Deportes

Deportes - concelloderianxo

Actualidade

O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organiza unha andaina para o día 31 de agosto. Denominada "O Rianxo descoñecido, lendas do mar e da terra", partirá de Rianxo ata a Aldea Maldita de Abuín, con paradas no dique de Tanxil, Punta Fincheira e a Praia do Porrón.  Ao longo da andaina iranse explicando historias vinculadas cos lugares que se van percorrendo e que forman parte do noso...

O Servizo de Deportes organiza as XXIII Competicións Deportivas Guadalupe, que se celebrarán do 5 ao 12 de setembro, na semana previa ao incio das festas. Esta actividade pretende ser un prólogo deportivo e recreativo á festa, predominando o compoñente lúdico das competicións e nas que poden participar persoas de todas as idades. Modalidades Deportivas Fútbol Sala Badminton ...

O Pavillón de Rianxo acollerá o 31 de agosto o V Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA – Concello de Rianxo, valedeiro para ELO FIDE e para o VIII Circuíto Galego de Promoción e que está organizado polo Club Xadrez Rianxo. O Trofeo, dirixido a participantes de todas as idades, acolle tres competicións: a absoluta, na que está previsto que participen algúns grandes mestres internacionais, a de...

Modifícanse os horarios de reserva para a segunda quincena do mes de agosto. Pódense consultar na sección de Instalacións.  

Os días 12, 13 e 14 de agosto, na Praia de Tanxil, celebrarase unha nova edición do Torneo de Petanca. A actividade, dirixida a persoas de todas as idades, dará comezo ás 16:30 h. do luns e as inscricións formalizaranse na propia praia antes do comezo das partidas. inicio  

Con motivo da Cuarta Festa do Mexillón de Rianxo, a organización da festa quere presentar unha andaina que leve ós participantes a descubrir un dos concellos máis vencellados co mar e ca auga; por isto discorre polo paseo marítimo de A Torre, pola senda do río Te ata o lugar de Araño, e por parte das praias máis emblemáticas deste territorio que fai porta de entrada á bisbarra do Barbanza...

O venres, 9 de agosto, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, badminton, xogos tradicionais, tenis de mesa... Na actividade colaborará SERVIOCIO, empresa concesionaria da Piscina Municipal de Rianxo, que organizará actividade de fitness: aerobic, cicloindoor, bodypump,...

Este sábado, 10 de agosto, disputarase o XII Trofeo de Fútbol Concello de Rianxo no que participan os clubs de fútbol de Rianxo: C.C.D. Taragoña, C.D. Unión e S.D. Araño. Este ano a principal novidade é a participación da S.D. Araño, que levaba  desde a segunda edición sen participar e que esta tempada vai competir en 3ª Autonómica. Nesta edición, tócalle exercer de anfitrión ao C.D....

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, coa colaboración co Club Voleibol Rianxo, organiza un campionato de Volei Praia na Praia de Tanxil os días 22, 23 e 24 de xullo.  Estableceronse dúas categorías, masculina e feminina, que son a A, para nados no 96 e anteriores, e a B, para nados no 97 e posteriores. As inscricións poden formalizarse nos pavillóns polideportivos municipais e...

Oferta de Verán na Piscina Municipal de Rianxo. Mais información na propia instalación ou no 981 860 086.

O Servizo Municipal de Deportes organiza unha ANDAINA NOCTURNA o vindeiro 19 de xullo. A actividade vai dirixida a adultos, podendo participar menores de entre 12 e 18 anos (de 12 a 14 anos acompañados dun adulto. A andaina partirá do aparcadoiro do Campo de Fútbol Municipal de Vilas e discorrerá por camiños de Asados, Isorna e Leiro, facendo un percorrido circular. A inscrición será...

O Servizo de Deportes organiza unha ANDAINA NOCTURNA o vindeiro 19 de xullo. A actividade, dirixida a maiores de 12 anos (de 12 a 14 acompañados por un adulto) dará comezo ás 22:30 h. e o punto de encontro será o Campo de Fútbol Municipal de Vilas, para facer unha ruta circular que percorrerá camiños de Asados, Isorna e Leiro. As inscricións poderán formalizarse no Servizo de Deportes...

O 19 e 20 de xullo disputarase na Praia da Torre unha nova edición do Campionato de Fútbol Praia, organizado pola Asociación Terra e Mar (Taragoña) coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes. O torneo vai dirixido a maiores de 14 anos e as inscricións, que teñen un importe de 10 €, poden formalizarse nos pavillons polideportivos municipais e no Servizo de Deportes.

