Deportes

Deportes - concelloderianxo

Actualidade

Confírmase a suspensión das actividades deportivas municipais previstas para hoxe no Pavillón Polideportivo de TARAGOÑA. As actividades reanudaranse con normalidade a partir de mañá. No resto de instalacións as actividades desenvolveranse coma de costume.

O C.D. Unión organiza a segunda edición do Torneo de Fútbol Base - II Memorial Ebo, dirixido ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín. O torneo desenvolverase os días 24 e 25 de maio no Campo de Fútbol Municipal en Vilas (Asados) e está confirmada a participación de 40 equipos que traerán a preto de 500 deportistas. Ademais dos partidos, haberá actividades complementarias como inchables,...

A Piscina Municipal de Rianxo organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro 23 de maio, venres, co a intención de que toda a poboación de Rianxo poida acceder ás instalacións deportivas de xeito gratuíto. O obxectivo é dar a coñer a instalación e a súa oferta de actividades a través dun maratón de fitnes que se desenvolverá na propia instalación e no seu aparcadoiro. As actividades van...

A Deputación da Coruña organiza unha nova edición dos Campamentos Deportivos, nos que nenos e nenas de toda a provincia disfrutarán dun amplo programa de actividades coma deportes naúticos, equitación, multiaventura, kayak, paseos en barco, tenis, voleibol, capoeira..., ademais de actividades culturais, veladas nocturnas... A Rianxo fóronlle adxudicadas 6 prazas na primeira quenda, que se...

Publícase o calendario do Programa Actividades Deportivas Municipais para as vacacións de Semana Santa. Actividades nenos/as: rematan o o venres 11 de abril e comezan o martes 22 de abril. Actividades adultos: rematan o venres 11 de abril e comezan o luns 21 de abril. Tamén están dispoñibles para consulta os horarios de apertura e reserva para estas datas.

O equipo de Taragoña, Choposport Racing Team, participará a partir do vindeiro venres día 11 de abril no Rally  Clásicos do Átlas (Marrocos). Esta entidade é pioneira no Barbanza en participación neste tipo de aventuras, que combina elementos de competición, deportivos e culturais cun fin solidario, o de entregar material de axuda humanitaria nos territorios polo que discorre a proba. ...

O vindeiro sábado, 12 de abril, celebrarase en augas da ensenada de Rianxo a I REGATA DE KAYAK DE MAR CONCELLO DE RIANXO - CONSERVERA DE RIANXO, organizada polo Club Piragüismo Rianxo e a  Federación Galega de Piragüismo. A proba, que conta co patrocinio e colaboración do Concello de Rianxo e Conservera de Rianxo, S.A.,  desenvolverase entre as 16 e as 19:30 h., e forma parte da XV...

Por razóns de forza maior suspéndense as actividades deportivas municipais previstas para hoxe luns, 31 de marzo, no Pavillón de Rianxo. Desculpen as molestias.

O próximo 12 de abril de 2014 vaise levar a cabo a carreira de montaña II Ultratrail do Barbanza no marco do evento Walk & Trail Arousa Norte 2014, organizado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira). Esta proba de ultra resistencia de montaña, ten a súa segunda edición este ano que  constará de dúas carreiras (un Ultra Trail e...

A Deputación provincial, no seu labor de promoción e difusión do deporte e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas con talento, especialmente nas etapas de iniciación e de maior cambio corporal, para progresar naqueles deportes que teñan un carácter individual, pertencentes a algunha das disciplinas olímpicas, realiza a presente convocatoria de bolsas co obxecto de apoiar a...

O vindeiro sábado, 22 de marzo, entre as 16 e as 19 h., disputarase a III Bandeira de Bateis Confraría de Pescadores "Virxe do Carme de Rianxo, correspondente á liga de bateis 2014 Territorial Norte. A proba está organizada polo Club de Remo Rianxo, e conta coa colaboración da Confraría de Pescadores de Rianxo e do Servizo de Depores do Concello de Rianxo. Agárdase a participación de mais...

Esta tarde celebrarse unha nova edición do De-porte Choqueiro, que este ano conta con moitas novidades. A actividade desenvolverase no Pavillón de Rianxo entre as 17 e as 20 h. e vai dirixida a nenos e nenas de todas as idades. Os rapaces/as terán que vir disfrazados e poderán disfrutar dos 5 hinchábeis, de xogos tradicionais, e dos obradoiros que temos preparados: maquillaxe,...

