Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

Concellería de Emprego e Xuventude

luns a venres 08.00 - 15.00

Emprego Emprego

Atrás

Programa de Impulso de Sectores Produtivos na Comarca

A Mancomunidade de municipios Arousa Norte vai realizar dúas actividades como parte dun Programa de Impulso de Sectores Productivos na Comarca:

- Oportunidades no sector agrario

- Impulso do sector textil en Arousa Norte

A primeira é unha Charla-coloquio sobre Oportunidades no sector agrario, na que a cooperativa Horsal virá a responder sobre as dúbidas que se lle plantexen sobre a posta en marcha de produccións hortofrutícolas, así como oportunidades que actualmente hai no mercado.

Esta charla será o mércores 24 de abril ás 17:00  horas no Auditorio Municipal de Rianxo.

A outra actividades é unha charla sobre o Impulso do sector textil en Arousa Norte dirixida a todas as persoas con interese e experiencia no ámbito da creación de moda (deseño, costura, calceta/punto, ganchillo, decoración de prendas e accesorios), para aportar ideas e accións sobre un posible rexurdimento do sector textil a través dun proxecto a medio/longo prazo que aporte emprego e riqueza na comarca.

Esta charla será o sábado 27 de abril ás 11:00 horas no Centro Social de Boiro.


Para máis información e para levar un control das persoas que vaian asistir, poden chamar ao 981 845 236 e apuntarse en calquera destas charlas, que están abertas a todo público interesado en calquera destes dous sectores.