Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

Concellería de Emprego e Xuventude

luns a venres 08.00 - 15.00

Emprego Emprego

Atrás

A Mancomunidade de Arousa Norte lanza un proxecto para promover o emprendemento na comarca

O proxecto “Novos emprendedores de Arousa Norte” nace para facer promoción do fenómeno do emprendemento e a creación de empresas entre a sociedade, a través da divulgación dunha selección de novas experiencias empresariais que están a ser desenvolvidas na comarca de Arousa Norte.

O proxecto materializarase na creación dun vídeo no que se entrevistarán a dez emprendedores que explicarán a súa idea de negocio, ademais de exhibirse as instalacións dos seus locais comerciais e algúns dos produtos ou servizos que ofrezan. Deste xeito, reflectirase como unha idea se converte nunha idea de negocio, explicando os pasos que tiveron que seguir para facela efectiva: a busca de recursos, a elección de servizos, a fixación de prezos, etc...

Son destinatarios deste proxecto aqueles homes e mulleres que creasen a súa empresa dende o ano 2009