Hoxe tivo lugar a presentación da nova concesionaria da Piscina Municipal, Aquafit Gestión, S.L. que xestionará a instalación a partir do 1 de marzo. A presentación correu a cargo de Carlos Gey, 1º Tenente de Alcalde, e de Pedro Iglesias, Administrador de Aquafit Gestión S.L. Estiveron acompañados por Silvia Fadeville, directora da Piscina Municipal. Na súa intervención, Carlos Gey...

Durante o Entroido modifícanse os horarios de apertura e reserva do seguinte xeito: Pavillón de Rianxo Sábado 1 de marzo: Aberto de 10 a 13:30 e de 16 a 20:30 h. Luns, 3 de marzo: aberto de 10 a 13:30 h. e de 15:30 a 20.30 h. Martes: pechado Pavillón de Taragoña Pechado ata o mércores, 5 de marzo. Colexio de Asados Ata o mércores 5 inclusive amplíase o horario de...

O Club de Piragüismo Rianxo presenta a súa Escola Deportiva para a tempada 2014. O Club inicia unha nova etapa na que pretende captar rapaces e rapazas a partir de 8 anos para introducilos no piragüismo de augas tranquilas. Comezo Actividades xaneiro 2014 Idade mínima 8 anos Categorías alevín, infantil, cadete, junior, sénior e veteranos. Cota de inscrición (inclúe seguro...

A Deputación da Coruña pon en marcha a Campaña de Esquí 2014  para que rapaces da provincia poidan disfrutar dun fin de semana na neve, na Estación Invernal de San Isidro (León). A actividade vai dirixida a nenos e nenas nados nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003. A Rianxo fóronlle adxudicadas 5 prazas (no caso de haber mais solicitudes que prazas farase un sorteo público) na quinta quenda,...

AVISO: Con motivo da suspensión do Torneo de Fútbol Base previsto para esta fin de semana, modifícanse os horarios de apertura e aluguer para o día 29, 29 e 30 de decembro. Os novos pódense consultar nos enlaces que tedes mais abaixo. Publicanse os horarios de apertura e de reserva dos pavillóns polideportivos municipais que estarán vixentes entre o 18 de decembro e o 8 de xaneiro. ...

Os clubs Kenpo Rianxo e Compostela Kenpo,  co fin de dar a coñecer o FU SHIH KENPO, arte marcial de orixe xaponesa que se basea na defensa personal, baixo os principios de velocidade, fluidez e economía de movimentos, organizan un curso de iniciación que se desenvolverá o 27 de decembro de 21 a 22: 30 h. no Pavillón de Rianxo. Esta actividade enmárcase no programa de actividades destas...

O Servizo de Deportes informa que as Actividades Deportivas Municipais pararán durante as festividades do Nadal dacordo co seguinte calendario: Actividades nenos/as: Rematan o martes 17 de decembro e comezan o 9 de xaneiro. Actividades adultos: Rematan o martes 17 de decembro e comezan o 8 de xaneiro. Bo Nadal!!!

O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organiza unha andaina o vindeiro 21 de decembro. A saída será á 9 h. desde o propio centro  e a duración é de 3,5 h. aproximadamente. Vai dirixida a maiores de 14 anos e a dificultade é media-baixa. Mais información e inscricións en: Cantina do Centro Cultural V.V. Leiro No teléfono 647 650 787 (Maite). No facebook do C.C. Vicente...

O mércores 11, xoves 12 e venres 13 de decembro o pavillón polideportivo de Rianxo permanecerá pechado en horario de mañá. Para a reserva de pistas e recollida e/ou devolución de chaves, atenderase a partires das 16 horas.

AVISO IMPORTANTE - ACTIVIDADE SUSPENDIDA Ante o pronóstico de mal tempo para os días 28 e 29 e tendo en conta a perigosidade do pavimento de madeira do Pavillón de Rianxo en circunstacias coma as previstas, a organización decidiu suspender o Torneo por non poder garantir a seguridade dos participantes. Desculpen as molestias. A Comisión de Juadalupeñas de Rianxo organiza un torneo de...

O club Kenpo Rianxo, en colaboración co Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e co club Compostela kenpo, organiza un curso de autodefensa para mulleres. O curso é gratuíto e vaise a desenvolver o vindeiro sábado 23 de novembro no Pavillón Municipal de Rianxo desde as 11:30 h ata as 13:30 h. Será impartido por Eloi Rodríguez Castaño, Cinturón Negro SHODAN FU SHI KENPO. O curso vai...

O Servizo de Deportes organiza unha andaina o vindeiro 16 de novembro na que se percorrerán dúas rutas que discorren polos concellos pontevedreses de Meis e Ribadumia: a Ruta da Pedra e da Auga e a do Río San Martiño. A andaina vai dirixida a maiores de 14 anos e adultos, ten dificultade media e achégase aos 20 km.; discorre por fermosas ribeiras de río e zonas de monte e natureza en estado...