O sábado 13 de xullo, a partires das 18 h., celebrarase a X BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS "Conservera de Rianxo S.A. - Concello de Rianxo".

As rapazas do equipo feminino do Club Xadrez Rianxo veñen de proclamarse CAMPIONAS GALEGAS INFANTÍS, confirmándose o bo traballo que se está a desenvolver na Escola de Xadrez do club, integrada no Programa Deporte Base do Concello de Rianxo. Destacar tamén a Jorge Méndez Rial, que acadou o primeiro posto na VII Copa Maristas do Circuíto Escolar 2013, celebrado en Ourense o pasado 8 de xuño....

O Servizo de Deportes presenta a súa programación para o Verán 2013. O martes 18 ábrese o prazo de información e inscricións e as actividades darán comezo o día 1 de xullo. Información Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2013 O Servizo de Deportes tamén colabora na organización, coas concellerías de Igualdade e de Xuventude, do Campamento Urbano Verán 2013 Información...

Modifícase o horario de apertura do Pavillón de Rianxo por mor dunhas obras de mantemento. O horario para a semana do 10 ao 16 de xuño é o seguinte: Luns a venres: de 10 a 14 h. e de 16 a 21:30 h. Sábado: de 11 a 13: 30 h. e de 16 a 21:30 h. Domingo pechado. Mais información no Servizo de Deportes ou nos pavillóns municipais.

A III Travesía a nado "Vila de Rianxo" terá lugar o 2 de xuño, e está organizada por Serviocio, empresa concesionaria do Centro Deportivo Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo e do Club Naútico de Rianxo. A proba comezará ás 11:30 horas e a saída farase desde o peirao (en fronte á antiga lonxa). Haberá tres categorías coas seguintes distancias: Categoría A: 900 metros ...

ServiOcio, empresa concesionaria do servizo da Piscina Municipal, cumpre 20 anos e queren celebralo contigo. Apúntate ata o 20 de xuño e disfruta do 20% de desconto na matrítula e nas cotas de xuño, xullo e agosto. Vente xa ao 20 aniversario Serviocio!    

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza dúa andainas. Os traslados para as actividades serán en autobús desde Rianxo e teñen preferencia os participantes nas actividades deportivas municipais: Sendeiro Fluvial de Catoira e Torres do Oeste Dirixida a maiores de 50 anos e 3ª idade, o sábado 1 de xuño faremos unha saída a pé na que percorreremos parte do curso de río Ulla. O...

A Deputación da Coruña abriu o prazo para solicitar a participación na CAMPAÑA DE VELA 2013, dirixida a rapaces e rapazas de 9 a 18 anos pertencentes aos ámbitos comarcais dos concellos sede. Na nosa comarca, as actividades serán en RIBEIRA, do 1 ó 5 de xullo. Os interesados poderán facer  facer a súa inscrición na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo ata o 21 de xuño. ...

A Deputación da Coruña abriu xa o prazo de inscrición para unha nova edición dos campamentos deportivos. Os interesados poderán facer a súa inscrición na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo ata o 16 de maio. Estes campamentos celébranse no Centro Calvo Sotelo en tres quendas dunha semana entre o 30 de xuño e o 20 de xullo. Os destinatarios desta actividade son rapaces dos...

Rianxo acollerá, o vindero domingo, 5 de maio, entre as 11:30 e as 13 h. unha regata da Liga Galega de  Traiñeiriñas 2013. A saída darase no peirao vello e o campo de regatas vai desde ese punto en dirección á praia da Torre. Organiza o Club de Remo Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo.

O vindeiro domingo, 7 de abril, celebrarase a I Marcha BTT Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicloturista Castro Bartbudo coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa é o seguinte: 8:45 h.      Recollida de dorsais 9:30 h.      Saída das marchas do Porto de Rianxo 13:30 h.    Hora estimada da chegada. O...

O vindeiro sábado, día 23, no Auditorio de Rianxo a partir das 12 horas terá lugar a conferencia “Viaje por el fascinante mundo del ajedrez”, organizada polo Club Xadrez Rianxo e que conta coa colaboración e patrocinio do Concello de Rianxo e DISTRIBUNOSA. A conferencia correrá a cargo de Leontxo García, unha das persoas que mais sabe de xadrez en España, desde as múltiples facetas de...

