Deportes

Deportes - concelloderianxo

Actualidade

O Servizo de Deportes informa que, por razóns de forza maior, se van suspender algunhas das sesións das actividades deportivas municipais. Lémbrase que a tempada de inverno 2011/2012 remata o vindeiro 31 de maio. Se precisaran calquera aclaración poden poñerse en contacto co Servizo de Deportes. As actividades e sesións que se suspenden son as que se indican a continuación. O resto de...

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza para este mes de maio dúas andainas: RUTA DO SARELA (Santiago) O vindeiro sábado 12 de maio, unha saída a pé na que se percorrerá o curso de río Sarela, desde o Romaño ata Vidán. A actividade vai dirixida ós maiores de 50 anos, e terán prioridade aqueles que participen nas actividades deportivas municipais. O nivel de dificultade é...

Mañá sábado, 10 de marzo, a partires das 16:00 h., disputarase en augas de Rianxo a proba de bateis "Confraría de pescadores Virxe do Carme", organizada polo Club de Remo Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.

O Servizo de Deportes informa das modificacións do calendario das Actividades Deportivas Municipais durante as celebracións do Entroido. Actividades para nenos/as Suspéndense desde o 17 de febreiro ata o 22, ambos inclusive. Reanudaranse o xoves, día 23. Actividades para adultos Os días 20 e 21 non haberá actividade, reanudándose esta o mércores, 22 de febreiro.

A Deputación da Coruña ven de convocar as bolsas para deportistas da provincia, con dez axudas dotadas con 2.000 euros cada unha para os interesados con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos e outras dez bolsas de 3.000 euros para os aspirantes de entre 18 e 24 anos. As disciplinas ás que se dediquen deben pertencer a deportes incluídos no programa oficial dos últimos Xogos Olímpicos. ...

Serviocio, a empresa que xestiona a Piscina Municipal, presenta unha promoción para o mes de febreiro: Matrícula e cota mensual gratuíta para todos os matriculados neste mes. Consulta as condicións da promoción na Piscina Municipal de Rianxo (981 860 086).  

O vindeiro xoves, 7 de abril, revivirase a historia do achado do Casco de Leiro por José María Vicente. A cita é no Auditorio Municipal a partir das 20 h. A mesa redonda estará composta por: José Mª Vicente Descubridor do Casco   Manuel Gago Doutor en xornalismo   Bea Comendador Doutora e Profesora da Universidade de Vigo   Roberto Pena Puentes Xefe do Servizo de...

Mostrando o intervalo 351 - 357 de 357 resultados.