Todo listo para a Carreira Popular Toffe - Concello de Rianxo. Esperamos que o tempo axude a que os 634 inscritos poidan facer da proba unha grande festa deportiva. Lembramos a todos os participantes que dispoñemos de Gardarroupa no Pavillón Municipal e de Servizo de Duchas no Pavillón (homes, mozos e nenos) e na Piscina (mulleres, mozas e nenas).

Os veciños de Rianxo, xunto cos de Porriño e Sarria, serán os primeiros de Galicia en participar no Proxecto “Cidades Amigas”, do Obradoiro CAB, o que lles permitirá disfrutar do baloncesto ao mais alto nivel a un prezo especial de 10 €. Este proxecto pretende involucrar a todas as localidades galegas no desenvolvemento, fomento e popularización  do baloncesto. Os afeccionados de...

O martes, 15 de outubro, tivo lugar a presentación da I Carreira Popular Toffe Concello de Rianxo, presidida por Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo, e na que participaron ademais Joaquín Domíngez, Concelleiro de Deporte e Saúde, José Luís Lorenzo, Presidente do Club Atletismo Rianxo, e Rafael Mirón, en representación dos patrocinadores principais da proba: Cafetería Toffe e Soldesin:Hos. Nas...

Dispoñible en breve...    

Rianxo vai acoller I Trofeo de Baloncesto Asociación da Prensa de Santiago de Compostela, que enfrontará ao RÍO NATURA MONBUS (OBRADOIRO CAB) e ao GIPUZKOA BASKET, equipos que militan na Liga ENDESA (ACB). O partido celebrarase o mércores  2 de outubro, ás 20:30 h., no Pavillón Municipal de Deportes de Rianxo.   Información Xeral Prezo da entrada: 7 € (entrada...

Ven de presentarse o I Trofeo de Baloncesto Asociación da Prensa de Santiago de Compostela, que enfrontará en Rianxo ao RÍO NATURA MONBUS (OBRADOIRO CAB) e o GIPUZKOA BASKET, equipos que militan na Liga ENDESA (ACB). O partido celebrarase o mércores  2 de outubro, ás 20:30 h., no Pavillón Municipal de Deportes e trátase dun evento moi especial para Rianxo xa nos achegará a clubs e...

O Concello de Rianxo presenta a oferta deportiva para a tempada de Inverno 2013/14, incluíndo as organizadas de xeito direto polo Servizo de Deportes, as escolas de formación dos clubs cos que colabora o Concello e as propostas da Piscina Municipal. Como xa é habitual nas políticas deportivas do Concello, destacar que se trata dunha oferta ampla, dirixida a tódolos sectores de poboación, e...

VI LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS DO PROXECTO RÍOS O concello de Rianxo participa no proxecto “Móllate polos ríos”. O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as...

O pavillon de Rianxo acollera o próximo sábado 31 de Agosto o V Trofeo Internacional Distribunosa Concello de Rianxo, valedeiro para ELO Fide de rápidas e dentro do VIII Circuito Galego de Promoción e que esta organizado polo Club Xadrez Rianxo. A participacion vai a ser masiva e a mais numerosa das ediciones disputadas ata este momento desbordando a previsión dos organizadores. A falta de...

O Servizo de Deportes organiza unha andaina o vindeiro 7 de setembro na que se percorrerán dúas rutas que discorren polos concellos pontevedreses de Meis e Ribadumia: a Ruta da Pedra e da Auga e a do Río San Martiño. A andaina vai dirixida a maiores de 14 anos e adultos, ten dificultade media e achégase aos 20 km.; discorre por fermosas ribeiras de río e zonas de monte e natureza en estado...

O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organiza unha andaina para o día 31 de agosto. Denominada "O Rianxo descoñecido, lendas do mar e da terra", partirá de Rianxo ata a Aldea Maldita de Abuín, con paradas no dique de Tanxil, Punta Fincheira e a Praia do Porrón.  Ao longo da andaina iranse explicando historias vinculadas cos lugares que se van percorrendo e que forman parte do noso...

O Servizo de Deportes organiza as XXIII Competicións Deportivas Guadalupe, que se celebrarán do 5 ao 12 de setembro, na semana previa ao incio das festas. Esta actividade pretende ser un prólogo deportivo e recreativo á festa, predominando o compoñente lúdico das competicións e nas que poden participar persoas de todas as idades. Modalidades Deportivas Fútbol Sala Badminton ...