Publícanse os horarios de reserva das instalacións deportivas municipais para as datas de Semana Santa: Pavillón Rianxo Luns, 25 de marzo: 17 a 21 h. Martes, 26 de marzo: 17:30 a 21:30 h. Mércores, 27 de marzo: 17:30 a 21:30 h. Sábado, 30 de marzo: 16:30 a 20:30 h. O xoves 28 e o venres 29 o Pavillón de Rianxo permanecerá pechado. PAVILLÓN DE TARAGOÑA Pechado do...

A II Bandeira de Bateis Confraría de Pescadores Virxe de Guadalupe cambia de data ante a previsión de mal tempo para mañá sábado, pasando a disputarse o domingo 17 a partires das 11 h.

A II Regata de Bateis Confraría de Pescadores Virxe do Carme cambia de data debido á previsión de mal tempo para mañá sábado e pasa a disputarse o domingo 17 a partires das 11 h. Este sábado, 16 de marzo, disputarase en augas de Rianxo a II Bandeira de Bateis "Confraría de Pescadores Virxe do Carme". Nesta regata, pertencente á Liga de Bateis - Territorial Norte, partiparán arredor de 250...

O vindeiro 7 de abril celebrarase a I Marcha BTT Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicluturista Castro Barbudo de Taragoña, e coa colaboración e apoio do Concello de Rianxo. A actividade, con saída é chegada en Rianxo, contará con tres rutas (20 30 e 60 km.) con distintos niveis de dificultade e esixencia física co obxecto de dar cabida a todo tipo de afeccionados á bicicleta,...

Habilitanse os seguintes horarios adicionais para reservar o pavillón de Taragoña o día 2 de marzo. Sábado, 2 de marzo: de 19:30 a 20:30 h. e de 20:30 a 21:30 h. Reservas no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10).

A maiores dos habituais, durante os días de Entroido ofértanse os seguintes horarios de aluguer no Pavillón de Rianxo: Venres, 8 de febreiro: 20:45 a 21:45 h. Luns , 11 de febreiro: 20:15 a 21:15  h. Martes: pechado por festividade local Mércores: de 16:30 a 19:30 h. Reservas no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10).

Este sábado, 2 de febreiro, o pavillón de Taragoña estará dispoñible para o aluguer entre as 16:30 e as 20:30 h. O resto de horarios de aluguer serán os habituais e pódense consultar na sección de instalacións desta páxina. Reservas no Pavillon de Rianxo (981 86 61 10) ou no Pavillón de Taragoña (981 86 23 42).

Publicanse os novos horarios de reserva da Pista Polideportiva do Colexio Ana María Diéguez de Asados, co obxecto de adaptalos ós horarios concedidos ao Club de Tenis Rianxo para a organización da VI Liga Rianxeira de Tenis. Podense consultar na sección Instalacións/Horarios de reserva.

Modifícanse os horarios de apertura, aluguer e actividades nas instalacións deportivas municipais durante as datas do Nadal.   Calendario de Actividades As vacacións das actividades deportivas municipais esténdense deste o 24 de decembro ao 7 de xaneiro. As actividades reiniciaranse o 8 de xaneiro.   Horarios apertura instalacións   Pavillón de Rianxo: de 17...

O Servizo de Deportes informa que o vindeiro venres, 7 de decembro, suspéndense as Actividades Deportivas Municipais en Asados e Rianxo.  

Están publicados na sección deportes/instalacións/horariosdereserva os horarios que están dispoñibles nas seguintes instalacións deportivas: pavillóns de Rianxo e Taragoña e pista do Colexio Ana María Diéguez. A reserva pode facerse nos pavillóns deportivos, presencialmente ou por teléfono.

A xornada de convivencia entre o Club de Remo e a Asociación AMBAR, prevista para mañá, 19 de outubro, foi aprazada pola previsión de mal tempo.

Este venres, 19 de outubro, terán lugar as primeiras xornadas de convivencia entre o Club de Remo Rianxo e a Asociación AMBAR. O obxectivo da actividade é que persoas con diversidade funcional teñan acceso ao deporte do remo, coñecendo as interioridades e caracterísiticas desta modalidade deportiva, co fin contribuir á súa integración e mellora da calidade de vida. Así, directivos,...

