXO, coa presenza de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ramón Vicente Vicente, presidente do Club de Remo Rianxo. A Bandeira celebrarase o vindeiro 30 de xullo ás 11:45 h, organizada polo Concello de Rianxo e o Club de Remo Rianxo.  Os presentes explicaron  os obxectivos e as...

O sábado, 22 de xullo, na praia de Tanxil, o Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo organizan a 2ªactividade dentro do programa ACTIVA-T. Actividade: XOGOS DE EQUIPO ( Funcional Cross). Lugar: praia de Tanxil. Horario: as 18 h. Gratuíto. Sorteo de agasallos para os participantes. En caso de choiva ou malas condicións meteorolóxicas, suspenderase a actividade

O sábado, 15 de xullo, na praia de Tanxil, o Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo organizan a 1ªactividade dentro do programa ACTIVA-T. Actividade: ZUMBA. Lugar: praia de Tanxil. Horario: as 18 h. Gratuíto. Sorteo de agasallos para os participantes.

A Piscina Municipal de Rianxo organiza este venres unha clase maxistral a cargo do triatleta Iván Raña, que se desenvolverá na pPraia de Tanxil a partir das 19 h. É todo un luxo ter en Rianxo a un dos grandes deportistas galegos, que nos falará de distintos detalles sobre a súa preparación: a técnica, o adestramento, a superación dos retos ou a perseveranza como medio para acadar metas. Esta...

Mostrando o intervalo 51 - 100 de 351 resultados.