O Pavillón de Rianxo acollerá o 31 de agosto o V Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA – Concello de Rianxo, valedeiro para ELO FIDE e para o VIII Circuíto Galego de Promoción e que está organizado polo Club Xadrez Rianxo. O Trofeo, dirixido a participantes de todas as idades, acolle tres competicións: a absoluta, na que está previsto que participen algúns grandes mestres internacionais, a de...

Modifícanse os horarios de reserva para a segunda quincena do mes de agosto. Pódense consultar na sección de Instalacións.  

Os días 12, 13 e 14 de agosto, na Praia de Tanxil, celebrarase unha nova edición do Torneo de Petanca. A actividade, dirixida a persoas de todas as idades, dará comezo ás 16:30 h. do luns e as inscricións formalizaranse na propia praia antes do comezo das partidas. inicio  

Con motivo da Cuarta Festa do Mexillón de Rianxo, a organización da festa quere presentar unha andaina que leve ós participantes a descubrir un dos concellos máis vencellados co mar e ca auga; por isto discorre polo paseo marítimo de A Torre, pola senda do río Te ata o lugar de Araño, e por parte das praias máis emblemáticas deste territorio que fai porta de entrada á bisbarra do Barbanza...

O venres, 9 de agosto, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais, tenis de mesa... Na actividade colaborará SERVIOCIO, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo, que organizará actividade de fitness: aerobic, cicloindoor, bodypump,...

Este sábado, 10 de agosto, disputarase o XII Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo no que participan os clubs de fútbol de Rianxo: C.C.D. Taragoña, C.D. Unión e S.D. Araño. Este ano a principal novidade é a participación da S.D. Araño, que levaba  desde a segunda edición sen participar e que esta tempada vai competir en 3ª Autonómica. Nesta edición, tócalle exercer de anfitrión ao C.D....

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, coa colaboración co Club Voleibol Rianxo, organiza un campionato de Volei Praia na Praia de Tanxil os días 22, 23 e 24 de xullo.  Estableceronse dúas categorías, masculina e feminina, que son a A, para nados no 96 e anteriores, e a B, para nados no 97 e posteriores. As inscricións poden formalizarse nos pavillóns polideportivos municipais e...

Oferta de Verán na Piscina Municipal de Rianxo. Mais información na propia instalación ou no 981 860 086.

O Servizo Municipal de Deportes organiza unha ANDAINA NOCTURNA o vindeiro 19 de xullo. A actividade vai dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 12 e 18 anos (de 12 a 14 anos acompañados dun adulto. A andaina partirá do aparcadoiro do Campo de Fútbol Municipal de Vilas e discorrerá por camiños de Asados, Isorna e Leiro, facendo un percorrido circular. A inscrición será...

O Servizo de Deportes organiza unha ANDAINA NOCTURNA o vindeiro 19 de xullo. A actividade, dirixida a maiores de 12 anos (de 12 a 14 acompañados por un adulto) dará comezo ás 22:30 h. e o punto de encontro será o Campo de Fútbol Municipal de Vilas, para facer unha ruta circular que percorrerá camiños de Asados, Isorna e Leiro. As inscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes...

O 19 e 20 de xullo disputarase na Praia da Torre unha nova edición do Campionato de Fútbol Praia, organizado pola Asociación Terra e Mar (Taragoña) coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes. O torneo vai dirixido a maiores de 14 anos e as inscricións, que teñen un importe de 10 €, poden formalizarse nos pavillons polideportivos municipais e no Servizo de Deportes.

O sábado 13 de xullo, a partires das 18 h., celebrarase a X BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS "Conservera de Rianxo S.A. - Concello de Rianxo".

As rapazas do equipo feminino do Club Xadrez Rianxo veñen de proclamarse CAMPIONAS GALEGAS INFANTÍS, confirmándose o bo traballo que se está a desenvolver na Escola de Xadrez do club, integrada no Programa Deporte Base do Concello de Rianxo. Destacar tamén a Jorge Méndez Rial, que acadou o primeiro posto na VII Copa Maristas do Circuíto Escolar 2013, celebrado en Ourense o pasado 8 de xuño....

O Servizo de Deportes presenta a súa programación para o Verán 2013. O martes 18 ábrese o prazo de información e inscricións e as actividades darán comezo o día 1 de xullo. Información Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2013 O Servizo de Deportes tamén colabora na organización, coas concellerías de Igualdade e de Xuventude, do Campamento Urbano Verán 2013 Información...

Mostrando o intervalo 251 - 300 de 350 resultados.