O Servizo de Deportes organiza este sábado unha andaina polos Ríos Vilacoba e San Xusto, en Lousame. Esta actividade, que estaba prevista para o 25 de agosto e fora aprazada por mor do mal tempo, vai dirixida a adultos maiores de 16 anos. O sendeiro discurre polas fermosas ribeiras destes dous ríos, agás o tramo que os une e que é o mais duro da andaina, que ascende ata o miradoiro do Monte...

Rianxo será durante esta fin de semana a capital galega do xadrez ó acoller dúas importantes probas do calendario axedrecístico galego. O sábado, 1 de setembro, celebrarase o IV Trofeo Internacional DISTRIBUNOSA - Concello de Rianxo e o domingo, día 2, será o II Campionato Galego de Xadrez Activo. A presentación tivo lugar o pasado venres, 24 de agosto, a cargo de Adolfo Muíños, Alcalde de...

A 67 edición da Volta Ciclista a España, La Vuelta '12, percorrerá as estradas do concello de Rianxo durante a súa décimo segunda etapa, que discurrirá este xoves, 30 de agosto, entre Vilagarcía de Arousa e o Mirador do Ézaro en Dumbría. A carreira entrará por Rianxo polo alto da Paradegüa (Burés) e percorrerá a C-550 ao seu paso polas parroquias de Asados, Araño e Taragoña, saíndo cara a...

Ante a previsión de choiva para os vindeiros días, aprázase a Andaina prevista para este sábado, 25 de agosto, polo Río Vilacoba (Lousame). A nova data prevista é o sábado, 22 de setembro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 21 dese mes. Mais información no Servizo de Deportes.

O Servizo de Deportes organiza as XXII Competicións Deportivas Guadalupe, que se celebrarán do 3 ó 7 de setembro, na semana previa ao incio das festas. Esta actividade pretende ser un prólogo deportivo e recreativo á festa, predominando o compoñente lúdico das competicións e nas que poden participar persoas de todas as idades. Modalidades Deportivas Fútbol Sala Badminton Tenis Voleibol...

Os días 21, 22 e 23 de agosto celebrarase na Praia de Tanxil un torneo de Volei Praia para participantes de todas as idades. Cun carácter recreativo, o torneo é para parellas tanto masculinas como femininas e establécense dúas categorías: A, para nados no 1995 e anteriores e B, para os nados no 1996 e posteriores. As inscricións pódense formalizar no Pavillón de Rianxo e na mesma praia ata o...

O mércores 15 de agosto disputarase a undécima edición do Trofeo de Fútbol que organiza o Concello de Rianxo e no que compiten os dous clubs do concello: O C.C.D. Taragoña e o C.D. Unión. Nesta edición ó anfitrión será o C.C.D. Taragoña e o partido iniciarase ás 19 h. no Campo da Lomba (Taragoña).

O vindeiro 17 de agosto terá lugar, na Praza de Castelao de Rianxo, unha nova edición do Deporte na Rúa, na que se podera participar en diversas modalidades deportivas coma baloncesto e fútbol 3x3, chave, ciclo indoor... As inscricións faranse na propia praza a partires das 20:30 h.

Os días 8 e 9 de agosto celebrarase na Praia de Tanxil unha nova edición do Torneo de Pentanca, que se ven disputando ininterrumpidamente desde o ano 1991. A competición está aberta a todas as idades e desenvolverase por parellas. As inscricións faranse na propia praia ata antes do inicio das partidas, o día 8 ás 16:30 horas aproximadamente.

O Servizo de Deportes organiza para o mes de agosto 3 andainas: a nocturna, que este ano se desenvolverá no entorno do Castro Barbudo, a dirixida á 3ª idade, que nos levará ata O Grove e a de adultos que percorrerá o Río Vilacoba en Lousame. Inscrición e información no Servizo de Deportes ou nos Pavilóns deportivos municipais.     Partindo de Campo Maneiro, percorreremos...

A Comisión de Festas de Taragoña, Terra e Mar, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes, organiza para os vindeiros 20 e 21 de xullo un Torneo de Fútbol Praia que se disputará na praia da Torre. Vai dirixido a maiores de 15 anos e o prezo da inscrición é de 20 € por equipo. Os equipos poden inscribirse no Pavillón de Rianxo, no Bar Xuntanza ou no Chiringuito da Torre.

O Servizo de Deportes comunica que, por mor do mal tempo, se suspenden as actividades deportivas que se celebran en instalacións ao aire libre.  Así, quedan suspendidas as sesións para hoxe de Patinaxe e Tenis.

Mostrando o intervalo 301 - 350 de 366 resultados.